As linguas a debate

Páginas: 6 (1251 palabras) Publicado: 15 de noviembre de 2013
A análise das actitudes lingüísticas dos galegos é un tema de estudo recorrente no noso país. O Mapa sociolingüístico de Galicia (1996) así como diversos traballos publicados, como é o caso do artigo Actitudes e prexuízos lingüísticos en Galicia(2002) de Ana Iglesias, centraron a súa atención na análise destas actitudes cara á lingua propia.
O Observatorio da Cultura Galega, a través do estudoAs linguas a debate, realiza unha achega de todas aquelas actitudes cara o galego, xa analizadas noutros traballos anteriores, mais realiza novas achegas derivadas dun contexto sociolingüístico máis actual, que foi necesario actualizar posto que algún dos principais estudos neste eido superaban a decena de idade.
Aproximándonos a un punto de vista estatístico, o estudo dunha poboación no seuconxunto pode precisar de técnicas estatísticas propias como é o caso da Teoría de Mostras que permite obter características extrapolables a unha poboación a partir do estudo dunha mostra representativa da mesma. Para dito estudo, o Observatorio da Cultura Galega construíu unha mostraxe estratificada da poboación galega, empregando como criterio de estratificación o tamaño do concello e a idade doenquisado. Unha vez identificada a mostra é preciso elaborar un cuestionario de enquisa a partir do cal se lle dea resposta ao tema a estudar, neste caso as actitudes cara a lingua galega. Para isto, os autores estableceron diversas afirmacións a concordar ou discordar por parte dos enquisados. A grosso modo as actitudes avaliadas clasifícanse en: xerais fronte a lingua, cara a lingua na TVG,cara a lingua na Administración e na vida política, cara a lingua no ensino, cara ao bilingüismo e cara a toponimia.
Os resultados tirados a partir da enquisa evidencian unha situación coñecida: a vinculación da lingua galega ao entorno rural e por tanto a zonas de menor dinamismo socioeconómico; mentres que o castelán se identifica coas áreas máis urbanas e dinámicas. É importante tamén,vincular a ideoloxía política dos enquisados coa actitude fronte ás políticas a prol da lingua. Neste sentido, as persoas con maiores competencias en galego e declaradas a favor das políticas de impulso da lingua identifícanse de esquerdas mentres que pola contra, a poboación con menor identidade galega e menor coñecemento da lingua identifícase de dereitas.
Dentro das actitudes xerais estudadas naenquisa, destaca significativamente a aceptación pola metade da poboación da elección da lingua da escola en base á L1 das familias, cuestión moi debatida en canto ao formulado no Decreto 124/2007, máis coñecido como o Decreto do Galego, co que se pretendía implantar a L1 de maioría dos alumnos de infantil como lingua vehicular dentro das aulas. Esta actitude favorable cara a educación infantilmonolingüe, en castelán evidentemente, contrasta coa actitude declarada polos enquisados de cara a que tódolos galegos deberían saber falar e escribir en galego (9 de cada 10 enquisados). É preciso sinalar que en infantil os alumnos reforzarán a lingua na que se expresan e no caso de aqueles castelanfalantes nunca chegarán a ser bilingües como si o son os galegofalantes. Ademais, co acceso a cicloseducativos superiores nos que si se impartirán materias na lingua minoritaria implicará unha peor asimilación dos contidos por parte dos alumnos que descoñecen esta lingua por non ter recibido unha preparación previa.
As actitudes en canto á valoración das políticas dos tres gobernos (Fraga, PSOE/BNG e Feijoo), tamén estudadas, son notablemente similares en canto a porcentaxes de aprobación edesaprobación sendo a política lingüística do goberno de coalición PSOE/BNG a que máis apoios suscita.
En relación con isto, sinálase un 25% da poboación como a máis favorable ás políticas de promoción do galego. Mentres que o 5% da poboación enquisada se opón frontalmente e considera excesivas, un 5,3%, as políticas lingüística dos distintos partidos. Cómpre sinalar que malia que as actitudes...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Identidade E Segundas Línguas: As Identificações No Discurso.
  • lingua
  • Lingu
  • Lingua
  • A Lingua Mirandesa
  • lingua Xhosa
  • Fas Linguado
  • Pange lingua

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS