1. Cantigas de burlas

Páginas: 6 (1489 palabras) Publicado: 14 de mayo de 2014
Cantigas de burlas, Xéneros Menores, Cantigas de Santa María e Prosa medieval

1. Cantigas de burlas: A cantiga de escarnio e a cantiga de maldizer
1.Introdución




Teñen finalidade satírica e burlesca.
O seu modelo é o 1siventés provenzal.
Son como unha especie de reportaxe, en clave burlesca, dos acontecementos máis ou
menos escandalosos da época.

1

Nota: Sirventésprovenzal: era unha composición satírica que se servía da estrutura e da
melodía dunha cantiga doutro xénero. A través destas composicións, os trobadores provenzais
censuraban as persoas, criticaban malos costumes, a política, etc.
En contra do que sucedía coas sátiras galego-portuguesas, que basicamente pretendían
divertir e tiñan un ton chocalleiro en busca da ridiculización, o sirventés tiña unhafinalidade
moral e social e un ton serio e levado.

2.Diferenzas entre a cantiga de escarnio e de maldizer
a) Segundo a Arte de Trobar: as cantigas de escarnio son aquelas que se basean na equivocatio
(palabras con dobre sentido). Satirizaban, pois, de maneira encuberta ou indirecta.
As cantigas de maldizer, porén, non usan este recurso e empregan palabras directas para
ridiculizar ousatirizar.
b)Podemos engadir outra diferenza: nas cantigas de maldizer utilízanse termos abertamente
obscenos.

3.Temática




Máis variada que a da poesía amorosa.
Son espello da sociedade da época e da mentalidade do home medieval: valores e
prexuízos, obsesións e medos…
Motivos das burlas:
 Un gran número de cantigas teñen como obxecto das súas burlas as mulleres,
en contraste coaidealización da lírica amorosa.
 Todo aquilo que se apartase da norma cortesá de: home-cabaleiro-cristián:
xudeus, médicos, mercaderes, eclesiásticos serán motivo de burla.
 As habilidades literarias dos poetas.

4.Tipoloxía
a) Sátira política. Entran de cheo nos problemas políticos e militares que preocupan aos
monarcas do S. XIII. Distinguimos dous ciclos de cantigas:


Críticas aos cabaleiros que entregan os seus castelos a Afonso III o Boloñés na
guerra portuguesa de 1246, rompendo as obrigas vasaláticas que os unía co rei
Sancho II.
Crítica de Afonso X aos nobres que o traizoaron e lle negaron a súa axuda na
guerra de Granada de 1264, aos que se lles censura a súa covardía e
deslealdade.

b) Sátira literaria. Multitude de cantigas burlescas teñen como motivo apropia literatura e os
seus autores: os enfrontamentos literarios eran unha especie de xogo de enxeño para
demostrar as habilidades literarias e dar saída ás rivalidades persoais.
Distinguimos 3 ciclos:





Enfrontamentos entre xograis e trobadores, ao reclamaren os xograis un rol de
compositores igual aos dos trobadores. Tamén entran neste ciclo as burlas a xograis
pola falta decalidades artísticas.
Parodia do código do amor cortés no que se ridiculizan os temas e a linguaxe das
cantigas de maor.
“Ciclo das amas e tecedeiras” composto por un nutrido grupo de poemas motivados
polo capricho do nobre portugués Joan Soarez Coelho de dirixir unha cantiga de amor
a unha ama de cría. Esta alteración do código do amor cortés provocou a burla de
varios trobadores.

c)Sátira social. Burlas de vicios, costumes, defectos físicos. A miúdo estas cantigas estaban
dirixidas a un individuo concreto que era tomado como prototipo ou representante dun grupo
ou clase social determinada. As citas a grupos sociias focalízase sobre todo en 2 grupos:



Os infanzóns e cabaleiros pobres, ridiculizados polas súas pretensións nobiliares e a
miseria na que viven.
Os cregos,frades e monxas, aos que se censura polos seus vicios pouco cristiáns, en
especial a gula e a luxuría.

d) Sátira obscena. Búscase o riso fácil con referencias máis ou menos encubertas, ao sexual e
ao escatolóxico. Esta temática pode mesturarse coas outras ou aparecer como motivo único da
cantiga. Entre as cantigas obscenas destacan polo seu número as dedicadas ás soldadeiras.

5.A...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • El por qué de la burla
  • Cantigas De Amigo
  • Cantiga de Mendinho
  • burle marx
  • Burle Marx
  • Las cantigas de amigo
  • Clases De Burlas
  • Las burlas alejandrinas

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS