Filosofia
A concepción do ser humano platónica está influenciada pola mística órficopitagórica, combinada coa Teoría das Ideas.
A nosa orixe se explica no Fedro, mediante omito do carro alado, onde se sinala o carácter dualista dos humanos. O ser humano está constituido por dous realidades independentes:
1.O CORPO. Substancia material, imperfecta, corruptible,mudable, cárcere para a alma.
2. A ALMA. Substancia espiritual, eterna, simple, que pertence ao mundo intelixible e se atopa encerrada no corpo. A súa actividade propia é a actividade intelectual e tenun importante papel como intermediaria entre os dous mundos. Por orixe pertence a un, pero se encontra encarnada no outro e como consecuencia o corpo a rechea de desexos e necesidades que fan queolvide a súa orixe.
O ser humano é unha alma encerrada no corpo. A alma, procedente do mundo intelixible e que, por un conflicto interno, precipitouse no mundo da materia, está unida ao corpo dunmodo accidental e incómodo para a alma. Esta unión é transitoria e alma liberarase plenamente do corpo coa morte, aínda que en vida ten a oportunidade de facelo de modo transitorio mediante a práctica daactividade intelectual. Con ela ponse en relación co mundo das ideas, mundo ao que pertence, de maneira que se consegue purificar a alma. É interesante sinalar que para Platón a purificación nonsignifica, como na mística, a realización de actividades prácticas (axún, abstinencia…), senón actividade intelectual.
Por outra parte, tal como aparece no mito do carro alado, a alma ten naturezatripartita. Temos que distinguir tres almas ou partes da alma (Platón non aclara esta cuestión):
1. ALMA RACIONAL. É a encargada do coñecemento intelectual, do coñecer, pensar. De naturezadivina, eterna e inmortal.
2. ALMA IRASCIBLE. É a vontade, a ela corresponde o querer. Sede das pasións nobres (fortaleza, valor,...)
3. ALMA APETITIVA OU CONCUPISCIBLE. Encargada do apetecer. Sede...
Regístrate para leer el documento completo.