Tsu en informatica

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 62 (15305 palabras )
  • Descarga(s) : 4
  • Publicado : 30 de mayo de 2010
Leer documento completo
Vista previa del texto
guía turística /

Edita / Concello de Negreira Patrocinan / Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia e Concello de Negreira Textos e coordinación xeral / X. Amancio Liñares Giraut Fotografía / Paco Rodríguez Traducións / Antonio Puentes Chao (castelán), María José Noenlle Cancela (inglés), Álvaro Barreiro Luaña (portugués), María Lucas Selles (francés), Cati Viotto Rubira (italiano),Mónica Forján de la Fuente (alemán) Deseño / tresCtres Impresión / eurográficas
Negreira

Ferrol A Coruña Lugo Santiago

D.L. C 1144-2009 Agradecementos / Museo do Pobo Galego e todas as persoas e entidades que colaboraron nesta edición

Pontevedra Ourense

Vigo

Impreso en Galicia, 2009

Vimianzo Muxía
AC-552 AC-400

Val do Dubra

Tordoia

N-550

Ordes

Santa Comba Zas TrazoXALLAS Dumbría
AC-552 Bugallido

Cee

Oroso
AP-9

BARCALA
Landeira A Pena Broño

A Baña

Corcubión
AC-550

Mazaricos
Campolongo

O Pino
Covas Zas

Alvite Aro Campelo

N EG R E I R A EI
Portor Logrosa

N-550

Gonte

Ames SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xallas AC-400

Carnota Outes

AC-3404

Arzón Lueiro AC-550

Liñaio

Encoro Barrié de la Maza

AG-56

BriónAC-543

Muros Noia
AC-550 AC-550 AC-308

A MAÍA

AP-9

Boqueixón

Rois
N-550

Teo
AP-53

Lousame

Padrón

Vedra

O espazo e a economía

01

Negreira (lat. 42º54’ N, lonx. 8º44’ O) é un concello da provincia da Coruña e diocese de Santiago, que ten 115,1 km² e 7.018 habitantes (febreiro de 2009), nas parroquias de Alvite, Aro, Arzón, Broño, Bugallido, Campelo,Campolongo, Covas, Gonte, Landeira, Liñaio, Logrosa, Lueiro, Negreira, A Pena, Portor, Xallas e Zas. O termo municipal, encadrado na bisbarra do Val de Barcala, presenta amais unha zona de meseta e montaña máis alta (terras do Corzán). Ten como lindeiros os concellos da Baña e Santa Comba (N), Brión e Outes (S), Ames e Brión (L) e Mazaricos e Outes (O).

/ Xeoloxía, orografía, hidrografía /

A zona deNegreira áchase incluída nunha área de rochas graníticas hercinianas de dúas micas e de esquistos migmáticos granitizados. O Val de Barcala ábrese na área de lenes montañas e amplos vales da Galicia occidental. O marco físico da comarca debúxase cun relevo moi irregular, que conforma unha paisaxe de variable aptitude agropecuaria. A altitude media municipal é de 258,44 m. O val móstrase pechadopolo

sur coas alturas do Cornado, que engarzan cos cumes do Arades e os montes da Pena (máis de 500 m). O terreo é fértil, con bos pasteiros e masa forestal. Os vales abertos polos afluentes do Tambre definen o gran sector no que se asenta a maioría da poboación, cun relevo favorable para a vida humana.

A trama hidrográfica barcalesa inscribe un nome principal: o Tambre, límite meridional dacomarca. Por Negreira discorren tres ríos que desembocan nel: o Corzán, o Pequeno e o de Negreira. Outras canles secundarias son o Donas e o Rego de Xallas.

/Clima /

O Val de Barcala coñece un clima temperado e húmido, con precipitacións que poden superar os 2.000 mm anuais. A comarca inclúese, pois, dentro do dominio climático oceánico hiperhúmido. As temperaturas presentan un cadromoderado, cunha amplitude de 10,7 °C, oscilación entre os meses de xaneiro (7,2 °C) e xullo

(17,9 °C). En Negreira pode apreciarse unha temperatura media anual de 12,1 °C. As brétemas no fondo do val constitúen un trazo peculiar, sobre todo na vila do Cotón. Disponse duns excelentes terreos para o millo, as forraxeiras e os prados, que medran doadamente case todo o ano.

/ Bioxeografía /

Avexetación natural tapiza a meirande parte de Barcala, pois aínda que a ocupación humana do espazo pode cualificarse de intensa, en ningún momento as superficies de labor e mais os prados chegarán a cubrir o 50% do territorio. A paisaxe vexetal orixinaria viría definida pola presenza de bosques de caducifolias (carballos, castiñeiros e bidueiros), que deixarían o seu lugar a toxeiras e xesteiras...
tracking img