kant

Páginas: 5 (1090 palabras) Publicado: 15 de mayo de 2013
A IDEA KANTIANA DE ILUSTRACIÓN.
Neste texto, publicado en 1784 na Revista Mensual de Berlín, Kant inicia unha filosofía da historia sen prexuízos teolóxicos, unha reflexión crítica sobre as aspiracións, límites e posibilidades da súa propia sociedade.
Kant define a Ilustración de un modo negativo, como unha saída, un desenlace. Esta saída que caracteriza á Ilustración é un proceso que nossepara do estado de “minoría de idade”. Por “minoría de idade” entende un estado da nosa vontade que nos fai aceptar a autoridade dalgún outro para conducirnos nos dominios nos que nos convén facer uso da razón.
A Ilustración é o estado final da madurez que debe acadar o ser humano no seu progresivo desenvolvemento como individualidade emancipada. Este estado consiste en ser capaz de utilizar por unmesmo as capacidades racionais que nos deu a natureza. Neste texto en concreto, trátase da necesidade de pensar por un mesmo sen ter que recorrer a ningún tipo de tutela ou guía externa.
É preciso sinalar que esta saída é presentada por Kant dun modo bastante ambiguo. Caracterízaa como un feito, un proceso que se está desenvolvendo; pero a presenta tamén como unha tarefa, unha obriga. Desde oprincipio sinala que o home é el mesmo o responsable do seu estado de “minoría de idade”, en tanto é froito non dunha carencia natural pensar de xeito autónomo, senón dunha falta de decisión e valor para servirse do propio entendemento. O home non poderá saír desta “minoría de idade” doutro xeito máis que mediante un cambio iniciado por el mesmo.
Kant di que esta Ilustración ten unha consigna queun se da a un mesmo e aos demais: “Sapere aude!”, é dicir, ten a coraxe, a audacia de saber. É preciso, pois, considerar que a Ilustración é, á vez, un proceso do que se forma parte colectivamente, e un acto de coraxe que hai que efectuar persoalmente. Os homes son, ao mesmo tempo, elementos e axentes do mesmo proceso.
Kant parte da suposición de que a natureza puxo nas nosas mans instrumentosintelectuais necesarios para non necesitar ningún tipo de tutela axena. Kant explica que a maioría dos homes non conseguen superar o estado de non-ilustración de minoría de idade no que están sumidos (e do cal se aproveitan algúns homes para erixirse en titores doutros sen ningún tipo de resistencia por parte destes) debido
- á comodidade que supón que outro pense e decida por un mesmo, i.e., afalta de esforzo e disciplina mental;
- a unha educación temerosa nuns supostos perigos que ameazan ao individuo que dea o paso cara á emancipación e clarificación da conciencia.
Kant utiliza estas razóns para explicar a situación, pero non para xustificala. Este estado de falta de Ilustración supérase cando, e aínda que poida parecer paradóxico debido á aparente apatía e falta de vontade do homepara ilustrarse, o home dispón dos marxes de liberdade necesarios: finalmente, remataría ilustrándose a si mesmo.
Kant xustifica isto dicindo que sempre entre a masa de individuos humanos haberá alguén que se decida a pensar por si mesmo (quizais algún titor xa establecido como tal), e que expandirá e difundirá “o espírito dunha estimación racional do propio valor e da vocación de todo home apensar por si mesmo”. Kant mantén, polo tanto, que é imposible poñer límites ao pensamento, e freo absoluto, total e eterno ás capacidades coas que a natureza dotou ao home.
Posteriormente, a idea do libre pensamento iríase expandindo entre o resto dos membros da sociedade. Aínda así, a maior resistencia seguiría estando na masa non ilustrada que foi educada no prexuízo, superstición e fanatismo:na opinión acrítica. Kant concluirá que non é posible nin recomendable intentar cambar á poboación de golpe e dun modo drástico, revolucionario. É preferible a reforma, a modificación parcial e non traumática, lenta. A transformación radical soamente serve para que novos prexuízos e novas cadeas substitúan ás antigas.
Falamos antes dunha liberdade que facilitaría a xurdimento e difusión do...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Kant
  • Kant...
  • Kant
  • Kant
  • kant
  • kant
  • Kant
  • Kant

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS