Platón

Páginas: 10 (2452 palabras) Publicado: 25 de octubre de 2015
Índice
PLATÓN: 2
I.- Marco histórico e conceptual de Platón: 2
II.-Cuestións contextuais: 2
1.- A polis (cidade-estado) 2
2.- Antecedentes presocráticos 2
3.- Os sofistas e Sócrates 3
III.- Preguntas Tema: 3
1.- A teoría platónica das Ideas: Diferenza entre Mundo sensible e mundo intelixible e os graos de coñecemento. 3
2.-A concepción política de Platón: A antropoloxía platónica e vinculaciónda alma á cidade 4

PLATÓN:

I.- Marco histórico e conceptual de Platón:
Platón naceu en Atenas no 427 a. C, pertence, pois, ó s.V a.C. no que Atenas vive o momento de máximo esplendor da filosofía e da cultura en xeral (período clásico)
Na filosofía deste século prodúcese o que se coñece como “xiro antropolóxico” no que a reflexión xa non se centra unicamente na physis ou natureza, senón queadquiren gran relevancia os temas éticos e políticos.
Dase pola aparición da democracia en Atenas, a cal era directa e na que os cidadáns podían e querían participar no goberno da súa polis falando públicamente na Asamblea. Esa democracia fará que os cidadáns se interesen máis polos temas éticos e políticos.
Platón quería participar na vida política da súa polis pero dadas as inxustizas cometidaspolos diversos gobernos como o dos Trinta Tiranos e a condena a morte de Sócrates tras a volta da democracia – o home “máis xusto do seu tempo” según o filósofo- desanimarano no seu desexo de intervir no goberno. A partir dese momento o seu interese orientarase cara a educación.
Fundará en Atenas unha escola chamada a Academia na que se refuxiará ata a súa morte e que chegará a ser un dos centrosde educación máis importantes da antigüidade.
As obras de Platón están escritas en formas de diálogo, pois seguindo ó seu mestre Sócrates, cría que mediante o diálogo era como se podía acceder á verdade. Poden catalogarse en catro períodos:
Diálogos de xuventude: Apoloxía de Sócrates,...
Diálogos de transición: Menón,...
Diálogos de madurez: Banquete, Fedón, Fedro e a República.
Diálogos de vellez:Timeo, Leis,...
II.-Cuestións contextuais:
1.- A polis (cidade-estado)
A orixe da polis sitúase arredor do século VIII a.C e chegará ó seu máximo esplendor no séculode Platón (V a.C), cando se asentou a democracia en Atenas.
Antes os gregos vivían en aldeas dispersas que logo se foron agrupando. Pouco a pouco xurdiron as polis ou cidades-estado, comunidades con independencia e autosuficienciaeconómica e política, de territorio reducido e caracterizada pola participación cidadá na vida política.
Para os gregos só na polis se podía ser feliz, a consideraban o ideal de vida máis perfecto que podería haber.
Esta concepción acadará unha das súas máximas expresións na teoría ético-político de Platón, na que establece un paralelismo perfecto entre o individuo (a alma), e a cidade, á vez quedefende o goberno dos filósofos.
(PT 2: : A antropoloxía platónica e vinculación da alma á cidade)
2.- Antecedentes presocráticos
Unha das influencias máis importantes de Platón é a dos primeiros filósofos, os chamados Presocráticos.
A filosofía xurde no s.VII a.C como reflexión sobre o arxé, ou sobre o principio último da Natureza ou physis por parte dos Presocráticos que sustituirán o mito polareflexión racional (paso do mito ó logos) ó plantexar que por debaixo da apariencia cambiante da natureza, existía algo permanente que era a causa e fundamento da realidade. Ó marxe da sustancia concreta que elixiron como arxé, o importante é que se fixeron a pregunta, iniciando así a filosofía e a ciencia occidental.
En xeral todos os filósofos Presocráticos influirán en Platón pero seránParménides, Heráclito e Anaxágoras os filósofos presocráticos con maior relevancia na filosofía platónica:
Parménides coa súa concepción sobre o Ser como algo eterno e inmutable, é o claro precedente das Ideas platónicas
Heráclito coa súa tese do devir e do perpetuo fluir de todo se corresponderá en Platón co mundo material e sensible.
Anaxágoras, pola súa parte, coa idea do Nous ou intelixencia...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Platon
  • Platon
  • Platon
  • Platon
  • Platon
  • Platon
  • Platon
  • platon

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS