Introducción a la física y química de 3º eso

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 4 (908 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 29 de noviembre de 2010
Leer documento completo
Vista previa del texto
UNIDADE 1: MEDIDA E MÉTODO CIENTÍFICO
A Física estudia aqueles fenómenos nos que non cambia a naturaleza das sustancias; por exemplo: o movemento. A Química estudia os fenómenos relacionados cocambio de naturaleza das sustancias; por exemplo: A combustión. 1. O MÉTODO CIENTÍFICO O método científico é o procedemento utilizado para descubrir as leis que rexen a natureza. Comprende, en xeral, asseguintes fases: a) Observación dos feitos: Debe ser: Obxectiva, completa e cuantitativa. É a fase de recollida de datos, que se organizan en táboas e gráficas. b) Interpretación dos datos: Formulandohipóteses, que son opinións personais do científico co propósito de explicar as causas dos feitos observados. Para que estas suposicións sexan consideradas como hipóteses teñen que: Referirse a unhasituación real, formularse do xeito máis preciso posible e mediante variables concretas, e que a relación entre as variables das hipóteses sexa observable e medible. c) Experimentación: Para comprobaras hipóteses. Experimentar é repetir a observación dun fenómeno en condicións controladas. d) Explicación dos feitos: A continuación procédese a establecer relacións entre as variables observadas,relacións que en moitas ocasións póden ser descritas mediante unha expresión matemática que constitúe unha lei científica. O desenvolvemento da lei ou dun conxunto de leis, relacionando numerosos feitos,suxerindo novas relacións e chegando a facer prediccións que poden ser comprobadas experimentalmente constitúe unha teoría científica. As leis e teorías recorren a miúdo ó emprego de modelos queserven para explicar algúns fenómenos de xeito simplificado (modelo cinético dos gases, modelos atómicos, etc.). e) Comunicación dos resultados 2. A MEDIDA 2.1. MAGNITUDES. MEDIDA DE MAGNITUDES Magnitudeé calquera propiedade que se pode medir. Ex: Tempo, masa, etc. As magnitudes se clasifican en: a) Fundamentais: Defínense sen facer referencia a outras magnitudes. Ex: Tempo. b) Derivadas: Defínense...
tracking img