os receptores

Páginas: 12 (2797 palabras) Publicado: 25 de junio de 2013
poden ser:
 Receptores internos: captan a información do estado fisiolóxico do corpo.
 Receptores externos: captan a información do medio. Son os máis coñecidos, xa que
constitúen os chamados órganos dos sentidos.
Sentido Estímulo Tipo de receptor Órgano dos sentidos
 Tacto Presión e temperatura
Mecanorreceptor e
Termorreceptor
Pel
 Olfacto
Substancias químicas
gasosasQuimiorreceptor Fosas nasais
 Gusto
Substancias químicas
disolvidas
Quimiorreceptor
Lingua
 Vista Luz Fotorreceptor Ollo
 Oído Vibracións Mecanorreceptor Oído
Sentidos do tacto, o olfacto e o gusto
 Tacto. Localízase na pel. A pel está constituída por dúas capas: a epiderme (máis superficial)
e a derme (máis profunda). Nesta última sitúanse os receptores táctiles, que
son terminaciónsnerviosas libres ou encerradas en cápsulas especializadas en captar estímulos
ante presións lixeiras ou fortes, e sensacións de frío e de calor.
 Olfacto e gusto. Os sentidos do olfacto e o gusto traballan conxuntamente.
– Sentido do olfacto: localízase nas fosas nasais. Estas cavidades están revestidas por
un tipo de pel denominada pituitaria, con dúas zonas: a pituitaria vermella (a predominante)e a amarela (que contén os receptores olfactivos). Os receptores olfactivos
poden captar máis de tres mil tipos de substancias gasosas.
– Sentido do gusto: atópase localizado na lingua, onde están as papilas gustativas. Son
sensibles a substancias disolvidas na saliva. Hai catro sabores básicos: doce, amargo,
ácido e salgado. Todos os demais sabores son mesturas destes catro sabores. Aintensidade
da percepción destes sabores non é a mesma en toda a superficie da lingua.
O sabor amargo percíbese mellor na parte traseira da lingua; o ácido nos bordos
laterais, e o doce e o salgado na punta da lingua.
Páxina 7 de 41
Sentido da vista
 O ollo. Polo sentido da vista obtense información do medio externo mediante a luz. Este
sentido localízase nos ollos, que teñen a seguinteestrutura:
– Capa externa: formada pola esclerótica, que protexe o globo ocular (é o branco dos
ollos). Na parte anterior chámase córnea e é transparente para deixar pasar a luz ao
interior do ollo.
– Capa media ou coroide: contén vasos sanguíneos que nutren o ollo. Por diante forma
o iris (a zona coloreada do ollo), un anel muscular que ten unha abertura, a pupila,
que se pode abrir ou pechar enfunción da luz que haxa. O músculo ciliar está
unido ao cristalino, unha lente que se atopa detrás da pupila e pode modificar a súa
curvatura para enfocar correctamente as imaxes na retina. O cristalino delimita dúas
cámaras cheas de líquido, o que contribúe a manter a forma do globo ocular.
– Retina: nesta capa atópanse os receptores, que reciben o nome de conos (responsables
da visión diúrnaen cores) e bastóns (responsables da visión nocturna e en branco
e negro).
Cando a luz chega á retina, excítanse os conos e os bastóns, que lle envían mensaxes ao
cerebro a través do nervio óptico; o cerebro procesa a información recibida e convértea
nas imaxes que vemos. A imaxe que se forma na retina é máis pequena que a do obxecto
real e está ao revés, dun xeito similar ao que se formasobre a película do interior
dunha cámara fotográfica.
Páxina 8 de 41
 Defectos da visión. As doenzas visuais máis frecuentes dependen de como o cristalino
enfoque a imaxe sobre a retina, curvándose máis ou menos.
– Miopía: é a incapacidade para enfocar obxectos afastados porque o cristalino está
demasiado curvado e non se pode estirar para enfocar.
– Hipermetropía: incapacidade para enfocarobxectos próximos porque, ao revés que
na miopía, o cristalino está demasiado estirado e non se pode curvar.
– Presbicia: perda de agudeza visual. Impide ver obxectos próximos porque o cristalino
endurece e tampouco se pode estirar.
– Astigmatismo: vense deformadas as liñas verticais porque o cristalino curva de xeito
desigual pola súa superficie.
– Cataratas: o cristalino faise opaco e non...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Receptores
  • Receptores
  • Receptores
  • Receptores
  • receptor
  • Receptores
  • Receptores
  • receptores

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS