Cronotropos

Páginas: 41 (10188 palabras) Publicado: 2 de diciembre de 2011
TEORIA DA LITERATURA

TEMA 1. O concepto de literatura: a súa conformación histórica.
1. O concepto de literatura.
A palabra LITERATURA procede do étimo latino LITTERA (letra), que remite de forma máis xeral a todo ó escrito. Introduciuse no latín como cultismo da palabra grega GRAMATIKE.

O mundo clásico tiña un concepto máis xeral da literatura. O Instituto Oratoriae de Quintilianoconsideraba a literatura como os saberes e ciencias profanas conservados mediante a letra escrita (por exemplo: a astronomía, a física, a historia, etc.).

Co Humanismo (s. XVI) a literatura supedítase ás 3 regras da retórica:
• PURITAS: corrección gramatical na expresión lingüística.
• PERSPICUITAS: grao de comprensibilidade do discurso.
• ORNATUS: virtude encargada de proporcionarbeleza.
A literatura segue abranguendo eses saberes pagáns transmitidos a través da escrita pero que teñen que estar ben escritos, claros e ter beleza.

O termo foi lentamente variando o seu alcance. Na segunda metade do XVIII pasou a ser considerada como unha comunicación artística, rexida pola beleza e con finalidade estética.
No XVIII, as ciencias da natureza viven un momento de expansión, coque se crean disciplinas diferentes, e como consecuencia aparecen especialistas para cada disciplina. Implantouse o concepto de que un científico era como un ser superior.
No XVIII, tamén a estética se converteu nun elemento importante, grazas o inventor do termo Baumgarten.

Cando coa manifestación da comunicación (XIX/XX), como os xornais, aumentou o público que se achega á lectura en prosa,polo que sofre unha revalorización.
A palabra “poesía” reduce o seu alcance. Pasa a designar aqueles textos que teñen unhas determinadas técnicas rítmicas e formais (verso); o que nos coñecemos agora como literatura, ata o século XVIII era coñecido como poesía.
Nesa mesma época amplíase o termo poesía para abranguer todo o campo da beleza. Comeza a dicirse que unha pintura, unha paisaxe… sonpoéticas.
No Romanticismo é habitual a contraposición entre poesía (natural) e literatura (artificial).. estas acepcións chegan ata nós en variantes considerables que se foron fixando ó largo do XIX.
O problema máis importante que se deriva deste cambio de terminoloxía…

1.1. Implicacións etimolóxicas. Literatura e oralidade
A concepto de literatura está a unha elevada variabilidade histórica.Desde os comezos, a GRAMATIQUE ou LITERATURA, é un termo que remite a unha textualidade nun soporte firme, que non cambia. As implicacións que temos do uso de ese termo son enormes, conservaban a súa etimoloxía para sempre, e dalgunha maneira os elementos a partir dos que se compón un termo subsisten nos significados interiores a veces con moita forza, cando pensamos en literatura pensamos en algoque se transmita a partir da escrita, a partir dun soporte firme. A pesar d todo, tamén existe literatura fóra das manifestacións escritas porque a maior parte dos exemplos literarios propios das culturas minorizadas e emerxentes son de soporte oral. O mesmo ocorre cas primeiras manifestacións de todas as literaturas, aínda que hoxe accedamos a elas a partir dun soporte escrito. Omero,considerado o primeiro escritor occidental, foi un simple compilador de textos orais, que despois uniu entre si; o que fixo foi recuperar diferentes “cantares” de zonas distintas de Grecia e unilos para formar unha historia máis ampla, que tivese unha introducción, nó e desenlace. Aínda así todas esas cousas alguén as creaba e alguén as transmitía, como fixeron sécalos despois os xograres.
RAPSODIEIN eraun verbo grego que significaba literalmente “coser cancións”, “texto” é unha palabra moi culta que ven de “tecidos”, de unir cousas distintas.
A literatura escrita, a culta, non é, salvo quizá nos comezos, unha simple representación grafomática da literatura oral, son sistemas semióticos distintos en canto a súa producción, a súa estructura e a súa recepción. Son máis breves para atraer a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS