Ensayo antropología filosófica

Páginas: 6 (1466 palabras) Publicado: 9 de julio de 2013
ANTROPOLOXÍA FILOSÓFICA


Bombardéannos con información. A apocalipse é inminente e semella que as mentes máis cultivadas
dos nosos días se estexan a adicar a imaxinar a maneira máis macabra e dantesca na que
desaparecerá a nosa especie. Sabemos do cambio climático, do desxeo dos polos e a consecuente
subida do nivel do mar, do burato na capa de ozono e a desaparición de infinidade deespecies, e
sabemos que é causa da actividade humana, que indubidablemente está a acelerar procesos que
doutro xeito se desenvolverían máis a modo, como demostran numerosos estudos científicos.
Chegan a nós noticias na prensa que nos din que as bombas xamais detonadas que se atopan nos
leitos mariños liberan substancias canceríxenas, entre outras moitas que concernen a este tema que
tantopreocupa á nosa sociedade nestes días, e que resultan moitas veces en extremo contradictorias.
Non obstante, non debemos caer na tentación de deixarnos avasallar polo fluxo de datos que nos
culpabilizan constantemente desta traxedia ecolóxica e alonxarnos da posición que nos permitirá
saír do trance con mentes estables e posibles solucións.
Hoxe en día, aínda sen moverse nun ambiente intelectualinfluenciado pola Filosofía, resulta
necesario para a análise das diferentes situacións de actualidade manter unha actitude curiosa e en
certo grao escéptica, e preguntarnos sempre cal é a influenza que teñen as nosas ideas
preconcebidas nos xuízos que emitimos, e buscar sempre a verdade sen importar o ámbito no que
nos atopemos. Sen embargo, este xeito de actuar non se conquista só con desexalo,require
entrenamento e unhas pautas, ademais da dificultade engadida de que unha poboación crítica non é
de interese para o poder, que manipula á súa vez a información que recibimos e o noso xeito de
procesala e interpretala, e iso sen ter en conta os prexuízos que todos temos e que son inherentes a
pertencer a unha determinada cultura.
Con respecto ao tema do cambio climático e dainfluencia do ser humano neste feito, é interesante
botar man da doutrina chamada Antropoloxía Filosófica, que estuda o ser humano e a súa relación
co seu entorno vivo e non vivo, xa que é precisamente o problema esencial que estamos a tratar que
é o que facemos mal os humanos para non poder relacionarnos co noso entorno sen destruílo por
completo, e para chegar á raíz deste problema debemos apartarprimeiro moitas capas de terra e po.
Atopámonos diante da nosa hipotética planta enferma; vemos un talo deforme e unhas poucas follas
murchas. O noso fogar, o planeta Terra, está morrendo, o mundo que coñecemos cede e perde a loita
ante a actividade humana descontrolada de explotación e saqueo dos recursos. E non nos gusta esta
situación, mais non vemos alternativas definitivas que poidanrepresentar un freo ao acelerado
cambio climático, e dados os coñecementos que temos hoxe en día, resulta case insultante que non
poidamos atopalos, polo que é neste momento no que debemos plantexarnos que o noso enfoque
pode non ser o adecuado.
Unha vez aclarado o feito de que o noso comportamento non é o ideal dada a situación, debemos ir
ás raíces do mesmo para saber que é o que debe cambiar, eatopámonos con que todo
comportamento ou forma de actuar ven determinado por unha serie de valoracións e o xeito en que
sintetizamos estas valoracións, é dicir, o xeito en que valoramos, do que é sempre definitoria unha
idea froito dun modo de pensar concreto.
Tradicionalmente considérase na sociedade humana occidental ao ser humano coma un ser superior,
máis importante que os demais animaise que as prantas, e aínda que moitas veces pensemos que
esta concepción arcaica está máis que obsoleta, debemos recoñecer que non é así no noso

subconsciente colectivo atendendo á realidade que se nos presenta cando miramos arredor de nós e
vemos a explotación brutal e masificada dos animais e o seu trato como seres insensibéis pola nosa
parte, a deforestación descontrolada das especies...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Ensayo De Antropología Filosófico-Religioso
  • Ensayo Sobre La Antropología Filosófica
  • Ensayo antropología filosófica
  • Ensayo antropología Filosófica y Cultural
  • Ensayo De Antropologia Filosófica
  • ensayo de antropología filosofica
  • Ensayo de antropologia filosofica
  • Ensayo Antropologia Filosofica "El Hombre Y La Educacion"

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS