Xeración nos

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 13 (3151 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 6 de enero de 2011
Leer documento completo
Vista previa del texto
TEMA 2.

A xeración Nós. Autores e obras.

1. Introdución: o concepto de xeración

En historia pénsase que as distintas xeracións coexistentes demarcadas nun tramo non superior a quince anos manteñen relacións coincidentes ou polémicas. O método das xeracións consiste en proxectar esta estrutura sobre o pasado para poder imaxinar dende dentro a loita entrevarias xeracións nun determinado corte sincrónico. O concepto de xeración entrou primeiro na historiografía literaria castelá e, máis tarde, na galega, ao cuñarse o termo Xeración Nós.

Toda xeración debe cumprir oito condicións:
- nacemento en anos pouco distantes
- formación intelectual semellante
- relacións persoais entre autores
- participación en actos colectivos propios
- existenciadun acontecemento xeracional que aglutine as vontades
- presencia dun guía
- linguaxe xeracional caracterizadora entendida como trazos comúns de estilo
- estancamento da xeración anterior.

2. A xeración Nós

Algúns teóricos falaron da Xeración Nós como a que se vinculaba coa revista que lle deu nome. A revista “Nós” naceu en Ourense en 1920 supervisada por Risco. Nela colaboraron OteroPedrayo, Cuevillas, Castelao, Cabanillas e outros autores máis novos como Cunqueiro, Blanco Amor, Bouza Brey, etc. “Nós” creouse para divulgar as ideas do grupo e espallar a ideoloxía nacionalista; nela couberon artigos literarios, etnográficos, folclóricos, arqueolóxicos, e, en menor medida, de política e economía.
Nesta revista colaboraron daquela persoas moi heteroxéneas e de moi distintasidades: dende Noriega Varela a Cunqueiro, por exemplo; por iso, a diferencia de idade e a heteroxeneidade invalida o uso de xeración para referirse aos colaboradores de Nós. deste xeito, algúns estudiosos restrinxiron o concepto de xeración e delimitaron o Grupo Nós como o formado por literatos residentes en Ourense e nados entre 1880 e 1890 e que evolucionaron dende un cosmopolitismo elitista a ungaleguismo universal. Esa toma de conciencia apareceu reflectida en Nós, os inadaptados, de Risco; en Arredor de si, de Otero Pedrayo, e en Dos Nosos tempos, de Florentino Cuevillas.
Desta maneira o Grupo Nós estaría constituído polo chamado Cenáculo Ourensán, constituído por estes tres autores. Os tres, ademais de naceren en datas próximas, compartían as seguintes características:

- Unharigorosa formacións universitaria: Risco estudiou Dereito e Maxisterio; Otero Pedrayo licenciouse en Filosofía e Letras e en Dereito, e doutorouse en Xeografía; Cuevillas, licenciado en Farmacia, investigou a Prehistoria.

- Mantiñan relacións entre eles, que os levaron a participar na política guiados por unha ideoloxía conservadora, que rexeitaba a sociedade industrial e idealizaba a sociedadetradicional, na que ocupaban postos de privilexio.

- Creación da revista “Nós” para incidir pedagoxicamente no pobo galego e devolverlle a personalidade propia, enmascarada pola cultura castelá e que debía abrirse a Europa bebendo directamente das súas fontes.

Aínda que admitamos que os membros deste grupo reúnen a maioría dos requisitos xeracionais, só estariamos falando dunha fracción detoda a xeración nada entre 1880 e 1890 e, ademais, os estilos dos literatos do grupo, antes que trazos comúns, teñen particularismos evidentes, tales como o barroquismo carente de humor de Otero Pedrayo e o humor esperpéntico de Risco.
Aos homes do cenáculo ourensán sumaremos a Castelao por compartir, aínda que de esguello, algunhas características do grupo (evolucionar desde o conservadurismoao galeguismo, participar na revista Nós, nacer en datas próximas a dos outros membros do grupo...) e por ser incluído na maioría das historias da literatura galegas como home do grupo.

3. Periodización da Xeración Nós

É posíbel marcar tres etapas na evolución desta xeración:

a) · O pregaleguismo

Como xa vimos, o núcleo da xeración xurdiu na cidade de Ourense cara ao ano...
tracking img