La Vaca

Páginas: 24 (5962 palabras) Publicado: 16 de mayo de 2012
Aparello dixestivo

Estómago composto da vaca.

Vaca pastando.
O aparello dixestivo da vaca permítelle dixerir alimentos ricos en fibra, que noutros sistemas dixestivos non serían aproveitábeis, regurxitándoos e mascándoos de novo. A forza e rixidez das plantas débese á fibra, que é o compoñente principal dos talos das gramíneas e outras; os azucres complexos (celulosa e hemicelulosa)atópanse pechados nas paredes das células e son inaccesíbeis para a maioría dos animais. Tras unha segunda mastigación, o alimento pode ser dixerido por bacterias, protozoos e microbios que habitan no rume, que xeran os ácidos graxos volátiles que supoñen a fonte de enerxía metabólica primaria das vacas. Os microbios que habitan no interior do rume sintetizan tamén aminoácidos de compostosde nitróxeno non proteínicocomo a urea. O baixo contido enerxético da súa dieta fai que teñan que pasar gran parte do día alimentándose.
As vacas contan cun estómago composto por catro cavidades, o rume, o retículo, o omaso e o abomaso. O retículo é o de menor tamaño e o rume o maior. O contido do retículo mestúrase co do rume case continuamente e comparten unha poboación densa de microorganismos. O rume é unvaso defermentación no que as partículas de fibra permanecen entre 20 e 48 horas. O retículo separa as partículas que teñen un tamaño pequeno (<1-2 mm) ou son densas (>1,2 g/ml), que son as que poden pasar á terceira cavidade. A función principal do abomaso é a de aproveitar auga e minerais como o sodio e o fósforo, que poden retornar ao rume a través da saliva. O abomaso segrega ácidos fortese moitos enzimas dixestivos.
[editar]Aparello reprodutor
[editar]Machos
Os testículos dos máis novos están localizados inicialmente en posición abdominal antes de migrar cara o saco escrotal; ambos testículos pesan xeralmente uns 800 g e están recubertos por unha membrana fibrosa inelástica, a albuxínea, unida ao músculo cremáster que pode retraer ou facer variar a súa altura. Ao testículo selle une o epidídimo, constituido polos canais aferentes. A súa cabeza está moi aplicada sobre o testículo e comunica con el por varios condutos, e a súa cola, máis fina, desemboca no conduto deferente. No epidímio é onde os espermatozoides terminan a súa maduración. O conduto deferente conéctase á uretra no mesmo lugar que as vesículas seminais, unhas glándulas lobuladas que miden entre 8 e 15 cmde lonxitude, de 3 a 5 cm de ancho e 1-2 cm de espesor. Forman xunto coa próstata e as glándulas bulbouretrais as glándulas anexas, que secretan diversos compoñentes do esperma. A próstata do boi é de pequeno tamaño e dispersa en torno á uretra. As glándulas bulbouretrais, do tamaño dunha castaña, están localizadas na porción posterior da uretra. O pene mide entre os 80 e os 110 cm de lonxitude;está composto de tecidos non moi eréctiles, mais que se compensa coa súa dobre inflexión en forma de S, coñecida como flexura sigmoidea ou «S» peniana, que é capaz de desplegarse e permitir o alongamento do órgano fóra da vaina no momento do apareamiento. A vaina, dunha lonxitud de 35 a 40 cm e un diámetro de 3 cm, sitúase a poucos centímetros por detrás doombligo.[2][3]1. Recto 2. Próstata 3. Glándulas bulbouretrais4. Músculo isquiocavernoso 5. Músculo bulbocavernoso 6. Cremáster 7. Epidídimo 8.Testículo 9. Vesícula seminal 10. Conduto deferente 11. Vexiga 12. Rumen 13. Flexura sigmoidea 14. Pene 15. Glande 16. Escroto.
[editar]Femias
Os dous ovarios da vaca están situados a media altura do corpo do ilio, a 40 cm da vulva; son de pequeno tamaño, cun peso de 10-20 g e en forma de améndoa. Osovarios están no interior das bolsas ováricas que se abren aos ovidutos; nos ovidutos é onde se leva a cabo a fecundación e as primeiras fases de desenvolvemento do embrión. O oviduto componse por un infundíbulo aberto sobre a bolsa ovárica, a ampolla e dun istmo estreito que desemboca no corno uterino. O útero, o órgano da xestación, está dividido en dous cornos uterinos de 35 a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La vaca
  • La Vaca
  • La Vaca
  • La vaca
  • la vaca
  • la vaca
  • De La Vaca
  • vaca

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS