High

Páginas: 7 (1600 palabras) Publicado: 19 de marzo de 2013
Tratase dunha escena de palacio sen dúbida, pero a sensación inmediata é a de que a acción está detida, o movemento paralizado, algo sucede que os interrompe. O espazo corresponde a unha estancia do Alcázar de Madrid, xa Palacio Real, onde Velázquez tiña o seu estudio. Aínda que ardeu tempo despois, os planos conservados dinnos a disposición da sala; tratábase dunha galería estreita e longa,dividida en dúas partes desiguais por medio dun tabique: a parte máis ampla era o taller e a parte máis reducida o Despacho privado de verano do Rei. Ese primeiro espazo é no que se encontran as figuras, próximas á porta de acceso ó taller. A habitación conta con cinco ventás laterais, dúas delas abertas. Na parede do fondo hai dous cadros recoñecibles (copias das obras de Rubens e Jordaens: PalasAtenea e Aracné e Apolo e Pan), un espello e dúas portas: unha escasamente visible detrás de Velázquez e outra, medio aberta, que da paso a unha escaleira na que asoma un home. Este espazo perfectamente definido ampliase ó introducir o recurso barroco do xogo de espellos, mesturando o que se ve có que non se ve e creando sensación de profundidade. Este recurso produce a miúdo confusión, trazo asímesmo barroco. Concretamente, aquí anula toda hipótese de que o espazo representado responda exactamente á realidade aínda sendo certo, pois desde o punto de vista desde o que se toma a imaxe, deberíase ver, a través do espello, tanto os reis retratados como as costas do pintor.





No centro está a infanta Margarita María, flanqueada polas súas damas de honor (as meninas, en terminoloxía deorixe portuguesa), Isabel de Velasco, vestida de satén gris, á dereita, e Agustina Sarmiento, á esquerda, de veludo azul verdoso, que ofrece auga á infanta. Acompáñanas os ananos Mari Bárbola e Nicolasito Pertusato, que pisa o mastín que nin sequera se inmuta, engadindo espontaneidade á escena. Detrás sitúase a institutriz, a viúva Marcela de Ulloa, que conversa có gardadamas, probablemente donDiego Ruiz de Azcona. Na porta aberta do fondo adiviñase a silueta do apousentador da raíña, José Nieto Velázquez, quen ten por oficio abrir as portas para que os reis entren nas habitacións. Diante do lenzo, á esquerda, o propio Velázquez con traxe de corte pinta sobre un gran lenzo volto para dentro. Por último no espello, un recurso non novo na pintura (sabemos que o pintor coñecía a obra de VanEyck, Matrimono Arnolfini) nin para o mesmo Velázquez (Venus do espello), adiviñamos as figuras dos monarcas, Filipe IV e Mariana de Austria, baixo dunha cortina vermella ou dosel como os que Velázquez emprega a miúdo en retratos oficiais.
Fixémonos na acción e nas miradas para intentar interpretar o que vemos. A Infanta detense cando vai a coller a auga para volverse porque algo á súa esquerdachama a súa atención, sen embargo mantén a mirada cara ó espectador, hai así unha certa dislocación entre a cabeza que xira nun sentido e os ollos que miran noutro. Agustina Sarmiento, inclinada, centra a mirada na Infanta e permanece allea ó que sucede fora da escena. Isabel de Velasco acaba de observar algo de fronte porque move a cabeza nesa dirección e inicia unha respectuosa inclinación. Osananos ricamente vestidos, ela de azul e el de vermello, repiten as actitudes diferentes das meninas, Mari Bárbola mira de fronte e leva a man ó peito (consciente de que alguén entra), mentres Nicolás, de perfil, segue a xogar có can sen decatarse de nada. Detrás Marcela de Ulloa, con hábito similar ó de monxa, segue a charlar có gardadamas que mira de fronte distraído. En canto ó pintor, ten o corpovotado cara atrás, retirándose do bastidor que parcialmente aparece en primeiro término, suxeita o pincel nunha mán e a paleta na outra, parece non estar pintando. A presencia do apousentador, con capa e sombreiro na man, na escaleira, non está claro se saíndo ou entrando, leva a nosa atención cara atrás, creando maior profundidade. Ademais destas presencias fisicamente reais están no espello...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • high
  • valon high
  • High Five
  • Acces high
  • High Tech
  • HIGH TECHensayo
  • High scope
  • high school

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS