La deformación de las rocas

Páginas: 13 (3166 palabras) Publicado: 22 de noviembre de 2013
A DEFORMACIÓN DAS ROCHAS. PREGUES E FALLAS

Introdución.

A deformación dos materiais terrestres denota unha resposta mecánica complexa das rochas ante un campo de forzas que actúa nun concreto intervalo de tempo. Os cambios aprezados son de diverso tipo, entre eles destacamos as traslacións, as rotacións as distorsións e as dilatacións; os catro ben explicados nos seguintes puntos. Ademáisdos cambios nas rochas será preciso analizar o comportamento do material ante esa deformación aplicada, de xeito que falaremos de comportamento elástico, viscoso e plástico.

1-Forzas. Tipos e explicación.

Para orixinárase calquera deformación sera precisa a actuación dun conxunto de forzas, que se agrupan en distintos tipos:
-Forzas másicas. Actúan en cada unha das partículas dun corpo,con independencia das súas características xeométricas e da amteria que hai arredor. As principais son a forza da gravidade, e as forzas centrífugas.
-Forzas de superficie. Xorden do roce entre dous corpos a través da superficie de contacto entre eles.
Unha vez definidas, podemos introducilo concepto de esforzo, que é unha derivación do feito físico de aplicar unha forza por riba dunhasuperficie cunha determinada área.
Se aplicamolo principio de acción-reacción das forzas, cando exercemos unha forza sobre a cara dunha superficie xorde outra na cara oposta, coa mesma magnitude e dirección, mais no sentido contrario. Xéranse entón dous esforzos.
Cada esforzo ten de ser expresado mediante dúas compoñentes: o esforzo normal (perpendicular ao plano) e o esforzo de cizalla (paralelo aoplano). O normal pode ser ou ben compresivo se se realizan cara a superficie ou de tensión se o sentido é dende a superficie cara o exterior. Asemade, o esforzo de cizalla pode ser horario ou antihorarios a depender do sentido de rotación das forzas.

2-Conceptos sobre a deformación.

A deformación é polo tanto, o resultado da aplicación dun campo de forzas nun periodo de tempo que persistedurante millóns de anos. Tendo iso, esta deformación pode expresarse segundo catro compoñentes atendendo ao tipo de cambio. A primeira compoñente é a traslación, definida como o senlleiro cambio de posición dun corpo nun espazo concreto, falamos dun desprazamento e mediante a análise do seu vector, podemos coñecela dirección e o sentido do transporte, ademais da distancia percorrida. A segundacompoñente é a rotación, que podemos describila a partires dun eixo de xiro, a magnitude do desprazamento rotacional (graos) e o sentido de rotación (horario e antihorario). Esta deformación é característica dos pregues. A terceira das compoñentes é a distorsión ou deformación interna, que é a variación da forma da rocha. A última das compoñentes a analizar é a dilatación, entendida coma un cambio novolume.
Sen embargo podemos continuar a detallar o que supón a deformación, se engadimos mais adxectivación. Deste xeito, consideramos deformación fráxil a aquela que implica unha perda de cohesión e seguidamente a fractura, e deformación dúctil á que produce o fluír dos materiais, modificándose progresivamente a forma, sen producir discontinuidades mecánicas, tratándose logo dunha deformacióncontinua. Outra clasificación a tratar é a que divide a deformación en heteroxénea ou homoxénea. Na homoxénea, as liñas rectas e a súa correspondencia interna non varían ao aplicala forza. Na deformación heteroxénea, as liñas rectas anteriores á aplicación da forza forman curvas unha vez aplicada esta.

3-Comportamentos ante a deformación.

-Comportamento elástico. Todas as rochas sofren unhadeformación elástica instantánea que desaparece ao cesaren os esforzos. A cantidade de deformación deste tipo é moi pequena nas rochas e non permanente.
-Comportamento viscoso. É propio dos líquidos. Os corpos non recuperan a forma orixinal despois de cesaren os esforzos que produciran a deformación. A viscosidade ten gran dependencia da temperatura, de xeito que conforme esta crece, menor é a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • deformacion de las rocas
  • Deformacion de las rocas
  • Deformacion De Las Rocas
  • Esfuerso y deformacion de las rocas
  • deformacion de las rocas
  • Deformacion de las rocas
  • Deformacion de las rocas
  • Deformación De Rocas

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS