Educacion Infantil

Páginas: 28 (6862 palabras) Publicado: 28 de enero de 2013
Tema: O galego na escola

Título: Relación da lingua galega co status

10-xaneiro-2011


Indice:



-Presentación Pag. 3-5
-Preguntas da investigación
-Obxetivos Pag. 6
-Hipótese
-Metodoloxía ideal Pag. 7
-Cronograma
-Presuposto Pag 8
-Entrevista en profundidade Pag.9
-ObservaciónParticipante Pag.11
-Grupo de Discusión Pag. 12
-Metodoloxía Real Pag. 13
-Resultados Pag. 14
-Conclusións finais Pag.24
-Anexo










PRESENTACIÓN

Debido a situación na que consideramos que está o galego, decidimos facer esta investigación co propósito de descubrir o ámbito social no que se fala a linguagalega e que estereotipos orixina nas aulas de educación primaria.

Para realizar o traballo teremos en conta a situación xeográfica e a opinión dos pais acompañados polas nosas observacións. Ademais realizaremos a investigación tanto no ámbito rural, no urbano como no metropolitano para comparar as diferenzas e similitudes. Consideramos que na cidade fálase, cada vez menos, o galego, mentresque nos pobos, ó contrario que nas cidades, o galego é o medio de comunicación máis habitual.

Para comprender a situación actual do uso do galego vamos a realizar unha revisión do conflito entre o galego e o castelán.
Comezamos dicindo que o conflito lingüísticos aparece nunha sociedade cando dúas linguas en contacto compiten por desempeñar todas as funcións posibles. O feito de que no mesmoterritorio, convivan dúas linguas é o resultado do pasado sociopolítico desa comunidade.

O Sociolingüista Miguel Siguán estableceu tres motivos principais que explican a existencia de dúas linguas nunha mesma comunidade. Estes son: os procesos de expansión e de unificación político, os movementos migratorios e os contactos internacionais.
No caso do galego o primeiro factor que provocou unhasituación de dominio por parte de Castela foi o proceso de expansión e unificación política que pretendía eliminar todas as culturas e establecer as súas propias.
O castelá comezou a súa expansión polas capas máis altas da sociedade instalándose así, como lingua oficial nas actividades burocráticas. Como consecuencia da situación anterior establécense diferenzas xerárquicas e de prestixio social porrazóns de lingua. Neste contexto, o emprego do castelán é unha condición indispensable que posibilita o ascenso social polo que se iría introducindo progresivamente en toda a sociedade. Esta identificación cultural co grupo dominante provoca en moitos individuos unha falta de autoestima e autoodio, que se traduce normalmente no menosprezo cara a propia lingua.
O sociolingüista J.M Sánchez Carrióndistingue para as linguas sete funcións matrices: identidade, familiar, laboral, local, nacional, cultural e internacional. Cantas máis funcións cumpra unha lingua, maior prestixio social acada. Tendo en conta a situación actual, podemos dicir, que o galego é unha lingua minorizada, xa que sendo historicamente a propia do pobo galego, está sometida á hexemonía do castelán e ve restrinxidas assúas funcións de uso. Esta trato desigual provoca que a lingua allea, que neste caso é o castelán, acade un maior prestixio e aparte a lingua propia do lugar, relegándoa das súas tarefas sociais.
A pesar de que consideramos o galego como unha lingua minorizada, podemos distinguir dúas situacións que acontencen no ámbito social, en funcións da ideoloxía da xente.
Podemos falar de bilingüismo ediglosia. O bilingüismo é a capacidade que posúen as persoas de expresarse e entender coa mesma facilidade dúas linguas diferentes, mentres que a diglosia é o reparto desigual entre dúas linguas diferentes, de xeito que cada unha cumpre unhas funcións distintas na mesma sociedade e se usa en situacións e contexto diferentes. No caso do galego temos que falar dun bilingüismo diglósico. Aínda que na...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Educación Infantil
  • Educacion Infantil
  • Educación Infantil
  • La educacion infantil
  • educación infantil
  • Educación Infantil
  • Educacion Infantil
  • Educacion Infantil

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS