Entre les murs

Páginas: 5 (1157 palabras) Publicado: 22 de diciembre de 2014
01. RELACIONA A HISTORIA DO PROFESOR CO PROCESO EDUCATIVO. POR QUÉ VAI MÁIS ALÁ
DA MERA INSTRUCIÓN?
A instrución trata de proporcionar uns coñecementos ou habilidades a unha persoa
para acadar una certa formación. A profesor non se limita a ensinar a súa materia aos alumnos
como se estivera seguindo un guión. O profesor preocúpase pola aprendizaxe dos alumnos,
involúcrase persoalmente coneles, a pesar de que en moitas ocasións estes se amosen reacios
a elo. El xera un debate continuo con alumnos mentres imparte materia e dálles a
oportunidade de participar, de falar.
Un exemplo de que se involucra máis alá da instrución é cando lle pide a unha alumna
que quede despois da clase para coñecer o porqué do cambio de actitude dela do curso
anterior a este. Mentres está tratando decoñecer o motivo razoando con ela, tenta que ela
manteña o respecto na fala. Outro exemplo é cando pide aos alumnos que se describan
persoalmente, e no canto de valorar esa descrición pola redacción, ortografía... valora o
esforzo de cada un máis que o resultado final.
En definitiva, se o profesor se limitara á instrución, simplemente tentaría impartir a
materia do curso seguindo o temario,establecendo un baremo inamovible de calificacións no
que se o alumno acada unha nota aproba e senón suspende. Pero o profesor leva a cabo un
proceso de educación tendo en conta a quen vai dirixido, sabendo que cada membro da clase
ten unha historia e uns condicionantes na vida, que fan que non reaccionen da mesma
maneira ante os mesmos estímulos. Por iso vai creando estímulos e modificándoos paralograr
que o propio alumno teña interese, e non se sinta baixo a imposición dunhas normas.
02. QUÉ ESTRATEXIAS E TÉCNICAS CONSIDERADES MAIS VÁLIDAS E OPERATIVAS
PARA PODER TRABALLAR CON ALUMNOS NUN INSTITUTO?
Unha estratexia é o diálogo. Como se observa na película, todos poden dar a súa
opinión, é unha conversa continua sen trabas.
Outra estratexia é que todos os alumnos, independentementedo seu comportamento,
poden ter un momento de grandeza que o profesor ensalza. Un exemplo, sería o do estudante
problemático que se negou a escribir o seu autoretrato e en cambio, optou por facelo a través
de fotos e o profesor felicitouno.
Outra técnica sería a interacción persoal, como se pode ver na escea na que François
intenta axudar e cambiar a conducta da alumna que se negou a ler.
Amotivación e paciencia ante a actitude pasiva da maioría dos estudantes.
Libertade de expresión ante calquera cuestión. Por exemplo, cando Souleymane lle
pregunta ao profesor se é homosexual.
03. NO TEMA DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE, FAI UNHA ANÁLISE CRÍTICA DE CÓMO
TRABALLAN NA AULA DOS PROTAGONISTAS DA HISTORIA.
Para comezar, e tendo en conta a ampla diversidade cultural existente na aula encuestión,
parece lóxica a existencia dunha liña metodolóxica orientada a esta situación específica. Pola
contra, non semella existir un plan encamiñado a moderar esta realidade.

PRÁCTICA 01. PELÍCULA “LA CLASE”
Algunhas actividades secundarias contribúen, de xeito indirecto, á posta en común das
distintas culturas existentes na aula. Un exemplo disto é a tarefa do autorretrato, que fomentaa convivencia entre as distintas etnias sen pretendelo, ou sen dar a entender que é o que se
pretende, facendo do tema algo máis natural.
Outro feito que promove a integración dos alumnos é a motivación constante da
participación de todos e cada un dos estudantes do grupo, chegando a facer imposible o
avance da clase.
Tamén chama a atención a actitude do alumnado no tocante a este tema. Porun lado, todos
empregan a cuestión racial como método de ataque e de defensa. Doutra banda, non dubidan
en reclamar que se preste máis atención ás súas culturas individuais, isto maniféstase no
momento en que dúas alumnas esixen ao docente que empregue nomes doutras procedencias
á hora de expoñer os seus exemplos.
A diversidade trátase tamén desde a perspectiva da pertenza a grupos,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • entre les murs
  • Entre les Murs
  • Entre les murs
  • Entre les murs
  • Entre les murs
  • entre los murs
  • Análisis de la pelicula Entre Les Murs
  • Resumen De Pelicula "Entre Les Murs"

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS