Comercio Internacional E Globalización

Páginas: 6 (1392 palabras) Publicado: 6 de noviembre de 2012
Tema 13: Comercio internacional e Globalización económica

TEMA 13. O COMERCIO INTERNACIONAL E A GLOBALIZACIÓN ECONÓMICA. 13.1.- O COMERCIO INTERNACIONAL Enténdese por comercio internacional ó intercambio de bens e servizos realizado entre diferentes países. Ó aumento ó longo da historia da división e especialización do traballo favoreceu o aumento do comercio internacional. A.- O librecomercio Moitos autores argumentan as seguintes razóns para xustificar a apertura dos países ó comercio internacional e a eliminación de trabas ó mesmo: - A teoría da vantaxe comparativa de David Ricardo: Este autor clásico argumentaba que cada país ten uns recursos que o capacitan para producir mellor determinados bens e si se especializa na súa obtención, producirá con mellor calidade e a custos máisbaixos eses bens, ou sexa terá unha vantaxe comparativa na súa produción co resto dos países do mundo. Se todos os países fan o mesmo e intercambian no comercio internacional os seus excedentes, lograrase maior eficiencia e benestar mundial. - Co libre comercio aumenta considerablemente a variedade e cantidade de produtos dispoñibles en cada país. - Co libre comercio as empresas poden acudir amercados internacionais vendendo volumes máis grandes que si operan en mercados nacionais, o que lle permite aproveitar as economías de escala (reducir os custos unitarios de produción). B.- O proteccionismo O proteccionismo son un conxunto de medidas adoptadas por un país para protexer ás súas industrias nacionais da competencia exterior. Os defensores destas medidas argumentan que o proteccionismopermite: - Evitar o peche de industrias nacionais que non son competitivas coas do resto do mundo, porque producen con custos máis altos. Isto por un lado impedirá o despido dos seus traballadores (que aumente o paro) e por outro lado reducirá ás importación deses bens doutros países coa conseguinte saída de divisas. - Incentivar a creación e desenvolvemento no país de industrias de altatecnoloxía, e de industrias estratéxicas para a nación ( as que permiten o desenvolvemento doutras moitas empresas, e as que teñen que ver coa seguridade nacional como p. e. as empresas armamentísticas). - Recadar financiamento para o Estado mediante o cobro de Aranceis, e reducir o déficit da balanza comercial do país. - Na actualidade poderíamos incluír un novo argumento (non é un argumento proteccionistaen sí, pero pode funcionar como tal) : grupos ecoloxistas , ONGs,... están defendendo o consumo de produtos locais para reducir os custos medio ambientais que está ocasionando un comercio internacional desigual e abusivo, espoliador de recursos nos países desenvolvidos, e pouco respetuoso co medio ambiente (transporte, pesticidas,....). Principais medidas proteccionistas - ARANCEIS: impostos quese aplican ós bens importados de países estranxeiros, facendo que se encarezan no noso país, e que os nosos produtos sexan máis competitivos. - CONTINXENTES: son limitacións na cantidade total que se pode importar dun país, nun período de tempo, dun/s determinado/s produto/s . - TRÁMITES ADUANEIROS: son papeleos e permisos que deben cumprimentar e obter os exportadores para vender a súa mercancíanun país. Canto máis complexos sexan e máis tempo se tarde en concedelos, máis dificultan as importacións.

1

Tema 13: Comercio internacional e Globalización económica

- NORMAS SANITARIAS: son requisitos rigorosos de calidade e hixiene que teñen que cumprir determinados produtos que se importan (as veces máis rigorosos que os producidos no país). - SUBSIDIOS Á EXPORTACIÓN: son subvenciónsou axudas do Estado ás empresas que van exportar produtos a outros países, o que lles permite vender no estranxeiro máis barato e ser máis competitivos. - ACORDOS COMERCIAIS: son convenios e acordos entre países para reducir as medidas proteccionistas entre eles pero manténdoas co resto de países. C.- Relacións económicas internacionais Podemos distinguir dous tipos: C.1.- A escala mundial:...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Resumen de globalización y comercio internacional
  • Globalizacion y el comercio internacional
  • Globalizacion y comercio internacional
  • Globalizacion En El Comercio Internacional
  • Globalizacion Y Comercio Internacional
  • Globalizacion, Comercio Internacional Y Transporte
  • Mapfre, globalización y comercio internacional
  • La globalizacion y el comercio internacional

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS