El cuerpo humano

Páginas: 20 (4986 palabras) Publicado: 20 de diciembre de 2014


Os ósos.
-Composición,estrutura e función dos ósos.
Composición:
Aínda que non todos os ósos son iguais en tamaño e consistencia, de media a súa composición química é dun 25% de auga, 45% de minerais como fosfato e carbonato de calcio e 30% de materia orgánica, principalmente coláxeno e outras proteínas.
Os minerais dos ósos non son compoñentes inertes nin permanecen fixos, senón queson constantemente intercambiados e substituído xunto cos compoñentes orgánicos nun proceso que se coñece como remodelación ósea. A súa formación e mantemento está regulada polas hormonas e os alimentos inxeridos, que achegan vitaminas de vital importancia para o seu correcto funcionamento. Non obstante, non todas as partes do corpo teñen este tipo de tecido, como por exemplo o pene, orellas, seos enariz.
É un tecido moi consistente, resistente aos golpes e presións pero tamén elástico, protexe órganos vitais como o corazón, pulmóns, cerebro etc., así mesmo permite o movemento en partes do corpo para a realización de traballo ou actividades establecendo o desprazamento da persoa. Forma o aparello locomotor orixinando a estrutura ósea ou esqueleto. É tamén un depósito de almacenamento decalcio e fósforo do corpo.
Estrutura:
Cóndilos: son esferas óseas de finalidade articular. O fémur e o úmero, entre outros, posúen cóndilos. Ás veces varios ósos independentes forman entre todos un cóndilo. É o caso do carpo.
Cavidade glenoide: acolle outras estruturas para artellarse con elas. Por exemplo, a cavidade glenoide da escápula
Pescozo: a zona en torno ao cóndilo é o pescozo. Porexemplo, o pescozo anatómico umeral, no que se insire a cápsula articular glenoumeral.
Tuberosidades: son acúmulos irregulares de tecido óseo. Son superfices rugosas para a inserción de músculos ou ligamentos. Existen grandes tuberosidades, coma o troquíter umeral ou pequenas coma o tubérculo infraglenoide da escápula.
Apófises: son saíntes de óso, máis longas que as tuberosidades. É o caso daapófise cigomática ou a apófise olecraniana do cúbito.
Espiñas: saíntes máis pequenos que as apófises por norma xeral (agás a espiña escapular). É o caso das espiñas da tibia, que se artellan co fémur na articulación coxo-femoral.
Canles, para o paso de estruturas, coma o nervio radial na parte posterior do úmero ou a canle do músculo subclavio na clavícula.
Condutos, que son canles pero cubertastotalmente. É o caso dos orificios do sacro.
Superficies articulares: á marxe dos cóndilos, os ósos teñen outras superficies de articulación, que poden ser redondas, ovalaras, triangulares etc. Por exemplo, a tibia e o peroné teñen pequenas superficies articulares para as articulacións tibio-peroneas.
Tróclea: é unha superficie deprimida dividida por unha crista ósea. Por exemplo, a tróclea umeral.Función:
Actúan como sostén: os ósos forman un cadro ríxido, que se encarga de soster os órganos e os tecidos brandos.
Permiten o movemento: grazas aos músculos que se fixan aos ósos a través dos tendóns, e ás súas contraccións sincronizadas, o corpo pódese mover.
Protexen os órganos: os ósos forman diversas cavidades que protexen os órganos vitais de posibles traumatismos. Por exemplo, ocranio protexe o cerebro de posibles golpes que poida sufrir, e a caixa torácica (ou sexa, as costelas e o esterno), protexen os pulmóns e o corazón.
Homeostase Mineral: o tecido óseo encárgase do abastecemento de diversos minerais, principalmente o fósforo e o calcio, que son moi importantes en funcións que realiza o organismo, como a contracción muscular no caso do calcio. Cando un destes mineraisé necesario, os ósos libérano no torrente sanguíneo, e este distribúeo polo organismo.
Contribúen á formación de células sanguíneas: a medula ósea ou vermella, que se atopa no tecido esponxoso dos ósos longos (como por exemplo as costelas, a pelve, as vértebras, etc) encárgase da formación de glóbulos vermellos ou eritrocitos. Este proceso denomínase hematopoese.
Serven como reserva...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • El cuerpo humano
  • cuerpo humano
  • cuerpo humano
  • cuerpo humano
  • el cuerpo humano
  • CUERPO HUMANO
  • El cuerpo humano
  • Cuerpo humano

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS