Reseña "estética y semiótica del cine" de y. lotman

Páginas: 7 (1698 palabras) Publicado: 10 de septiembre de 2010
“ESTÉTICA E SEMIÓTICA DO CINE”
Y. LOTMAN

O propósito desta obra de Lotman non é outro que procurar dar resposta á pregunta pola peculiaridade da linguaxe cinematográfica. Tomando o filme como medio de expresión artística, analiza tanto as súas bases fotográficas como as características que o separan desta outra técnica irmá e o fan especial. Non tratará por tanto a obra cinematográfica dendeperspectivas históricas nin sociolóxicas, nin por suposto como o medio de comunicación de masas no que se ten transformado na actualidade, pois non hai que perder de vista a data da primeira edición, 1973, na que o cinema como fenómeno social era ben distinto do que podemos apreciar hoxe en día. Nembargante, estando fundamentalmente enfocada cara aspectos teóricos da construción dos filmes, ameirande parte das análises que se atopan nesta obra permanecen vixentes en tanto que se ben os medios e as técnicas cinematográficas mudaron tanto como o propio fenómeno, poden inda enfocarse e introducirse nos esquemas tratados por Lotman, que ademais procura atopar os elementos relevantes do cinema tanto tratándose de mudo como de sonoro (ambos máis que desenrolados nese momento).
En xeral, coalectura desta obra pode chegar a adquirirse unha visión do cinema como algo propiamente paradoxal inserido na encrucillada de moitas e distintas dualidades, nas que facendo inclinarse a balanza cara unha ou outra dirección pode chegarse a unha intensa tensión artística, “igual que os polos norte e sur do imán, un sen o outro non existen e constitúen o campo de tensión estrutural, no que se move ahistoria real do cine.”[1]
En boa medida eses conflitos proceden do choque da natureza fotográfica do filme con aspectos en principio alleos a este medio de expresión, pero que o cinema pugna por desenrolar. Destas oposicións hai dúas que me parecen de especial interese: o dobre carácter ficticio/realista, e o discurso a un tempo figurativo e narrativo do cinema.

I. Carácter ficticio/realista.Parte da visión da imaxe, e tanto máis da imaxe en movemento que é o cine, como un fiel reflexo da realidade; unha expresión do popular “se non o vexo non o creo”, e, claro está, do seu viceversa: se o vexo terei que crelo. É un claro contraste coa literatura, da que adoita asumirse por defecto que se trata dunha ficción, pese a toda tintura realista que presente. No cine acontece xusto ocontrario: por máis que se coñeza a existencia dun guión premeditado, duns escenarios preparados, de personaxes traballadas por quen as encarna, e incluso, da posibilidade de montaxes posteriores (e nin que dicir ten que na actualidade a posibilidade ten pasado a certeza); por máis que todo se saiba unha creación, non deixa de parecer que estamos a espreitar por unha xanela cara algo que acontece nocuarto contiguo. Créase así unha situación de dobre fío na que por unha banda aparece a consciencia de estar ante unha ficción, e por outra dáselle ao que se está a presenciar un gran crédito emocional.
Mais á hora de tomar un filme como obra artística, afírmanos reiteradamente Lotman, a confianza depositada nas imaxes foi máis ben unha traba para o mundo cinematográfico. Para entender isto,cómpre entende-la noción de información como a eliminación dunha indeterminación; noutras palabras, como o cumprimento dunha incógnita por un valor. Deste xeito, cantos menos valores posíbeis podan substituí-la incógnita, menor será a incerteza, a indeterminación, e o resultado proporcionará “menos información”. E viceversa: cantas máis sexan as posibilidades de determinación máis informativa é aposibilidade que en ultimo termo se escolla/aconteza. Vese así que a imaxe, en canto non ten máis posibilidade que reflecti-la realidade tal como a capta a cámara nun momento dado, ve estreitamente limitadas as súas posibilidades de ser informativa.
Pola contra, a creación artística fúndase na liberdade de escolla, na realización dunha obra dun modo ou outro en resposta ao procurado e querido pol@...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • El mecanismo semiotico de la cultura
  • Teoría de Lotman
  • Semiotica Del Cine
  • Semiótica del cine
  • Semiótica Del Cine
  • Estetica Del Cine
  • Estetica del cine
  • RESEÑA ESTÉTICA

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS