Siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii

Páginas: 6 (1461 palabras) Publicado: 13 de diciembre de 2010
Análisis xeral
Para estudar os aspectos informativos relacionados cos nosos obxectivos e hipóteses, imos clasificalos en tres grupos, segundo se atopen encadrados no proceso de elaboración das noticias: recollida, escolma (ou seleción) e edición.
Recollida
A principal función dun xornalista é a de exercer de intérprete da realidade, polo que ademais de informar debe formar, entreter etematizar. A recollida de información constitúe o primeiro eslabón da cadea de procesos dos que consta a elaboración das noticias. Pero, quen proporciona ao xornalista esa información que posteriormente filtrará ou interpretará para dar a coñecer a realidade ao conxunto da sociedade?
Son as chamadas fontes de información e trátase tanto de persoas como de organismos ou institucións; o seu contraste éfundamental para aumentar a credibilidade da información emitida e para ofrecer un enfoque o máis obxectivo ou contrastado posible. A información proporcionada polas fontes chega ao periodista a través de distintos canles de acceso que posteriormente pasaremos a comentar pola súa importancia no proceso de recollida de información. Son determinantes para a credibilidade e o prestixio dun periodistaas fontes que habitualmente consulta e que constitúen a base das información sobre as que máis tarde se vai traballar.
Como xa dixemos, estas fontes poden ser individuos, pero tamén institucións ou organismos. Compételle ao xornalista decidir se vai contrastar a súa información coa proporcionada por particulares afectados de xeito directo ou indirecto polo sucedido (fontes persoais), coa emitidadende as institucións relacionadas dalgún xeito co asunto (fontes institucionais) ou con ambas.
No telexornal de TVE, ao igual que na meirande parte deles, pódense atopar exemplos destes dous tipos de fontes pero, cal é a pretensión dos seus xornalistas á hora de escoller a orixe da súa información? Decántanse por fontes institucionais ou prefiren centrarse nos testimonios dos afectadosdirectamente polos feitos?
Identificar e analizar as distintas fontes de información empregadas polos xornalistas da cadea, en concreto no telexornal do día 26/10/10, levounos a constatar un evidente predominio do recurso das fontes institucionais en detrimento dos protagonistas das distintas informacións como fonte: no tema das pensións, son as distintas institucións gubernamentais as que expoñen asúa postura, e non os pensionistas que se poderían ver afectados polas reformas nesta materia; no asunto que no medio se denomina a operación de regularización fiscal más importante en nuestro país son contrastadas tanto a fonte que constitúe Carlos Ocaña como a da portavoz do Grupo Popular no ámbito de Facenda e incluso se inclúen unhas declaracións do Secretario Técnico do Rexistro de Economistase Asesores Fiscais, pero en ningún momento se enfoca o feito dende o punto de vista dos contribuíntes, que son sen dúbida os principais causantes ou motores da noticia. E así un largo etcétera de noticias nas que hai que conformarse coas intervencións dos Ministros no Congreso dos Deputados ou co mítin político dun Presidente para formar a nosa propia visión crítica dos feitos, obviando unha parteimportante no transcurso deles: esta parte fórmana as opinións dos cidadáns de a pé que aportarían outro punto de vista e axudarían a completar toda a colección de enfoques para, contrastándoos á súa vez o propio lector, configurar un criterio ou unha opinión persoal dos acontecementos. As declaracións da xente da rúa aparecen especialmente naquelas noticias consideradas de menor influencia anivel, sobre todo, político ou económico: a noticia que trata sobre os daños cerebrais que sofre gran parte da nosa poboación é contrastada directamente polas persoas que padecen os problemas, e o mesmo cos sucesos concretos, coma o caso do terremoto incluído neste telexornal no que se contrastaba tamén a fonte dos habitantes das zonas afectadas polo desastre. En resumo, a fonte máis próxima aos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS