marx

Páginas: 30 (7471 palabras) Publicado: 13 de febrero de 2014
 

 

O MATERIALISMO HISTÓRICO DE MARX
(traducido e adaptado do texto de CIDEAD de R. López Isern e J. Arroyo Pomeda)

1. Contextualización
Marx é o pensador de máis evidente e decisiva repercusión na historia
contemporánea. Participa directamente nas orixes do movemento obreiro, intervén na
creación en 1864 en Londres de la Asociación Internacional de Traballadores (I
Internacional),e a súa teoría proxéctase nos acontecementos que deron lugar en
1917 á Revolución Rusa e posteriormente á Revolución China (1949)...

T

1.1. Marco histórico
O século XIX é un período da historia no que culminan os grandes procesos de
transformación política, social e económica que están presentes no mundo contemporáneo: a)
As revolucións sociais de 1848. b) A implantación e crise docapitalismo industrial e financeiro.
c) A Segunda Revolución Industrial. d) As orixes e consolidación do movemento obreiro. […]
1.2. Aspectos biográficos de Marx
Karl Marx nace en 1818 en Tréveris, cidade da Prusia renana, nunha familia acomodada e
culta…Cursou os estudios de bacharelato nun centro dirixido por padres xesuítas… Despois fixo
a carreira de Dereito na Universidade, pero os seusintereses intelectuais ían sobre todo pola
Historia, Filosofía e Economía.
En Berlín frecuentou a esquerda hegeliana (Strauss, Bauer, Feuerbach, Stirner) que
interpretaban a filosofía de Hegel dende supostos progresistas, materialistas e ateos… A súa
breve tese doutoral na Universidade de Jena sobre a Diferenza da filosofía da natureza en
Demócrito e Epicuro, é súa primeira aproximación aossupostos filosóficos do materialismo.
Despois apartouse da Universidade e inclinouse por labores xornalísticos. Como redactor xefe
do xornal AGaceta renana acentuou a liña radical da publicación; o goberno someteuna a unha
implacable censura, e obrigou a Marx a deixar o seu posto ordenando o seu peche definitivo…
En 1843 trasladouse a París co fin de establecer contactos co movemento socialistafrancés.
Coñece a Blanc, Proudhon e Heine, e edita os Anais Franco-Alemáns. Aquí comeza a estreita
amizade e colaboración intelectual entre Marx e Engels (1820-1895), quen ademais o apoiará
economicamente en numerosas ocasións.
En 1845, a petición do goberno prusiano, Marx foi expulsado de París, xunto con Engels, por ser
un "revolucionario perigoso", e fixou a súa residencia en Bruxelas onde foiadmitido coa
condición de que "só se dedicase á filosofía". En Bélxica vincúlase á Liga dos Xustos, que foi a
orixe da Liga dos Comunistas, organización revolucionaria clandestina. Na primavera de 1847,
Marx e Engels redactaron o famoso Manifesto do Partido Comunista. De acordo coas ideas da
Liga, Marx renuncia expresamente á súa nacionalidade e declárase apátrida e internacionalista.
Narevolución de febreiro de 1848, Marx foi detido e expulsado de Bélxica. Trasladouse outra
vez a París, e logo a Colonia, en Alemaña. Nesta cidade foi redactor-xefe da Nova Gaceta do
Rin. Concluída a Primavera dos pobos e liquidada a revolución, a Nova Gaceta foi prohibida
polo goberno renano e Marx tivo que comparecer ante os tribunais de xustiza acusado de alta
traizón e, aínda que absolvido,foi expulsado de Alemaña.
Viviu de novo en París, pero foi outra vez expulsado despois da manifestación do 13 de xuño de
1849. Foi a Londres onde pasou xa o resto dos seus días. Viviu no Soho, un dos barrios máis
pobres da cidade, e a familia mantívose cos escasos ingresos obtidos pola publicación
dalgúns artigos no New York Tribune e a axuda solidaria de amigos, especialmente de Engels.
EnLondres empezou a traballar na súa obra máis ambiciosa O Capital, dedicada á crítica da
economía liberal. Pero volveu á actividade política, e a I Internacional (fundada en 1864)
encarga a Marx a redacción do Chamamento inaugural da Internacional, participando tamén
na elaboración do seu estatuto e outros documentos.


 

 

 

 
1.3. Principais obras
a) Obras de Marx: Diferenza da...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Marx
  • marx
  • marx
  • marx
  • marx
  • marx
  • marx
  • Marx

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS