Los veleros en la tradicion gallega

Páginas: 23 (5708 palabras) Publicado: 11 de julio de 2014
OS VELEIROS A TRADICIÓ DA MARIÑA DE LUGO
Por MIGUEL LEIVA TORREIRO
1.- I TRODUCIÓ
Se os vellos mariñeiros erguesen a cabeza... xurarían. Os seus esforzos e sacrificios
diluíronse na sociedade do benestar. Benestar e comodidade que eles non puideron disfrutar porque
sacrificaron a vida en conquistar o porvir. Eles consumiron o alento en favor das vindeiras
xeracións, respectaron astradicións como marca de identidade e mantivéronse sempre en harmonía
coa nai Natureza. Dominaban os catro elementos básicos da existencia física (terra, mar, aire e
traballo), e desenvolvíanse neles coma peixe na auga.
Mais esas tradicións extinguíronse coa chegada da modernidade. Agora as inquedanzas da
xente sitúanse nas antípodas das que tiñan os nosos devanceiros. Mágoa! Con que futilidade seesvaecen as cousas do pasado, esas que nos proporcionaron unha identidade como pobo... Tanto
leva mudado e desaparecido nos derradeiros anos que estamos en risco de perder a conciencia das
nosas orixes, da nosa esencia.
Con este breve relato quero achegarme á vida daqueles rudos e abnegados mariñeiros que
foron o alicerce da economía pesqueira e do comercio marítimo da nosa terra. Os seusmaxestuosos
veleiros deixaron pegada na xente da Mariña que, ante o declive do seu tempo, decidiu recoller
aquelas vellas historias antes de ir a pique na amnesia colectiva. Agora imos ficar cara unha época
chea de penurias... pero tamén de paisanos valentes, traballadores, esperanzados e sacrificados, que
se enfrontaban á realidade no canto de acomodarse nela. O mar nunca valeu para os covardes.Cando lembramos a Historia estamos facendo Xustiza con aquelas xentes.
2.- TRADICIÓ MARIÑEIRA
Dun xeito ou doutro, Galicia sempre estivo volcada cara o mar. Vou deixar fóra desta
historia aqueles galeóns, navíos, fragatas e corbetas da vella Armada española que nacían da
madeira das nosas carballeiras e que, de volta na casa despois de azarosas epopeas, tanto podían
atopar refuxio comanaufraxio.
As principais actividades da navegación civil en Galicia foron a pesca e o comercio,
principalmente o de cabotaxe co resto da Península. Os barcos transportaban desde aquí madeiras
elaboradas, minerais, liño, conservas, viandas... e voltaban con carbón, cerámica, cemento, sal,
aceite ou froitas do Levante para rendibilizar a viaxe. Con Europa e as illas Británicas comerciábase
con carne emadeira, materiais que se destinaban á mineiría. Respecto do porto de San Cibrao
coñecemos a existencia no s. XVIII duns 20 barcos de cabotaxe que invernaban alí e que saían na
primavera a prestar servizo ás Reais Fábricas de Sargadelos para as que traían carbón, ferro e outros
minerais. Sargadelos empezou fabricando louza, despois munición e, por último, cerámica. Segundo
a dedicación dafábrica os veleiros ían repartindo manufacturas polas terras de España.
Temos noticia que desde principios do XIX os comerciantes cataláns utilizaron bergantíns,
construídos en Blanes ou Arenys de Mar, para arribar aos portos galegos con viño, augardente ou
sal; logo, enchían as adegas de peixe salgado nos almacéns (que daquela inzaban ata as enseadas
máis arrecunchadas do país), e retornaban aoMediterráneo. Aos poucos o novo aparello chamado
goleta foise implantando na navegación de cabotaxe debido ao seu bo manexo para navegar de orza
na costa e á súa economía de brazos a bordo, deixando os derroteiros transoceánicos para as
fragatas e bergantíns, máis robustos.

As goletas foron evolucionando ata chegar aos pailebotes que foron as embarcacións
predominantes nas nosas costas. Assúas fasquías eran habituais nos alboios dos carpinteiros da
Mariña nos séculos precedentes. Algúns daqueles artesáns, que empezaron facendo arranxos como
mecánicos improvisados, acabaron sendo pequenos armadores de ribeira.
Outra actividade nos séculos XVIII, XIX e principios do XX, era o transporte de viaxeiros,
principalmente emigrantes en itinerarios internacionais. Nesta trasfega, as...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Gallegos
  • Gallego
  • Gallego
  • Gallego
  • gallego
  • Gallego
  • El Velero En La Votella
  • gallegos

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS