A esmorga

Páginas: 8 (1867 palabras) Publicado: 9 de abril de 2011
“A esmorga” de Eduardo Blanco Amor

Resume do argumento
O autor comeza o relato da obra informándonos de que o narrado é algo que sucedeu hai algún tempo na cidade onde naceu, e a información recolleuna buscando nalgúns papeis e falando con testigos do caso.
Cibrán é un picapedreiro, un acusado que declara ante un xuíz, centrando a súa declaración na tráxica historia del e dos seuscompañeiros: o Bocas e o Milhomes, homes marxinais da sociedade.
Cibrán conta que cando vai cara o traballo atopa o Bocas e o Milhomes bébedos nunha carreteira, e convencenno para que vaia con eles de esmorga. Pasan o día enteiro (no que chovía abundantemente) polos baixos fondos da cidade de Auria, de borracheira, vagando por varios lugares e bebendo sen cesar.
Ó saír dunha taberna deciden ir opazo dos Andrada, onde din que vive unha fermosísima muller que pouca xente ollou. Métense por un burato do xardín e ollana dende lonxe nunha galería. Ó marchar, o Bocas comeza a cavilar, porque quedara namorado da fermosura da muller.
Despois de seguir vagando por Auria, o Milhomes ten a idea de ir a un pazo onde traballa un parente seu, quen lles invita a quedarse na bodega , onde seguen a beber.Por descoido préndenlle lume ao pazo e escapan de alí.
Como tiñan algo de cartos, decidiron ir a unha casa de alterne. Na primeira bótanlles fóra, e unha das mulleres dille ao Cibrán que o Bocas deixou un home morto a noite antes nunha taberna. Teñen que saír a carreira daquel lugar, e van a outra casa de alterne, onde son mellor recibidos, aínda que ó final tamén lles botan fóra.
Fan plansde saír de Auria en tren pola mañá cedo, e para facer tempo dan voltas polas rúas, e nunha churrería o Milhomes rouba duas botellas de augardente e continúan bebendo e vagando. Para que non lles atopen, agáchanse nunha igrexa, e ó saír van ó mesón do Roxo, onde perden todos os cartos.
Deciden voltar á casa dos Andrada, porque o Bocas ten a teima de estar coa muller que virán pola mañá. Entrandentro da casa, pero o Bocas e o Milhomes rouban unhas alfaias. Andan pola casa ata atopar a muller, que resultou ser unha boneca, e o Bocas enfurécese e afirma que quere estar cunha muller que non sexa unha prostituta.
Para satisfacer esa teima van ó vertedeiro de Auria, onde vive unha muller, Socorrito, que din que está tola, e o Bocas oblígana a estar con el. Cando o Milhomes e Cibrán escoitanos berros da muller van onda eles. O Milhomes saca unha navalla, e fere a Cibrán cando trata de paralo. Crávalle tamén a navalla ó Bocas e o mata. O Milhomes escapa do lugar por unha lagoa xeada, pero o xeo rompe e desaparece afundido.
O rematar Cibrán o relato dos feitos, o xuíz ordénalle voltar ó cuartelillo, pero desesperado, Cibrán colle a navalla que servira como proba e cravousena. Cibránmorreu tras declarar ante o xuíz, aínda que o autor da obra informanos que non se soubo claramente como morreu.
Estructura
A novela está estructurada nunha primeira parte chamada Documentación e cinco capítulos.
A Documentación é un curto relato a modo de introducción no que o autor informa sobre como recolleu a información para escribir a narración.
Os cinco capítulos están divididossegundo os diferentes días da declaración do Cibrán ante un xuíz:
- No primeiro capítulo, que correspóndese co primeiro día da declaración, Cibrán declara ante o xuíz unha presentación dos feitos, como comezou a historia.
- No segundo capítulo, o segundo día da declaración, Cibrán revela no final que eles prendéronlle lume ao pazo nun descuido.
- No terceiro capítulo ou no terceiro día, Cibráncontinúa narrando as falcatruadas que fixeron, e vanse descubrindo novos feitos.
- No cuarto capítulo, conta o que fixeron no pazo dos Andrada.
- O quinto capítulo é o desenlace.
Tempo no que transcurre
A novela presenta dous tempos:
* Os dous días que dura a declaración de Cibrán diante do xuíz (1º día: capítulos I e II; 2º día: capítulos III, IV eV)
* As 24 horas que dura o...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Esmorga
  • A esmorga
  • A esmorga
  • A Esmorga
  • A Esmorga
  • A esmorga
  • A Esmorga
  • A ESMORGA

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS