educación hospitalaria

Páginas: 36 (8885 palabras) Publicado: 4 de noviembre de 2013
ORIENTACIÓN E RESPOSTAS EDUCATIVAS

A atención educativa hospitalaria
e domiciliaria en Galicia

ORIENTACIÓN E RESPOSTAS EDUCATIVAS

A atención educativa hospitalaria
e domiciliaria en Galicia

EDITA
Xunta de Galicia
Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria
IMPRIME
Tórculo Artes Gráficas, S.A.
D.L.
C 85-2009

PRESENTACIÓN

“Non hai menciña que cure o que noncure a
felicidade.”
Gabriel García Márquez

S

ensibilidade é a capacidade que temos os seres humanos para
percibirmos e comprendermos o estado de ánimo, o xeito de ser e
de comportarse das persoas, así como a natureza das circunstancias
e dos ambientes, para actuar correctamente en beneficio dos demais.
Sensibilidade é, pois, a primeira calidade que debe posuir o persoal,
docente esanitario, que comparte a dura experiencia da enfermidade
dun neno ou nena con este e coa súa familia.
Esta calidade permitiralle ao dito persoal comprender a angustia e
a inseguridade que provocan a miúdo nos pequenos e pequenas
a doenza e máis a hospitalización; facilitaralle o ser paciente
coa desmotivación que acompaña o aburrimento dunha longa
convalecencia; levarao a ser flexible paraadecuarse ás necesidades e
aos ritmos de cada criatura, así como a priorizar a comunicación do
alumnado enfermo con outros nenos e nenas; axudarao a valorar o
papel das familias e a orientalas para que todos os esforzos a prol do
fillo ou filla enfermos converxan nunha soa dirección.

4

Esta sensibilidade, que sen dúbida veñen mostrando xa tanto os
docentes das aulas hospitalarias coma os docentro ordinario de
onde proceden as nenas e nenos convalecentes, é un requisito
fundamental para o éxito da intervención educativa en circunstancias
de enfermidade. A publicación que aquí comeza só quere, xa que
logo, apoiar a dita intervención divulgando a existencia das aulas
hospitalarias e da atención domiciliaria, ofrecendo documentos que
axilicen os trámites e posibiliten a debidacoordinación entre todos
os axentes implicados ou presentando ferramentas que faciliten a
comunicación dos nenos e nenas enfermos a través das tecnoloxías
da información e da comunicación.
Pero o máis importante, o achegamento enchoupado de sensibilidade
aos pequenos e pequenas que sofren unha doenza e ás súas familias,
continúa estando nas mans dos docentes, en quen confiamos.
Laura SánchezPiñón
CONSELLEIRA DE EDUCACIÓN E
ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ÍNDICE
PRESENTACIÓN

3

A ATENCIÓN EDUCATIVA
HOSPITALARIA
Que se entende por atención
educativa hospitalaria?

7

IDENTIFICACIÓN E VALORACIÓN
Proceso de incorporación e
atención do alumnado na aula
hospitalaria
RESPOSTA EDUCATIVA
Que podemos facer desde a
aula hospitalaria e desde os
centros educativos?Necesidades educativas e
recursos necesarios
Recursos persoais e materiais
das aulas hospitalarias
A intervención educativa hospitalaria
Aspectos metodolóxicos xerais

13

17
20
21
22
25

O PAPEL DAS FAMILIAS

27

A ATENCIÓN EDUCATIVA
DOMICILIARIA
Que se entende por atención
educativa domiciliaria?

33

IDENTIFICACIÓN E VALORACIÓN
Quen a fai e como se leva a cabo?

35 RESPOSTA EDUCATIVA
Que podemos facer
nos centros educativos?
Necesidades educativas
Recursos necesarios
A intervención educativa

37
38
38

O PAPEL DAS FAMILIAS

39

BUSCANDO AXUDA
Por onde empezo?

43

PARA SABER MÁIS
Referencias lexislativas
Referencias bibliográficas
Ligazóns de interese
CARTA EUROPEA

46
51
57
68

ATENCIÓN EDUCATIVA HOSPITALARIA ATENCIÓN EDUCATIVA HOSPITALARIA
Que se entende por atención educativa hospitalaria?

O termo atención educativa hospitalaria fai referencia ao conxunto de
accións que se desenvolven nas aulas hospitalarias para compensar
a desvantaxe educativa que presenta o alumnado que permanece
hospitalizado durante períodos prolongados por motivos de
enfermidade ou accidente. Así mesmo contempla...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • la educacion hospitalaria
  • la educacion hospitalaria
  • Educacion Domiciliaria y Hospitalaria
  • Educación hospitalaria y domiciliaria
  • La pedagogia hospitalaria y la educación especial
  • Hospitalaria
  • La subjetividad en los alumnos de la educacion domiciliaria y hospitalaria
  • Farmacia hospitalaria

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS