Ejes urbanos y jerarquías españolas

Páginas: 5 (1019 palabras) Publicado: 11 de mayo de 2010
COMENTARIO (235): XERARQUÍA E EIXES URBANOS

Atopámonos ante un mapa de coropletas que reflexa os eixes urbanos en España e, mediante tramas, a xerarquía urbana en España. A xerarquía urbana aparece representada a través de círculos laranxas, que son maiores en consonancia o tamaño das ciudades (dende metrópoles nacionais ata cidades pequeñas). Os eixes urbanos aparecen representados a travésde diferentes cores (laranxa, rosa, verde escuro, azul e verde claro).
Nos últimos tempos, sobre 50 anos atrás, a evolución do sistema urbano español foi doble, xa que tanto as actividades económicas como a poboación se foron agrupando a partir duns eixes territoriais relativamente ben definidos e doutra banda, as principais áreas metropolitanas asentaron a súa primacía sobre o conxunto dosistema urbano español.
No mapa vemos reflexada a xerarquía urbana española, que é a organización de cidades segundo a súa área de influencia e o seu tamaño demográfico, as súas funcións e servizos, dentro do sistema de actividades dun territorio. As ciudades do sistema urbano español forman unha rede urbana xerarquizada característica dun país industrializado. Á súa vez, éstas exercen influenciacara á súa área circundante a partir das funcións e servicios que ofrecen. As ciudades conforman unha rede de relación e de influencias na súa área circundante porque son nós de comunicación, centros de produción e distribución de bens e provedores de servizos. O territorio vinculado a unha cidade debido á atracción que esta exerce é o hinterland ou área de influencia, mentres que os núcleos querealizan esta atracción son os lugares centrais. Determinar o alcance da área de influencia require unha laborosa investigación. Por relga xeral, canto maior é a cidade, máis ampla é a gama de servizos e función que ofrece de xeito que, polo menos potencialmente, a súa área de influencia tamén é maior. Nun mundo globalizado, as áreas de influencia de cada cidade transformáronse, xa que os medios detransporte e comunicación poden facer que esta área se estenda cada vez máis lonxe e de xeito máis intenso.
Ademais de ter en conta o número de habitantes, as ciudades españolas pódense clasificar segundo os diversos roles que os niveis funcionais da globalización lles van adxudicando.
No mapa, apreciamos 5 subtipos dentro da xerarquía urbana española. En primeiro lugar, temos as metrópolesglobais nacionais, que son Madrid e Barcelona. Concentran millóns de habitantes e establecen a súa centralidade nunha rexión metropolitana e ademais a súa influencia acada o conxunto do país e, tamén, internacionalmente. Contan coas sedes das empresas máis destacadas e das principais institucións públicas, así como tamén dunha densa rede de comunicación e unha grande actividade cultural e política.No entanto, sofren moitos problemas derivados do seu tamaño e da súa condición.
Por outra banda, temos as metrópoles rexionais, que serían as ciudades de Valencia, Sevilla, Zaragoza, Bilbao e Málaga, que constitúen extensas rexións onde viven entre 500000 e 1500000 habitantes, cunhas boas comunicacións e un notable dinamismo.
En terceiro lugar atópanse as metrópoles subrexionais ou desegunda orde, que son áreas metropolitanas pequeñas como Murcia, Valladolid ou Vigo, que disponen de servizos especializados como universidades ou grandes hospitais, mais a súa poboación non chega ao medio millón de habitantes e a súa área de influenza é relativamente reducida.
En seguinte lugar se atopan as ciudades medianas; o papel administrativo de moitas capitais provinciais exerce como factorde atracción de poboación e de servizos. Santander, Segovia, Logroño ou Cidade Real son bos exemplos, sendo aglomeracións de entre 50000 e 200000 habitantes.
Por último, atópanse as ciudades pequeñas. Nesta categoría os núcleos de poboación son de entre 10000 e 50000 habitantes e posúen equipamentos e infraestruturas básicas que lles permiten influír nas localidades da súa redonda comarcal....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • jerarquia urbana española
  • Ejes tematios de español de secundaria
  • Factores de localización de industrias/jerarquia urbana
  • JERARQUÍA Y DISTRIBUCIÓN DE LOS ASENTAMIENTOS URBANOS DEL ESTADO FALCON
  • . El Sistema Urbano Español
  • EL SISTEMA URBANO ESPAÑOL
  • Ejes español
  • Sistema De Ciudades Y Jerarquía Urbana

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS