Mapas Espazos Protexidos Tma6

Páginas: 5 (1058 palabras) Publicado: 18 de mayo de 2015
Mapas dos espazos protexidos
(parques nacionais, parques naturais, reservas da biosfera)

O patrimonio é unha herdanza valiosa cuxa conservación debemos garantir para que poidan
gozar del as xeracións futuras. Adóitase diferenciar entre o patrimonio natural e o cultural, aínda que
en moitos casos resulta difícil establecer o límite entre ambos. Por exemplo, nunha paisaxe agraria
combínanse confrecuencia ambos tipos de valores.
O patrimonio natural español presenta unha enorme diversidade e riqueza. A súa
protección está regulada actualmente a través da Lei do Patrimonio Natural e da
Biodiversidade. Esta lei define as categorías en que se clasifica cada espacio natural
protexido, establece a normativa e regula como ha de xestionarse.

Algunhas categorías de protección son concedidas pororganismos internacionais como
a UNESCO. Noutras ocasións, esa función corresponde ás institucións da Unión Europea,
ao propio Estado ou ás comunidades autónomas. Pola súa banda a xestión dos espazos
protexidos realízase, na maioría dos casos, polas comunidades autónomas.
Un feito que pon de manifesto a importancia do patrimonio natural español é o
recoñecemento internacional que posúe unha partemoi significativa deste, xa que son
numerosas as áreas incluídas en categorías de protección de ámbito mundial ou europeo.
En España, a protección de espazos naturais empezou a principios do século XX, coa
Lei de parques nacionais (1916). Entón, o criterio de selección dun parque centrábase
unicamente na beleza paisaxística do lugar, polo que se lle deu prioridade ás montañas de
aspecto alpino.
Amediados de século empezáronse a considerar outros criterios, como o biolóxico
(presenza de especies interesantes ou en perigo de extinción) ou o xeolóxico (existencia de
formacións xeolóxicas especiais).
En 1975 promulgouse a primeira Lei de Espazos Naturais Protexidos, vixente ata 1989.
Ese ano aprobouse a actual Lei de Conservación de Espazos Naturais e da Flora e da Fauna
Silvestres, modificadaen 1997. Os seus obxectivos son a conservación e restauración dos
espazos naturais e a prevención para evitar a súa deterioración. A lei establece distintos tipos
de espazos protexidos. En Galicia, os espazos protexidos están regulados pola Lei de
Conservación da Natureza de 2001.

Os parques «son áreas naturais, pouco transformadas pola explotación ou ocupación
humana que, pola beleza das súaspaisaxes, a representatividade dos seus ecosisitemas
ou a singularidade da súa flora, da súa fauna, ou das súas formacións xeomorfolóxicas,
posúen uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos cuxa conservación
merece unha atención preferente». A lei distingue entre parques nacionais e parques
naturais, xestionados ambos os dous polas comunidades autónomas que os albergan.
- Osparques nacionais son espazos representativos dalgún dos principais ecosistemas
españois. Trátase de territorios extensos, singulares, pouco poboados e apenas
transformados pola actividade humana. Por esta razón, a súa conservación declárase
de interese nacional e prima sobre os demais usos. Na actualidade a rede española
conta con 14 parques, que constitúen unha excelente mostra dos ecosistemasmellor
conservados. Neles inténtase compatibilizar a conservación co uso e gozo por parte
dos visitantes, a educación ambiental e a investigación. Teñen esta categoría os
parques de Timanfaya, Teide, Garajonay, Taburiente, Doñana, Serra Nevada, Táboas
de Daimiel, Cabañeros, Monfragüe, arquipiélago de Cabrera, Aigüestortes i Estany de
Sant Maurici, Ordesa e Monte Perdido, Picos de Europa e as IllasAtlánticas de Galicia.

- Os parques naturais compatibilizan a conservación da natureza cos aproveitamentos
tradicionais e a entrada de visitantes. A variedade de climas e microclimas de Galicia
favorece a existencia de seis parques naturais: Baixa Limia-Serra do Xurés; Complexo
dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán; Fragas do Eume; Monte Aloia; O
Invernadeiro, e a Serra da Enciña da...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • JABON PROTEX
  • Protex
  • Mapa
  • Mapas
  • Mapa
  • Mapas
  • Mapa
  • Mapas

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS