Historia

Páginas: 5 (1068 palabras) Publicado: 10 de marzo de 2013
TEMA 2. TEORÍAS E MODELOS ANALÍTICOS DOS SISTEMAS DE RELACIÓNS LABORAIS


A) SESIÓN EXPOSITIVA


Sumario: §1. O carácter multidisciplinario do estudo das relacións laborais. §2. Teorías no estudo das relacións laborais. §3. A aparente crise do estudo das relacións laborais.

§1. Con carácter xeral, a expresión «relacións laborais» empregase habitualmente para designar o conxunto deprácticas e de regras que estruturan as relacións entre os empresarios, os traballadores e o Estado. Así concibidas, as relacións laborais constitúen un campo multidisciplinar de estudo, polo menos desde un punto de vista estritamente académico. De feitos, nos plans de estudos conducentes á obtención da Licenciatura en Ciencias do Traballo, aprobada por Real Decreto 1592/1999, de 15 de outubro[1],sinalábase que «Teoría das Relacións Laborais» era unha materia troncal cuxa «vinculación a unha ou máis areas de coñecemento» implicaba que tanto a súa docencia como a súa investigación poderían ser realizadas e desenvolvidas desde o «Dereito do Traballo e Seguridade Social», desde a «Psicoloxía Social» e desde a «Socioloxía».

Do punto de vista científico, o estudo das relacións laborais forma partedas Ciencias Sociais, de modo que a relación de emprego e as súas institucións reguladoras son obxecto de interese por parte das Ciencias Políticas, do Dereito, da Economía, da Historia e da Socioloxía, principalmente. Do punto de vista político, o estudo das relacións laborais supón o deseño de políticas que axuden na mellora das relacións de emprego. E do punto de vista da ética, as relaciónslaborais deben conter principios que impidan considerar ao traballo como unha mercancía, dado que as persoas que traballan deben ser recoñecidas como cidadás de comunidades democráticas en que os dereitos humanos son o eixo central da súa organización.

§2. No estudo das relacións laborais destacan tres perspectivas principais de análise (unitarismo, pluralismo e radical ou de conflito) quedifiren entre si ao hora de concibir e analizar o mundo das relacións laborais —de modo que cada unha delas ofrece unha percepción diferente de cuestións tales como o conflito laboral, o papel das organizacións sindicais e a regulación do traballo—, a primeira das cales é a perspectiva unitarista. De acordo con ela, a empresa é considerada como un todo integrado e harmonioso —«unha familia feliz (onehappy family)»—, en que dirección e persoas que traballan comparten o mesmo obxectivo, que pretenden acadar a través da lealdade recíproca e da cooperación mutua. Isto implica que os sindicatos —como organizacións representativas dos intereses das persoas traballadoras— sexan considerados como unha institución innecesaria e que os conflitos que poidan existir sexan considerados tamén como algoprexudicial e o resultado patolóxico dunha axitación.

Como pode apreciarse, o unitarismo ten unha visión paternalista das relacións laborais. Esíxese a lealdade de todas as persoas que traballan nunha relación en que o empresario debe poñer especial interese para lograr a súa aplicación. Precisamente por isto, o conflito supón un problema de comunicación e de fricción entre as persoas que conformana comunidade empresarial.

A diferenza do unitarismo, na perspectiva pluralista as relacións laborais son consideradas como unha organización en que actúa un conxunto de subgrupos poderosos e diverxentes, cada un coa súa propia lealdade lexítima e co seu propio xogo de obxectivos e líderes. En particular, os dous subgrupos predominantes na perspectiva pluralista son a dirección empresarial e ossindicatos, con funcións diferentes, na medida en que o papel de dirección debe inclinarse pola persuasión e pola coordinación, mais nunca polo control e polo cumprimento, e as organizacións sindicais son vistas como representantes lexítimas das persoas empregadas. Esta visión das relacións laborais implica, ademais, que o conflito non é necesariamente algo malo, dado que a súa correcta...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La historia de la historia
  • historia de la historia
  • Historia de la historia
  • La historia de la Historia
  • la historia de la historia
  • historia de la historia
  • el historiador y la historia
  • Historia de la no historia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS