Test Dibujo Familia

Páginas: 10 (2455 palabras) Publicado: 3 de noviembre de 2013
Práctica 1. o test do debuxo dunha familia (Corman, 1961)

A Psicanálise: Coñecemento e aplicación dun test proxectivo infantil
1. Presentación
2. Obxectivos
3. Desenvolvemento do seminario
4. Precaucións a hora de interpretar o test
5. Pautas a seguir na aplicación do test
6. Interpretación
6.1. Interpretación baseada nos aspectos formais do debuxo
6.2. Interpretación baseada nocontido do debuxo
7. Presentación do informe da práctica
8. Documentos

1. Presentación
O debuxo da familia é un test da personalidade, rápido e de fácil aplicación, que posibilita a manifestación dos conflictos da personalidade infantil a través da actividade creativa do neno. No debuxo vai a expresarse a forma en que un neno-a se sitúa na familia, cos seus conflictos e os seus problemas deadaptación. Segundo Corman, os conflictos na infancia son principalmente de dous tipos: os conflictos de rivalidade fraterna e os conflictos edípicos. Nos dous actúan as tendencias primitivas do ser humano: o amor e a agresividade que dictan as súas atraccións e repulsións. O test pódese aplicar a partir dos 5-6 anos e non precisa mais material que unha mesa, un papel e un lapis.

2. Obxectivos:(i) comprender a teoría psicanalítica e empregar os conceptos estudiados para a interpretación de debuxos infantís; (ii) Coñecer un test proxectivo moi empregado na práctica psicanalítica: “O test do debuxo da familia” de L. Corman.

3. Desenvolvemento da práctica
Os alumnos/as deberán asistir á explicación do test que fará a profesora en clase. Posteriormente, aplicarán o test a un neno eelaborarán un informe seguindo as pautas que se establecen neste dossier.

4. Precaucións á hora de interpretar o test
a) O test da familia solo ten valor na súa aplicación clínica. Contextualizado no suxeito e no problema polo que está na consulta.
b) Como todo test proxectivo, tan so permite formularse hipóteses sobre a personalidade do suxeito estudiado, hipóteses que posteriormente haberáque confirmar facendo mais indagacións.
c) Para que o test sexa válido debe ser interpretado por un psicólogo de competencia probada durante unha longa práctica. Ademais, é necesaria unha boa formación psicanalítica. Como indica o propio Corman: “So un psicanalista experimentado poderá descubrir nos debuxos dunha familia, un simbolismo rico, e extraer deduccións que o leven lonxe, mentres que unpsicólogo principiante debera mostrarse prudente nas súas interpretacións e demostrar coidadosamente o que anticipa” (Corman, p. 49).
Queremos que o estudante comprenda que tan so vai a facer unha práctica que lle de a coñecer un test. A interpretación que poida facer do debuxo non ten ningunha validez.

5. Pautas a seguir na aplicación do test
Elixiremos un neno-a entre 5 e 13 anos de idade.a) Dámoslle unha folla de papel en branco e un lapis, e a indicación “debuxa unha familia” ou ben ”imaxina unha familia que ti inventes e debúxaa”. Se vemos que non o entende, podemos engadir: “debuxa todo o que queiras, as persoas da familia, obxectos, animais”. Pídeselle que debuxe unha familia, non a súa familia. Porque pode sentirse obrigado a debuxar obxectivamente e fielmente a súa familia.Respectando orde, estatura, cos verdadeiros caracteres de cada un, etc. En cambio, ó debuxar unha familia que se imaxina, prevalece a subxectividade, e é mais fácil que se proxecte a súa personalidade e os seus conflictos internos.
b) A forma en que constrúe o debuxo interesa tanto como o resultado final, polo que hai que estar presente mentres fai o debuxo. Non debe parecer que o vixiamos. Asveces, hai que animalos, sorrirlles, alentalos, ou axudarlles dicíndolles que non importa a perfección do debuxo (non é unha proba do cole para poñerlle nota), o importante é o que vai a debuxar. Anotaremos en qué lugar da páxina empezou o debuxo, e con que personaxe. A orde en que son debuxados os distintos personaxes é moi importante, así como o tempo que emprega en debuxar cada un deles, o...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • test del dibujo de la familia
  • Aplicación Test Dibujo De La Familia
  • Test Dibujo De La Familia
  • Test del dibujo de la familia
  • Test dibujo de la familia
  • test del dibujo de la familia
  • Test de dibujo de Familia
  • Dibujo de la familia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS