A Nova Narrativa Galega

Páginas: 6 (1385 palabras) Publicado: 28 de abril de 2014
A NOVA NARRATIVA GALEGA

1. Características técnicas e temáticas da Nova Narrativa Galega

A Nova Narrativa Galega (NNG) supón a asimilación dunha serie de temas, técnicas e procesos fondamente anovadores utilizados na narrativa universal do século XX. Os relatos da NNG van alén de contar unha historia máis ou menos interesante para entreter o lector. A súa lectura non é sinxela,exixindo un lector activo e intelixente, non só polos temas cheos de contidos filosóficos e simbólicos que se abren a toda a complexidade do ser humano, senón tamén polas novas técnicas utilizadas procedentes da linguaxe cinematográfica (John Dos Passos), da descrición minuciosa dos estados de ánimo do personaxe (Marcel Proust), a técnica do monólogo interior (James Joyce, Dujardin), da eliminación dunhafronteira clara entre o real e o soñado (Franz Kafka), da importancia fundamental da conduta dos personaxes (condutismo) e dos obxectos (obxectalismo) en vez da intriga (Nouveau Roman francés), etc.
No seu conxunto, a NNG presenta a seguinte serie de trazos:
Na modalidade narrativa, o narrador tradicional omnisciente é substituído por un narrador que se limita a contar o que observa,ocultándose detrás dos personaxes ou sendo un deles, adoptando un ton autobiográfico que comporta o uso da primeira persoa narrativa. A técnica do monólogo interior explora o subconsciente e pretende presentar os contidos psíquicos dos personaxes sen que sexan pronunciados e sen unha orde lóxica, tal e como flúen na conciencia do individuo. Tamén é frecuente a pluralidade de voces narrativas e a alternanciade narradores.
O tempo deixa de ser lineal, con abundantes prolepses (saltos ao futuro) e analepses (saltos ao pasado). Redúcese ao máximo o tempo que vai ser narrado (unhas horas, algúns días como máximo). Así mesmo, pasa a ser subxectivo, e dáse entrada á cronoloxía vital, en que todos os planos temporais aparecen fundidos de maneira imprecisa desde unha perspectiva psíquica.
O espazo édesacougante e atafegante, con predominio dos enclaves urbanos cheos de lugares claustrofóbicos, sórdidos, tétricos, inquietantes, enigmáticos…, creando mundos imprecisos, artificiais, irracionais, fantasmagóricos..., fusionándose en moitas ocasións o mundo real e o fantástico.
Os protagonistas da NNG soen ser individuos antiheroicos, insignificantes e sempre conflitivos, agresivos ou violentos,desarraigados, solitarios, moitas veces traumatizados por circunstancias que non lle son reveladas ou explicadas ao lector, creando amplas marxes de indeterminación e misterio. Aparecen frecuentemente obxectualizados, cousificados, desprovistos de humanidade e sentimentos (obxectalismo). Importa máis a descrición dos estados de ánimo e a conduta dos personaxes que a acción ou o argumento.
Trátasehabitualmente o tema do absurdo existencial, transmitindo unha visión desacougante da realidade, valéndose das manifestacións do subconsciente e da recreación de mitos.
A través do desequilibrio e illamento que caracteriza os seus personaxes, móstrase un certo reflexo de problemáticas sociais, reflectindo a sociedade alienante e insegura da ditadura franquista.
É frecuente o recurso áintertextualidade mediante referencias literarias e culturais, textos doutros autores, repetición de elementos doutras obras...
Está presente a influencia de artes como o cinema, a pintura e a banda deseñada.

2. Periodización da Nova Narrativa Galega

Aínda que non hai unha coincidencia unánime na periodización da NNG, sobre todo na data límite (durante os anos 70), distínguense normalmente tres fases:1. Fase de formación (1954-1961), caracterizada polo predominio da temática existencialista, a influencia de Kafka e o afán experimentalista.
2. Fase de auxe (1964-1968), caracterizada pola absoluta prioridade que se lle concede á experimentación formal e unha influencia obxectalista moi marcada.
3. Fase de liquidación (1968-década dos 70), caracterizada polo abandono paulatino do afán...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Nova narrativa galega
  • Texto narrativo
  • Galego
  • Galego
  • GALEGO
  • Galego
  • Nova
  • los nov

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS