Literatura Infantil

Páginas: 19 (4643 palabras) Publicado: 23 de septiembre de 2014
Literatura Infantil
Índice
Pax.
Tema 1: Literatura e Literatura Infantil.. 3
Tema 2: Poesía Infantil... 6
Tema 3: A Narrativa Infantil.. 10
Tema 4: Xogo Dramático... 16
Tema 1: Literatura e Literatura Infantil
No s. XVIII a literatura infantil comezou a ter certa autonomía artística porque o utilitarismo e o didactismo
que impuñan as creadores daquela época condicionaba en grande medidaas obras escritas para nenos/as, a
chegada do romanticismo foi determinante para a literatura infantil europea que iniciou con certa timidez un
camiño novo onde os condicionantes doutrinais comezaron a perder importancia, seguiu existindo o problema
que representaba a consideración desta literatura infantil como LITERATURA, con autonomía artística.
Ante a literatura infantil o mundo daliteratura de adultos mantivo posicionamentos contrarios, mentres uns
negaban a súa existencia ou necesidade, outros afirmaron a súa existencia con decisión.
Delibes destaca tres notas na literatura infantil:
• Tema axeitado.
• Linealidade (que o argumento sexa continuado).
• Brevidade (os textos que sexan curtos).
Esto non implica que o tema sexa bobalicón, non edulcorado o tema tan que conectarco seu mundo e excitar a
súa imaxinación, o tema non debe deixalos indiferentes, nin insatisfeitos
A literatura infantil non demanda un estilo propio. O que si require é esa extensión limitada.
O termo literatura infantil e usado sen a penas reticencias pola maioría da crítica e pola maioría dos
investigadores/as.
¿Qué é Literatura Infantil?
É ante todo literatura, sen adxectivo de ningúntipo, en principio, se lle engadimos infantil non e máis que
polo desexo de delimitar unha non é máis que polo desexo de delimitar unha época concreta da vida das
persoas, marcada polas capacidades dos destinatarios/as e en menor medida polos gustos e intereses lectores
en concreto. Pero literatura infantil non é so a escrita deliberadamente para a infancia, pero hai moitos textos
feitos porautores/as e co paso do tempo, nenos/as fixéronnos seus porque conectan cos seus intereses.
As peculiaridades desta literatura fóronse percibindo pouco a pouco, pero a linguaxe en que se expresa
coincide coa da literatura en xeral. En canto os contidos, superadas xa aquela fase de dependencia da abrigada
moralexa, calquera tema pode ser tratado, sempre que sexa con coherencia, porque o públicoinfantil necesita
1

unha visión múltiple e aberta do mundo e un horizonte polícromo.
En canto a extensión non debe ser longa, porque cando unha persoa está inmersa nunha peripecia hai que
facilitarlle o acceso ó desenlace sen necesidade de voltas, sen necesidade de incluír outros elementos que
poden distraer ou desviar a atención do que é a trama fundamental. O que si sería bo e que a críticae a
investigación sobre a literatura infantil se adoptase unha única denominación.
Características da Literatura Infantil
Despois de analizar unha serie de características que aparecen o longo de moitos anos nesa literatura para a
infancia.
• Presencia frecuente non habituais de elementos o que provoca unha relación inmediata co paradigma
da normalidade e produce un choque que fai fuxir asúa atención.
• Tendencia a personificar o que non é humano.
• Non soe haber complicación temática nin argumental, pero en moitos contos hai unha serie de
elementos recorrentes: unha viaxe, cambios radicais de sorte, o premio ó bo castigo ó malo.
• Soen plantexar un conflicto externo ó que se lle da solución no propio conto.
• É unha literatura con grande carga afectiva.
• Sobre personaxes:
♦Presencia frecuente dun/ha protagonista que destaca sobre o resto dos personaxes.
♦ A maioría de protagonistas pertencen a idade da infancia ou da adolescencia.
• Sobre a técnica e a estructura literaria:
♦ A acción soe estructurarse en tres partes: exposición, no e desenlace, e normalmente en
terceira persoa ou en primeira.
♦ Esquematismo da localización temporal dos feitos que se narran...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • LA LITERATURA INFANTIL
  • Literatura infantil
  • Literatura infantil
  • que es la literatura infantil
  • literatura infantil
  • literatura infantil
  • literatura infantil
  • Literatura Infantil

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS