A Conciliación Da Vida Laboral E Familiar No Concello De Ames

Páginas: 15 (3541 palabras) Publicado: 23 de octubre de 2012
INTRODUCIÓN E OBXECTIVOS DO TRABALLO
A conciliación, é dicir, a compaxinación da vida laboral, persoal e familiar, é un tema moi presente na sociedade actual. Todo o mundo precisa tempo para a formación, o ocio, a familia, o traballo remunerado… pero non sempre se consegue. Penso que é un tema a tratar moi interesante, xa que a calquera lle pode xurdir unha situación na que teña que desenvolverdistintas facetas e lle sexa difícil poder coordinalas. O obxectivo principal deste traballo é o desenvolvemento de varias políticas e leis que pretenden facilitala, tanto a nivel nacional coma autonómico e local. Ademais, consideraranse os resultados obtidos tras a aplicación das diversas medidas e os aspectos a mellorar para conseguir que todas as persoas poidan compaxinar a vida persoal e oemprego.
Tradicionalmente, o traballo na casa e o coidado de nenos e anciáns era unha función desempeñada polas mulleres, pero a partir da década de 1976 esta foise incorporando ao mercado de traballo, sen que o home fixese o mesmo co traballo no fogar; para que esta situación fose sostible, é dicir, que os dous sexos estivesen ben incorporados ao traballo continuando, á súa vez, coa vidafamiliar, era necesario o desenvolvemento de medidas que facilitasen a conciliación.
No ano 1976 a taxa de actividade (é dicir, as persoas que estaban no mercado de traballo en relación ás que poderían estar) dos homes en España era do 77,57%, mentres que nas mulleres era do 28,53%, porque estas, na sociedade machista na que vivían, tiñan o papel de quedar na casa en lugar de traballar. Os datos dedesemprego eran parecidos entre ambos sexos, entre o 4 e o 5%. Coa chegada da democracia a España, a muller comezou a ter máis liberdades, a reclamar os seus dereitos (coma o do emprego)… é dicir, pretendíase chegar á igualdade. Unha das consecuencias disto foi a incorporación da muller ao mercado de traballo; deste xeito no ano 1990, os datos converxeran, chegando a taxa de actividade ata o 68,43% e o34,56%, respectivamente, aínda que a cifra feminina continuase a ser moi inferior á masculina. Porén, a taxa de desemprego das mulleres disparárase (era do 24,17%), mentres que a dos homes só aumentara ata o 11,74%. Isto quere dicir que o número de mulleres que buscaba traballo se incrementara, pero seguíase a preferir a homes á hora de contratar. Causas desta taxa elevada eran que, como asmulleres eran as que tradicionalmente coidaban do fogar, tiñan máis problemas para aceptar un emprego (polos horarios) e collían máis baixas que os homes, porque podían quedar embarazadas. No 2010, os datos de actividade eran do 67,72 e 52,5%, reducíndose aínda máis a diferenza, e a taxa de desemprego seguía sendo maior no caso do sexo feminino.

Nestas dúas gráficas da evolución das taxas deactividade e desemprego en España dende 1976, pódese observar o proceso de converxencia sufrido, malia que aínda se atopen as mulleres nunha situación de desvantaxe.
No caso de Galicia, o sexo feminino atopouse nunha situación mellor ca en España ata comezos dos 90, cunha taxa de actividade bastante alta (sempre entre 40 e 50%) debido a que antigamente moitas mulleres tiñan empregos na agricultura ouno marisqueo (actividades que podían desenvolver á vez que coidaban da casa e dos fillos), pero que non medra co paso do tempo. A taxa de desemprego era menor que a dos homes, pero dende 1986 a situación invértese.
Tamén é importante respecto ao tema que a poboación está envellecendo (tanto a nivel Estatal coma autonómico) e son necesarias novas estruturas e axudas para que non sexa necesarioque algún familiar teña que quedar coidando dos maiores, en lugar de traballar. O 32% dos coidadores de anciáns no ano 2000 eran as fillas, mentres que os homes só representaban o 6%.
No ano 1995 celebrouse en Pequín a IV conferencia mundial sobre as mulleres, na que 189 estados asinaron un acordo para potenciar o reparto de responsabilidades entre os dous sexos.
Ademais, para facilitar a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Conciliacion de la vida laboral
  • Conciliacion de la vida familiar, laboral y personal
  • La conciliacion laboral y familiar
  • Conciliacion familiar y laboral
  • Conciliacion vida personal y familiar
  • Conciliacion de la vida laboral y familiar o corresponsabilidad
  • Absentismo laboral: conciliación vida laboral y familiar
  • Análisis sobre la conciliación de la vida laboral y la vida familiar

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS