Románico en cerdedo

Páginas: 8 (1914 palabras) Publicado: 2 de marzo de 2011
ROMÁNICO NOS CONCELLOS DA TERRA DE MONTES
(CERDEDO, FORCAREI, CAMPOLAMEIRO, A ESTRADA)

Sara Martínez Aguete
Ester Iglesias Bello
Alexandre Martínez Pérez
P3
Introdución

Exemplos

Concello de Cerdedo
Santa Mariña de Tomonde

Concello d'A Estrada
San Xoán de Santeles
San Xurxo de Codeseda
Santa Mariña de BarcalaSanta María de Loimil
San Martiño de Riobó

Concello de Forcarei
Santa María de Acibeiro

Concello de Campolameiro
Santa María de Fragas

Anotacións bibliográficas




Introdución
Durante anos viñemos-lle chamando románico á arte europea dos séculos XI e XII. Hoxe sabemos que esta palabra,de seu, non significa nada como precisión estilística: nin se pode cingui-la manifestación artística só a estas centúrias, nin dentro deste período cronolóxico existe unidade plástica para pensar nun único estilo. As histórias xerais tenden a rompe-lo termo unitário da nomenclatura e fala-nos dos románicos -en plural-. Podemos falar, logo, dun primeiro románico que se diferéncia dun segundoperiodo que coñecemos como románico pleno; e incluso dun terceiro románico. Este último é un estilo de inércia onde se xustapoñen formas do protogótico.
Os restos artísticos en Galiza fan moi difícil a teorización sobre a orixe deste estilo. 1

Exemplos

Concello de Cerdedo

Santa Mariña de Tomonde


“Conserva a igrexa desta freguesia restos románicos,entre os que resae o curioso epígrafe fundacional inédito” 2

Achamo-nos diante da única igrexa de Montes que conserva as primitivas paredes románicas do corpo principal, con caniceles xeométricos da mesma feitura, feitos por dous planos que se cortan, coa ariesta cara a baixo, á maneira dun telladiño a duas augas invertido. En total tn nove caniceles a cada beira, sen adovíos, e sobre eles unpesado cornixamento que sostén o tellado a duas augas verquentes.
Outra particularidade da igrexa de Tomonde, que non ten nin sequer a do mosteiro de Acibeiro, é a sua partida de nacimento no dintel da antiga porta maior. Até 1932 ninguén lera integramente esta inscrición, xa que daquela inda non se fixeran as obras da actual portada, conservando-se a face románica, porque os arranxos dos séculoXVII e XVIII non abrangueron, como di Bouza-Brei, á nave principal nin á portada (que até o 1940 se conservou), de morteiro irregular empastado de cal, portada moi simple e pequena que ofrece no dintel da porta a inscrición que nos ocupa, ós lados dunha faixa de canteiria labrada coroada por cornixamentos sinxelos; enriba del un pequeño mesado do que arrincaba a espadana, dun só corpo con dous vanspara os sinos. O conxunto remata nunha pequena cruz a uns tres metros de alto.
Á parte das notas que daquelas tomou, Bouza-Brei deixou escrita á beira da porta a lectura do dintel na nosa língua: “Ista ereixa foi fundada polo presbítero Pedro, chamado Calvo pola xente. Ano 1204”. Bendito feito dos egrexos visitantes pois, ao deixar a lectura da até entón indescifrábel e máxica lenda todosdesexaron conservá-la.
A igrexa foi posteriormente remodelada, pero conservando a inscrición orixinal até inda hoxe:
HEC ECCA FUNDA
TUR A PERT PBRO QUI VULGO
DICTUR CALVIS E I CC XVIII

HEC ECC (lesi) A FUNDA
TUR A PETR(us) P(RES) B(ite) Ro QUI VULGO
DIC (i) TUR CALVUS E(ra) I CCXVIII. - (I CCXLII)

No 1940, como remataba a fachada románica a sinxela espadaña, e cáseque todas as demaisigrexas de Montes tiñan e teñen torre, os veciños non quixeron ser menos e fixeron a actual fachada e a lanzal torre, alongando uns dous metros mais a nave da igrexa. Sobre o dintel da porta principal pode-se ler: AUCTA AC ERECTA D.D. CASIMIRO CUBELA GARCÍA PCHO. 1940.
En aras dunha fachenda dos veciños e o pouco coidado do párroco liquidou-se asi a única fachada que ficaba en Terra de Montes de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Romano
  • romana
  • romano
  • Romano
  • romano
  • romanos
  • Romano
  • Romano

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS