Unidade Did Ctica

Páginas: 10 (2453 palabras) Publicado: 21 de julio de 2015































2º Ed Infantil



1. XUSTIFICACIÓN
A cor está presente en todos os elementos que nos rodean. Pero... ¿como sería o mundo sen cores?
A decisión de elaborar unha unidade didáctica que teña como eixo vertebrador o tema das cores ven dada pola importancia que as cores teñen para na vida xeral dos nenos, pola súa presencia no entorno e polasignificación que estes poidan ter.
Pareceunos interesante familiarizar aos nenos coas diferentes cores mediante actividades que lles permitan descubrir, ademais dos conceptos relacionados coas cores, outros moitos obxectivos xerais da Educación Infantil.
Ademais disto cremos que o tema das cores permite un traballo dinámico e interactivo, que resulta moi estimulante para os alumnos.
Esta unidadedidáctica está enfocada, entre outros obxectivos, a conseguir que os nenos se familiaricen coas TICs, dada a importancia destas técnicas no contexto social no que hoxe nos atopamos. Para isto os nenos realizaran tarefas co programa de Power Point, verán películas...
As actividades desta unidade didáctica están dirixidas a nenos de 4 – 5 anos, e realizaranse durante dúas semanas aproximadamente; xaque nos parece un tempo necesario para realizar tódalas actividades propostas para que os nenos adquiran e comprendan os contidos presentados dun xeito significativo.
Do mesmo xeito, os materiais utilizados para realizar estas actividades e o procedemento das propias actividades están pensados para que os alumnos desenvolvan e melloren as súas propias capacidades e habilidades motoras,lingüísticas, cognitivas e afectivas.
En conclusión, nesta unidade didáctica o que pretendemos é que os nenos se familiaricen coas diferentes cores desenvolvendo, para iso, diversos tipos de actividades e xogos que sexan de interese para eles. Non pretendemos unicamente presentarlles conceptos soltos coa intención de que os memoricen, ou levar a cabo actividades monótonas e repetitivas, xa que cremos que deesta maneira non conseguiremos que os alumnos asimilen adecuadamente os contidos plantexados.
O que pretendemos é levalos a que descubran e interioricen as cousas por si solos, a través da súa propia experiencia e de unha forma amena e divertida.
Con todo, invitámolo a probar a nosa unidade: ¡mans á obra!




2. OBXECTIVOS
Vamos a diferenciar entre obxectivos conceptuais, procedimentais eobxectivos actitudinais.
OBXECTIVOS CONCEPTUAIS
O nenos será capaz de:
Identificar a cor vermella, azul, amarela, branca e negra.
Identificar as cores complementarias como resultado da mestura das cores primarias, así como as súas tonalidades (claro, escuro). Polo tanto, recoñecer a cor verde como mestura do amarelo e o azul; a cor laranxa como mestura do amarelo e vermello e a cor morada comoresultado da mestura entre o azul e o vermello.
Recoñecer obxectos de diferentes tamaños.
Describir as cores de certos obxectos.
Clasificar e comparar obxectos segundo a cor.
Enumerar obxectos da cor que se lles solicita.
Recoñecer as principais partes dun ordenador: pantalla, rato e teclado.
Identificar algunhas obras plásticas coñecidas.
Recoñecer que existen diferentes planos.
Comentar posiblesutilidades do ordenador segundo a súa experiencia.
Identificar contrastes tonais.

OBXECTIVOS PROCEDIMENTAIS
O neno será capaz de:
Coordinar e controlar as habilidades manipulativas de carácter fino, utilizando correctamente os utensilios de pintura.
Experimentar mesturando cores para descubrir a formación dalgunhas cores secundarias: verde, laranxa e morado.
Explorar e utilizar materiais específicospara a producción plástica.
Asociar cores con sensacións.
Experimentar con diferentes texturas.
Elaborar un bodegón de froitas de diferentes cores elaborando, polo tanto, as súas propias produccións.
Manexar con certa soltura o rato, sendo capaz de realizar as actividades presentadas no Power Point.
Experimentar os efectos que as cores producen sobre diferentes superficies.

OBXECTIVOS...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • UNIDADES DID CTICAS 2015
  • unidades did cticas 3
  • UNIDADES DID CTICAS ADAPTADASGEOGRAF A
  • ACTIVIDADES UNIDADES DID CTICAS
  • Did Ctica
  • DID CTICA
  • Did Ctica
  • Did Ctica

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS