Jyruyr

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 10 (2336 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 6 de febrero de 2011
Leer documento completo
Vista previa del texto
Terror no cemiterio

Samantha abriu de golpe os ollos, aínda non era de noite, estaba no coche de camiño a súa nova casa, a súa mellor amiga Alexandra ía o seu carón durmindo, o verán non rematara aínda e Alex a acompañaba dúas semanas para que se acostumara o seu novo fogar. Sam ía escoitando a canción de Stronger de Kanye West mentres seus pais, Amanda e Anxo, falaban diante.
Chegaron ánova casa, era enorme, bastante máis grande que as vindeiras, era de madeira, con moitas ventas, arriba de todo tiña unha enorme vidreira, e na parte de atrás tiña incluso una piscina. Sam pegoulle un golpe a Alex para que espertara.
* Veña ide instalarvos que o camión da mudanza xa está aquí- dixo Anxo-
Subiron ata o ático cargando coas maletas, pesaban moitísimo, tanto que Alex esvarou e casemátase. Por sorte agarrouse a varanda e evitou caer. Decidiron deitarse para mañá erguerse cedo e poder explorar o barrio.
Ás dez da mañá comezou a soar o espertador hoxe era o día dezaseis de maio de 2010.
Sam levantouse e apagou o espertador
- Move o cu e érguete- díxolle a Alex
Vestíronse en pouco máis de dez minutos e mentres almorzaban e peiteábanse xa deron as once da mañá. Alex e Samdecidiron ir estrada abaixo pois segundo lembraba Sam era alí onde estaba o parque que tiña a fonte co anxo.
Tardaron vinte minutos en chegar, tiráronse nun banco e puxéronse a observar a paisaxe.
Falaban entretidamente ata que se fixaron nuns rapaces, que debían ter a súa mesma idade, que pasaban por alí. Uns ían en monopatíns, outros en bicicletas e o resto ía andando. Ambas calaron ao ver orapaz que ía en monopatín, de pelo castaño e de ollos verdes.
* ¿Doute un pano para que te limpes as babas?- preguntoulle Sam a Alex-
* ¿Queres ti un?- replicou ela-
O neno de ollos verde fixouse nelas, tiñan un aspecto un tanto patético, ambas coa boca aberta mirándoo fixamente. Acercouse a elas.
* Ola- dixo aquel rapaz-
* Ola- dixo Sam que ao ver que Alex non espertaba deulle ungolpe nas costelas-
* Ola- dixo ela cun sorriso de orella a orella-
* Son Scharader- dixo el-
* Eu son Alex e ela e Sam- dixo Alex-
* Quería preguntarvos algo ¿Hoxe facedes algo?- preguntou o rapaz
* Non, ¿Por qué?- preguntou Sam
* Como sodes novas e iso se queredes podedes vir comigo e ¿ vedes a aqueles rapaces?- dixo el, elas asentiron- Con eles tamén
* ¿A onde se sepode saber?- preguntou Alex-
* Imos xogar o escondite- contestou el-
* Pero… ¿ iso non é un xogo de nenos?- dixo Sam
* Bueno… se non queredes xogar non pasa nada, probablemente daríavos medo o lugar no que xogamos- dixo el facéndose o interesante-
* ¿Onde xogades?- preguntou Sam de novo
* Na estrada Anquers, detrás do enreixado, sobre as dez da noite- dixo intentando por algode misterio-
* ¿Por qué íamos a ter medo?- preguntou Alex-
* Digamos que non é un sitio no que se deba estar de noite e menos se estas so- dixo el-
* ¿A que hora dixeches que era?- preguntou Sam-
* Sabía que non vos poderiades resistir- dixo cun sorriso- Ás dez vémonos alí- e foise cara os seus amigos-
Ás dez na estrada Anquers…
* Non irás en serio- dixo Alex, o que estabadetrás do enreixado era nada máis e nada menos que o cemiterio da cidade-
* Veña vamos- dixo Sam empuxándoa-
* ¿Temos que trepar?- volveu replicar-
* Deixa de te queixar e móvete- dixo Sam mentres caía noutro lado- ¿Non me digas que non sabes trepar?-
* ¿Tómasme o pelo?, trepo mellor ca ti- caeu tamén ao outro lado- ¿Imos?- intentaba non parecer asustada-
* Detrás de ti- dixo elafacendo una reverencia-
Penetraron no cemiterio, en verdade daba calafríos, entre a néboa e as tumbas parecía unha película de medo. Fixáronse nunha sombra que movíase mais adiante pero seguiron cara adiante.
* Por fin, xa pensaba que non iades vir- dixo Schrader-
* ¿E o resto?- preguntou Alex-
* Alí están- dixo sinalando a un dos mausoleos-
* Un escondite interesante- dixo Sam...
tracking img