Documentación informativa

Páginas: 34 (8274 palabras) Publicado: 22 de diciembre de 2011
Lugares onde buscar a información:
* Bibliotecas: lugares onde se gardan libros.
* Arquivos: lugares onde se gardan documentos.
* Hemerotecas: lugares onde se gardan xornais.
* Fonotecas: colección de documentos sonoros como cintas, cd…
* Filmotecas e videotecas: lugar de almacenamento de películas e vídeos respectivamente. Na videoteca da TVG os vídeos vanse adaptando ereconvertendo ós sistemas modernos.
* Iconoteca: lugar onde se gardan documentos audiovisuais.
Tódolos autores coinciden en que para falar de documentación hai que ter en conta os seguintes elementos:
* Ten que haber un documento: dar material.
* Ten que haber información: aínda que tódolos documentos teñen información, ás veces é complicado extraela. Pero o xornalista ve recompensado esteesforzo porque ten o aval dun documento ó que lle engade a súa propia interpretación. O documento debe aportar información
* Ten que ter mensaxe: a comunicación leva consigo a elaboración dunha mensaxe. A medida que os medios van sendo cada vez máis poderosos, requiren algo máis que información, requiren unha construcción da mensaxe.
* Proceso comunicativo.
* Proceso informativo.* Proceso lingüístico.
A documentación informativa é un proceso emprazado no comezo da comunicación.
Os xornalistas van ser esencialmente comunicadores, cando ata agora eran informadores. A construcción e a contextualización da realidade permitiron esa conversión. Canto maior é o nivel de sincronización entre os cronistas e os lectores, máis éxito terá a publicación.
Un proceso documental tenque ter unha recompilación de datos, o tratamento dos mesmos e a súa transmisión. En ocasións a transmisión faina o xornalista, e outras transmítenselle os datos ós xornalistas.
Os depósitos fundamentais de documentos son os arquivos, os museos, etc.
* Paul Otelt: pai da comunicación, sitúa o obxecto da documentación no documento bibliográfico ou bibliograma. Defínea como o conxuntoinseparable de información e soporte. “O pensamento xa fixado por escritura das palabras ou a imaxe das cousas, signos visibles, fixados nun soporte material”.
* José Mª Desantes: “A mensaxe é o centro obxectivo do proceso informativo, pódese afirmar que o núcleo mínimo do proceso documentario”.
* Sagredo e Izquierdo: a documentación é o proceso de comunicación polo que un individuo (persoa oucolectividade) recibe as referencias duns obxecto (documentos), debidamente tratados.
* J. Yepes: a documentación como parte da xornalística, estudia o proceso de transmisión das fontes para adquirir un coñecemento novo que se pode utilizar para indagar ou transmitir.
* Puyol: os métodos e as técnicas ordenados a organizar a información ofrecida polos medios. Tamén é documentación aquelainformación recollida, aínda que non se difunda nos medios.
* Galdón: especialización na documentación xornalística. É aquela que se circunscribe a traballos relacionados cos medios de comunicación.
* Antonio Hernández: dende o punto de vista antolóxico, di que a documentación xornalística é a parte que se encarga de valorar e seleccionar a información de actualidade, que ten sempre unha vidaefémera.
A documentación, tanto informativa como xornalística, está sincronizada coa transmisión de datos para ofrecer unha versión ós receptores.
A documentación, actividade de comunicación humana, ocúpase dos procesos de transferencia da información, dende a súa xeración ata o seu uso: selección, adquisición, organización, interpretación, almacenamento, recuperación e difusión. Estamos ante unproceso que converte ós xornalistas en comentaristas.
O elemento documentalista é o intermediario entre o coñecemento rexistrado acumulado e o individuo, persoa ou grupo que require información. Na sociedade actual, nesta chamada sociedade postindustrial, o coñecemento e, por tanto, a información toman un papel de motor económico.
Entendemos por información todo elemento de coñecemento,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Documentación informativa
  • Trabajo de documentación informativa
  • Informe de documentacion investigacion e informacion
  • Documentación informativa Bibliografia
  • Practica i documentacion informativa
  • Fuentes de coches para documentación informativa.
  • Informe sobre la elaboracion de documentacion administrativa
  • Documentación Informativa

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS