kant

Páginas: 9 (2145 palabras) Publicado: 25 de noviembre de 2014
KANT
O obxectivo principal da Crítica da razón pura é expoñer a revolucionaria visión kantiana sobre o coñecemento, visión que pretendía, ao mesmo tempo, solucionar os debates sobre o coñecemento entre as escolas Racionalista e Empirista dos séculos XVII e XVIII, e darlle unha nova perspectiva aos principais problemas da filosofía.
Introducción
A crítica sobre a razón pura é unha obra sobre opensamento usado para coñecer. Para isto parte das seguintes afirmacións:
1. O coñecemento é unha actividade usada polo pensamento mediante a cal os seres humanos coñecen a realidade para reprensentala na súa mente.
2. O coñecemento funciona por medio de tres facultades do pensamento: a sensibilidade, o entendemento, e a razón.
3. O coñecemento correcto é como o desenvolven as ciencias,especialmente as matemáticas e a física, as máis antigas e fiables.
O coñecemento cientíco cumpre dúas condicións: ofrece seguridade nas súas afirmacións e aporta nova información sobre a realidade; é unha síntese a priori. Para Kant o coñecemento é un conxunto unitario e coherente de afirmacións sobre a realidade, os xuízos.
A análise dos xuizos
Un xuízo conecta dous conceptos, un dos cales actúacomo suxeito, e outro como predicado. Existen dous criterios para dividilos.
1. Relación entre suxeito e prédicado:
a) Xuízos analíticos: O concepto do predicado xa aparece reflexado no suxeito.
b) Xuízos sintéticos: O concepto do predicado aporta información nova que non quedaba reflexada no suxeito.
2. En relación á forma de comprobar a súa verdade
a) A priori: A verdade non precisa dunhacomprobación empírica.
b) A posteriori: A verdade só pode comprobarse a través da experiencia.
Parecen reducirse só a dous tipos: xuizos analíticos semellan a ser priori; e os sintéticos a posteriori. Con isto Kant resume o que xa dixeran Leibniz e Hume; para este había dous tipos de coñecemento: coñecemento de feitos, que se dá ante a presencia de impresións e que nos permite saber o que ocorrehic et nunc, e o coñecemento de ideas procedente da relación entre estas. Kant reinterpreta estes dous coñecementos como dous xuízos: os xuízos sintéticos a posteriori, verdade empíricas que amplian o coñecemento pero non son universais nin seguras; e os analíticos a priori verdades seguras e universais que non poden ser contradecidas por nada. Os primeiros son os esenciais para os empiristas eos segundo son os que os racionalistas consideraban esenciais para basear o coñecemento.
Pero ningún dests poden garantir a posibilidade dunha ciencia xa que cada un só aporta unha das condicións esixidas: analíticos a priori ofrecen seguridade pero non aumentan o coñecemento; e os sintéticos a posteriori o contrario. En cambio, algunhas ciencias funcionan correctamente, polo tanto existen xuizossintéticos a priori nos que poida basearse a ciencia porque ofrecen tanto seguridade como ampliación do coñecemento.

As estructuras a priori do coñecemento
Debese analizar se o coñecemento humano pode crear sínteses a priori. O coñecemento é unha actividade do pensamento que ten unhas estructuras onde se reciben e organizan os estímulos da experiencia; e sen estas non sería posible ocoñecemento. Estas existen previamente, a priori, e permiten a existencia de calqueira pensamento, polo tanto son condicións de posibilidade de coñecemento.
O carácter sintético a priori do coñecemento é cando os xuízos se refiren a obxectos da realidade (sintético) estructurado segunda as leis do pensamento humano (a priori). Pero o coñecemento non garante isto en todos os niveis do pensamento, só ensensibilidade e entendemento, non en razón.

O plan da Crítica da razón pura
As diferentes facultades do pensamento deben ser analizadas por separado e con dous obxetivos: atopar e investigar o funcionamento das estructuras a priori; e comprobar a existencia dos elementos procedentes da experiencia.

A estética tracesdental
A estética é a doutrina que estuda a sensibilidade e os sentidos e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Kant
  • Kant...
  • Kant
  • Kant
  • kant
  • kant
  • Kant
  • Kant

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS