Fardel do eisilado

Páginas: 11 (2525 palabras) Publicado: 16 de abril de 2014
1. AUTOR, ÉPOCA E CONTEXTO LITERARIO

1.1. Autor
Luís Seoane López (Bos Aires, 1 de xuño de 1910 – A Coruña, 5 de abril de 1979) foi un escritor galego destacado no ámbito da poesía (tamén ensaísta, dramaturgo e editor), aínda que foi moito máis coñecido pola súa faceta como pintor, debuxante, gravador, escultor e muralista.
Os seus pais, Luís Seoane Brocos e María López Mosquera, emigraraná Arxentina tempo atrás e tiveron alí aos seus tres fillos: Luís, o maior; Rafael e Estela. Á idade de 6 anos veu para Galicia, concretamente á Coruña, onde comezaría a súa formación académica e pasaría a súa infancia. Pouco despois a familia Seoane construiría unha casa na aldea de Arca, elemento que aparecería moitas veces na súa obra. A medida que ían comezando o Bacharelato (Luís comezaría oBacharelato en 1920 no Instituto de Segunda Ensinanza “Xelmírez”) os Seoane fóronse mudando ata que a familia mudou definitivamente a Santiago en 1927, ano no que Luís comezou a licenciatura de Dereito e Ciencias Sociais na Universidade de Santiago de Compostela (USC) que remataría en 1932. Nesta etapa universitaria foi a súa primeira exposición de arte, na sala da Asociación de Amigos da Arte deSantiago en 1929.
En Santiago comezou a se implicar na defensa da democracia e da cultura galega. Neste tempo aprendería a arte da feira de Santa Susana, ao igual que Castelao ou Carlos Maside, con quen ía a facer bosquexos. Ademais nesta etapa comezaría tamén a súa actividade artística, ilustrando algúns programas de cine. Tamén participou nos faladoiros que acontecían no «Café Español» entregrandes figuras galegas da época como Dieste, Cunqueiro ou Fole, entre outros. Isto influirá en que Seoane ilustrase algunhas das obras coñecidas da época como Cantiga nova que se chama riveira de Cunqueiro ou Corazón ao vento de Iglesia Alvariño e tamén realizou diferentes ilustracións para revistas do momento como Alento, Universitarios e, por suposto, Nós.
Coa caída da ditadura de Primo de Riverae a proclamación da II República en 1931, implicouse aínda máis nos movementos intelectuais e políticos da época, en 1932 múdase á Coruña onde traballaría como avogado do Sindicato de Transportes e en 1934 funda xunto con Manuel Boedo o primeiro Estudo Xurídico Colectivo onde traballaría como avogado laboralista ata o seu exilio.
Co traslado á Coruña puido entrar en contacto coas grandes figurascoruñesas do momento participando nos faladoiros no desaparecido «Café Galicia», conseguindo que o seu nome comezase a soar por todos os círculos. Alí entrou en contacto con personaxes como os irmáns Villar Ponte, Ramón Suárez Picallo etc.

Seguindo as súas ideoloxías, ingresou no Partido Galeguista en 1933 e defendeu o si na votación do Estatuto de Galicia de 1936 co lema “o Estatuto libertaráa nosa terra” creando un cartel no que se vía a un polbo (que representa ao centralismo) agarrando a un galego polo pescozo e abaneándoo no aire para dar a entender a voracidade do sistema... Pero o estalido da Guerra Civil Española (1936–1939) truncaría todos os proxectos do Estatuto e en setembro, grazas ao nacer na Arxentina, puido cruzar a fronteira con Portugal e marchar á cidade que o viranacer: Bos Aires.
Dende alí casou por poderes en 1937 coa súa curmá, María Elvira (Maruxa) Fernández López –quen mudou á Arxentina pouco despois do casamento– coa que compartiría todo o resto da súa vida e grazas á cal creouse a Fundación Luís Seoane, a cal ela non chegou a ver aberta xa que faleceu un mes antes da súa inauguración.
Xunto con Castelao, será unha das figuras importantes políticae intelectualmente entre os galegos do exilio. Participaba nos faladoiros do «Café Tortoni», promoveu diferentes tipos de actividades culturais (organizou cursos e conferencias para a mocidade galega sobre Lingua e Literatura e Xeografía e Historia en galego, realizou espazos radiofónicos, promoveu a creación de periódicos e revistas etc.) nas que colaborou en innumerables ocasións, como a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La Do Mi Do
  • DO
  • O Do
  • DO
  • El O Do
  • Lo Has Le Do
  • El o do
  • Os Paleoamericanos Do Sudeste Do Brasil

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS