Curiculum de educación inantil de galicia

Páginas: 83 (20681 palabras) Publicado: 19 de noviembre de 2010
Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

DIARIO OFICIAL DE GALICIA

10.773

I. DISPOSICIÓNS XERAIS
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no seu artigo 6, define o currículo como o conxunto de obxectivos,competencias básicas, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación. Así mesmo, establece que lle corresponde ao goberno fixar os aspectos básicos do currículo que constitúen as ensinanzas mínimas para todo o Estado, sendo competencia das diferentes administracións educativas determinar o currículo para os seus respectivos ámbitos territoriais. En virtude destas competencias, correspóndelle áAdministración educativa galega establecer o currículo do primeiro e do segundo ciclo de educación infantil. Deste último forman parte as ensinanzas mínimas fixadas no Real decreto 1630/2006, do 29 de decembro. Neste decreto establécense para o ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia os principios xerais, fins e obxectivos referidos ao conxunto da etapa. Ao establecer o currículo de educacióninfantil preténdese garantirlle unha educación común ao conxunto da poboación e asegurar unha educación non discriminatoria que considere as posibilidades de desenvolvemento do alumnado, sexan as que foren as súas condicións persoais e sociais -capacidade, sexo, raza, lingua, orixe sociocultural, crenzas e ideoloxía-, mediante o exercicio de actuacións positivas ante a diversidade do alumnado. Ocurrículo desta etapa oriéntase a lograr un desenvolvemento integral e harmónico da persoa nos distintos planos -físico, motor, emocional, afectivo, social e cognitivo- e a procurar as aprendizaxes que contribúen e fan posible o devandito desenvolvemento. As aprendizaxes da etapa preséntanse en tres áreas diferenciadas das cales se describen os obxectivos xerais, contidos e criterios de avaliación;porén, boa parte dos contidos dunha área adquiren sentido desde a perspectiva das outras dúas, coas cales está en estreita relación, dado o carácter globalizador da etapa. A organización en bloques establecida neste decreto ten como finalidade a presentación dos contidos de forma coherente. Posibilítalle ao equipo docente a planificación e o deseño dun esquema de interrelación e de transacción entreos bloques propostos que reflicta a globalidade da acción das aprendizaxes das nenas e dos nenos. A avaliación terá como fin a identificación das aprendizaxes consolidadas polo alumnado, así como a valoración do desenvolvemento alcanzado. Ten, polo tanto, un carácter netamente formativo. Nesta formula-

ción, os criterios de avaliación concíbense como unha referencia para orientar a accióneducativa. Os centros educativos xogan tamén un activo papel na determinación do currículo, xa que lles corresponde desenvolver e completar os currículos que se establecen. Aínda que a educación infantil constitúe unha etapa educativa cos seus propios obxectivos, en que se debe coidar a transición entre os ciclos, non se pode esquecer que se trata dunha etapa que ten a súa continuidade na educaciónprimaria. Isto exixe a coordinación entre ambas as etapas. Coordinación que en ningún caso se entenderá como supeditación dunha etapa a outra, senón como un instrumento que asegure a coherencia dos procesos educativos iniciados. Nesta etapa, máis que en calquera outra, desenvolvemento e aprendizaxe son procesos dinámicos que teñen lugar como consecuencia da interacción co contorno. Cada nena e cadaneno ten o seu ritmo e o seu estilo de maduración, desenvolvemento e aprendizaxe; por iso, a súa afectividade, as súas características persoais, as súas necesidades, intereses e estilo cognitivo deberán ser tamén elementos que condicionen a práctica educativa nesta etapa. Un currículo aberto servirá como instrumento fundamental para dar unha resposta adecuada ao tratamento da diversidade. No...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Educacion e sociedade en Galicia
  • Curiculum
  • Curiculum
  • Curiculum
  • curiculum
  • curiculum
  • Curiculum
  • curiculum

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS