Modos de transmisión do conto popular de tradición oral

Páginas: 22 (5433 palabras) Publicado: 12 de mayo de 2011
Modos de transmisión do conto popular de tradición oral

Podería parecer, se cadra, máis exacto falar de medios de conservación antes que de transmisión se, efectivamente, a escritura, internet e outros medios semellantes non remataran contribuíndo, como de certo acontece, a profundas modificacións, tanto formais coma semánticas, no relato popular de tradición oral. Un aspecto que, sen dúbida,pon en evidencia a profunda interrelación entre a cultura oral e a cultura escrita, entre a cultura audiovisual e a cultura informática, actualizando constantemente o problema nunca de todo resolto da orixe e das permanentes transformacións da literatura popular de tradición oral.
Nunca linguaxe máis sinxela, poderiamos dicir que as diferentes variacións que atopamos nos diferentes modos decontar un mesmo conto producen a sensación, non só no oínte ou lector, senón, incluso, no propio investigador de que se trata de contos diferentes e, cando menos, de deformacións que acaban desdebuxando a identidade do relato orixinal. Punto de vista que nos negamos a aceptar, sobre todo, cando tales cambios non representan modificacións esenciais na estructura propia do relato primitivo ou nostrazos estilísticos que o definen.
Un breve percorrido a través dos modos de transmisión máis comúns deste xénero poden servir para poñer de relevo esta aparente contradición. Vexámolo, se non, nalgúns dos procesos de transmisión máis familiares ós nosos lectores:
a) A transmisión tradicional do conto popular.
De certo, non é hoxe máis ca unha lembranza, agás raras excepcións, a imaxe da xuntanzafamiliar nas longas noites de inverno arredor do lume da lareira entretendo o traballo da casa –darlle de comer ós animais, arranxar algún apeiro, dispoñe-las cousas para o outro día...- ou os traballos propios do tempo –fiar, coser, calcetar...- cós contos, historias e chistes dalgún dos máis vellos ou vellas ou de calquera outro con creto de bo contador. Sen dúbida, un escenario privilexiado,pero non o único. A taberna, a casa da xunta, a zapatería, a barbería ou a forxa, a eira no momento de remata-la malla, a leira no tempo da esfolla do millo..., calquera oportunidade na que a xente do lugar se reunía para tomar un alento ou para facerlle lugar ós traballos máis sosegados podían estimula-la oportunidade para contar un conto ou unha morea de contos. O conto é, sen dúbida, o principalprotagonista nesta clase de xuntanzas.
En xeral, o contador ou contadora actúa de todo indiferente á idade e condición do seu público e, incluso, á actitude do que o escoita coa boca aberta e do que, pola contra, se amosa máis ou menos desinteresado concentrando toda a súa atención no traballo que está a levar a cabo. A Avemaría do que nestas circunstancias dirixe o rosario colectivo, no queparticipan tódolos compoñentes da xuntanza antes de se retiraren cada un a súa casa e os anfitrións a dormiren para poderen madrugar ó outro día, pode ilustrar perfectamente este papel do bo contador ou contadora de contos. Dirixía a ama da casa: “Santa María, Madre de Dios” –“¡José, bótalle máis fariña a Marela que o becerro necesita máis leite!”- ruega por nosotros pecadores” –“¡Non escarabelles nolume, neno, que me veñen as muxicas pros ollos!”- “ahora y en la hora” -¡”Boas noites, Maripepa! Non te esquezas do fermento. Xa sabes que mañán cocemos”- de nuestra muerte. Amén.”
A calidade máis estimada no contador ou contadora de contos é, sen dúbida, a súa memoria, a súa facilidade para contar algo sen se trabucar nin cambia-la historia. Os mesmos contos repítense infinidade de veces nasmesmas xuntanzas e nas mesmas circunstancias, e sempre co mesmo ou semellante auditorio. O que agardan os oíntes, como lle acontece ó neno que escoita como seu pai lle le o conto que antes lle lera súa nai, pendente sobre todo de que o libro diga sempre o mesmo, non é, de certo, unha determinada orde das palabras, como no relato en verso, senón a orde das situacións –secuencias- nas que se atopa...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La tradición oral
  • Tradiciòn Oral
  • Tradición oral
  • Tradición Oral
  • Tradicion oral
  • la tradicion oral
  • tradicion oral
  • tradicion oral

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS