Divina Comedia

Páginas: 5 (1022 palabras) Publicado: 20 de marzo de 2014
.Introdución
A viaxe imaxinaria é unha estrutura mental da cultura humana, e pode ser desenvolvida en dúas
modalidades. A primeira delas sería a viaxe terrestre coa fin de explorar o mundo, como no caso de
Alexandro Magno, mentres que a mariña ten unha finalidade máis elevada; é o caso da viaxe de
descubrimento da terra prometida por parte de Eneas.
Atendendo á súa natureza e finalidade, haidiferentes tipos de viaxes:
a) Itinerarios, peregrinacións. Viaxes a Roma, Santiago de Compostela ou Xerusalén que
xeralmente teñen como obxecto o perdón dos pecados.
b) Embaixadores e misioneiros. O principal interese dos diplomáticos é de tipo económico, político
ou comercial, mentres que nos misioneiros hai unha finalidade evanxelizadora e o interese céntrase
nos ritos dos lugaresvisitados.
c) Relación de exploradores e aventureiros. Concédeselle máis importancia ao detalle exótico e a
súa natureza permeable permite digresións.
d) Guías e mercadores. Interese polos produtos do lugar, moeda, o cómputo das distancias, etc. Este
tipo de literatura de viaxes está conformada por textos moi diversos, non sempre de valor literario.
e) Viaxes imaxinarios. Habitualmente recorren amarcas, como caer nun soño ou atoparse en
escenarios misteriosos. É o caso da Divina Comedia, onde o autor atópase nun camiño do que non
hai referencias físicas concretas:
Nel mezzo del cammin della nostra vita
mi ritrovai per una selva escura,
che la diritta via era smarrita.
Ahi quanto a dir qual era é cosa dura
questa selva selvaggia ed aspra e forte,
che nel pensier rinova la paura!1
Oescenario aparece narrado de xeito moi similar nos Roman franceses do século XII, de xeito que
o camiño emprendido polo cabaleiro ten unha significación moral de perfeccionamento. Así, no
Chevalier de la charrette, de Chrétien de Troyes, unicamente se fai mención á un “camino a la
derecha” na narración de Calogrenant, indicación suficiente para que Yvain poda atopalo máis
adiante no inicio dassúas aventuras2.
1 Dante, A., La Divina Commedia, Milán: Niccolò Bettoni, 1825: 3
2 Auerbach, E., Mímesis, la representación de la realidad en la literatura occidental, México: fondo de cultura
económica, 1950: 125-133
2. A Divina Comedia
-Inferno, Canto I: O inicio da obra, Nel mezzo cammin di nostra vita mi ritrovai per una
selva oscura, ché la diritta via era smarrita3, aparecen sentadasas bases da futura viaxe de
Dante, que aparece xa nun sentido alegórico4. Así, o autor, representante da humanidade,
polo que a viaxe é universal e persoal a un tempo, comeza a súa viaxe ultraterrena co pecado
do home (simbolizado pola selva oscura), e contando coa axuda de Virxilio, voz da razón,
quen o guiará nesta viaxe imaxinaria ao mundo do máis aló (a te convien tenere altro
viaggio5)Polo tanto, a viaxe de Dante aparece presentada con varios significados: Dunha parte, a
significación alegórica da perda do recto camiño que seguía a moralidade cristiá, mais sen
abandonar nunca o realismo, como proban a multitude de personaxes históricas que
aparecen ao longo da viaxe. Así mesmo, a Divina Comedia ten unha finalidade didáctica, xa
que intenta que a salvación sexa máis doadatras ler a obra, polo que se pode interpretar
como unha guía de salvación.
Ao longo da obra Dante posiciónase como autor e narrador, mais tamén como peregrino da
viaxe alegórica. Polo tanto, trátase dun narrador autodiexético, xa que o narrador coincide co
individuo que percorre camiño.
- Inferno, Canto XXVI: Na oitava fosa atópanse os chamados consiglieri fraudolenti6, os
que se serviron daastucia para cometer enganos no canto de buscar a verdade. O fondo da
fosa aparece iluminado por chamas, pertencentes ás almas dos pecadores, os que, seguindo a
lei do Talión, apenas poden falar agora, en contraposición á súa locuacidade en vida. Entre
elas chama a atención de Dante unha que ten a punta partida, pertencente a Ulises e
Diomedes. A petición de Virxilio, Ulises narra a súa...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Divina Comedia
  • La Divina Comedia
  • Divina Comedia
  • La Divina Comedia
  • la divina comedia
  • divina comedia
  • La Divina Comedia
  • divina comedia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS