integracion

Páginas: 22 (5442 palabras) Publicado: 13 de mayo de 2013
TIPOS DE MALTRATO MENORES
Baixo o termo xenérico de malos tratos á infancia englóbanse diversos tipos de
situacións, diferentes na súa detección, etioloxía, tratamento e prevención, pero que
teñen varias características comúns:


Constitúen a manifestación e resultado dun conxunto de problemas que
afectan ó benestar psicolóxico dos pais/titores e ó seu contorno presente e
pasado.

Afectan negativamente á saúde física e/ou psíquica do neno/a e comprometen
o seu axeitado desenvolvemento.



Os seus efectos negativos aumentan en intensidade a medida que a situación
se cronifica ou é máis severa.

Son cinco os subtipos de maltrato que habitualmente se identifican. Estes fan
referencia a:


Se as accións que os constitúen implican una acción ou unha omisión.

Se tales accións poñen en perigo a satisfacción das necesidades físicas ou
emocionais do/da menor. Isto pode quedar reflectido no seguinte cadro:

Ademais destas cinco tipoloxías, existen outras situacións que poden poñer en perigo
a saúde física e/ou psíquica do/da menor. Estas non se contemplan no cadro anterior
por non axustarse de maneira estricta ós criterios de categorizaciónutilizados. Son as
seguintes:


Abandono.



Explotación laboral



Corrupción.



Maltrato prenatal.



Síndrome de Munchaüsen por poderes.

A continuación preséntase a definición de cada unha das tipoloxías
de maltrato

1.Maltrato físico.
Definido como “calquera acción non accidental por parte dos país ou coidadores que
provoque dano físico ou enfermidade no neno/a ou ositúe en grave risco de
padecelo”.

Tales accións poden provocar no neno/a as seguintes lesións:


Contusións ou negróns; fracturas.



Queimaduras.



Torceduras ou dislocacións.



Feridas ou raspaduras.



Sinais de mordeduras humanas.



Cortes ou picadas.



Lesións internas



Fractura do cranio, dano cerebral, hematoma subdural.



Asfixia ouafogamento.

2. Abandono físico ou neglixencia.
Definido como “aquela situación na que as necesidades básicas do/da menor non son
atendidas temporal ou permanentemente por ningún membro adulto do grupo co que
convive”.

Tales necesidades básicas fan referencia ás seguintes áreas:


Alimentación.



Vestimenta.



Hixiene.



Coidados médicos.



Supervisión evixilancia.



Condicións hixiénicas e seguridade no fogar.



Área educativa.



Protección ante as agresións internas.

3.Maltrato emocional.
Definido como “hostilidade verbal crónica en forma de insulto, burla, desprezo, crítica
ou ameaza de abandono; constante bloqueo das iniciativas de interacción infantís
(desde a evitación ata o encerro ou confinamento) por parte de calqueramembro
adulto do grupo familiar”.
As conductas incluídas nesta categoría son as seguintes:


Rexeitar ou non acepta-las iniciativas de interacción do neno/a, excluílo de
actividades familiares, expresarlle unha valoración negativa de si mesmo/a e
impedirlle evolucionar cara a una maior autonomía e independencia.



Aterrorizar: ameaza-lo neno/a cun castigo externo e concreto ou vagopero
sinistro, provocarlle un medo intenso, de ameaza impredicible, ou manter
expectativas irrealizables e castigándoo por non acadalas.



Illar: priva-lo neno/a das oportunidades para establecer relacións sociais.

4. Abandono emocional .
Definido como “a falta persistente de resposta por parte dos pais/titores ou figura
adulta estable, a certos sinais ou expresións emocionais do neno/a(pranto, sorriso, ...)
ou ós intentos de aproximación, interacción ou contacto”. Inclúese nesta categoría a
conducta de indiferencia, referida ó estado de non dispoñibilidade dos pais/titores cara
ó o neno/a; é dicir, o pai/titor está
preocupado por si mesmo e é incapaz de responder á conducta e demandas do
neno/a.

5. Abuso sexual.
Definido como “calquera clase de contacto sexual cun...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Integracion
  • Integracion
  • Integracion
  • integracion
  • integracion
  • Integracion
  • Integracion
  • integración

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS