Plan De Marketing

Páginas: 65 (16099 palabras) Publicado: 30 de enero de 2013
UNIVERSIDADE
UNIVERSIDADE DE VIGO

DEREITO ESTATUTARIO

HISTORIA
HISTORIA DO MUNICIPALISMO COMO FORMA
DE
DE ORGANIZACIÓN DO TERRITORIO
MUNICIPALISMO
TERRITORIO
O MUNICIPALISMO COMO FORMA DE ORGANIZACIÓN DO TERRITORIO
Municipio PreO Municipio Pre-Constitucional.
A longa tradición histórica da forma de organización da convivencia
humana a través de municipios ou concellos, pareceremontarse, segundo a
maioría dos historiadores que avalan as teses xermanistas fronte ás romanistas, á
Idade Media en boa parte de Europa occidental, incluíndo unha importante
porción da Península Ibérica, xa que tamén aquí nace como organización
dunha determinada comunidade fronte a poderes superiores, de tipo feudal, na
procura dunha franquicia, inmunidade, foro, concílium ou como se desexedenominar ese novidoso modelo. Coñecido é o xogo de alianzas que traban
estes concellos medievais cunha Administración que, asemade, comeza a
desenvolverse na Baixa Idade Media e atoparía a súa culminación na Moderna,
como é a Administración rexia en distintos lugares de Europa occidental, pero
cómpre non estenderse neste punto do noso percorrido.

Malia as recoñecibles variacións que sepoden atopar na tipoloxía das
institucións muncipais na Idade Moderna nos diferentes Reinos, cabería salientar,
neste tempo, o municipio urbano é o que proporciona peculiaridade á
institución, mentres que o municipio rural ocupa un lugar secundario fronte ós
distintos poderes territoriais. Con todo, o seu iniciático carácter de privilexio (de
vila ou vilazgo, en virtude do cal un núcleo depoboación tiña a concesión da
Coroa de formar Ayuntamiento e posuír término propio) pódese atopar ata o
final deste período, como amosa o feito de que a xeneralización da institución
municipal que nace nas Cortes gaditanas implica a extinción do carácter de
privilexio.

1

UNIVERSIDADE
UNIVERSIDADE DE VIGO

DEREITO ESTATUTARIO

No caso español, os afáns centralizadores que trouxo consigo adinastía
borbónica afectaron tamén notablemente ó ámbito local, xa que se eliminaron
as diversas formas preexistentes de autogoberno municipal, diminuíronse de
maneira considerable as funcións das autoridades locais e pasou o control ós
intendentes que resultaron nefastos para a xestión das entidades e tamén para
as facendas locais. Con todo, impuxéronse certas directrices racionalizadorastentando ordena minimamente, o caos organizativo, e así elaborouse un
nomenclátor de pobos (entre 1785 e 1789) e se estableceu unha división en
provincias (Floridablanca), á súa vez, subdividas en partidos, poñéndose de
algunha maneira as bases do moderno sistema de Administración e función
pública españois.

No caso concreto de Galicia, cumpriría non esquecer a intensa peculiaridadehistórica que configura o ecúmene galego e a súa estructuración organizativa;
referímonos ó modelo de distribución poboacional

espallado, disperso,

esparexido ou non concentrado en grandes núcleos que, tal vez, proceda xa da
etapa histórica prerromana ou castrexa, a cal non resultou substantivamente
modificada ó longo de séculos posteriores, alomenos non neste elemento
crucial.

Merecedestacarse o establecemento da división parroquial galega no período
suevo, do Reino Suevo de Galicia (redactouse entre os anos 572 e 592),
documentada na Parochiale Suevum o Divisio Theodomiri. Neste período
prodúcese unha definición do espacio xeográfico-humano de Galicia, xeración
dunha estructuración local e comarcal, fusión da imposta por Roma e a
derivada da organización interna doshabitantes do territorio. Nas mesmas
Parochiale, na súa división en dióceses (un século anterior á do monarca
visigodo Wamba) cabe dexergar numerosos corónimos de remotas orixes,
posteriormente documentados nas Xuntas Comarcais ou de Terras en época do
arzobispo Xelmírez, con demarcacións fronteirizas moi flexibles, e que deu lugar
ó fenómeno de que bisbarras, vales, arquiprestádegos, partidos,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Plan de marketing
  • Plan de marketing
  • Plan de marketing
  • Plan De Marketing
  • Plan de marketing
  • Plan de marketing
  • Plan De Marketing
  • Plan De Marketing

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS