Parque Natural O invernadoiro

Páginas: 10 (2253 palabras) Publicado: 3 de abril de 2013





1. Introdución:
A elección deste tema ten como obxectivo mostrar unha das áreas máis ricas da nosa provincia destacando as súas características naturais, así como profundizar no estudo na materia de xeografía física e humana en conceptos como o relevo galego, a súa hidrografía, vexetación, fauna, clima, composición física, etc. Pretendemos dar a coñecer a beleza dos nosos montes, danosa terra, e en principal a deste parque natural tan próximo a nós para poder contemplar a súa beleza e riqueza paisaxística.
Con este traballo perseguimos acadar o obxetivo de aproximarmos, dunha maneira máis práctica e preto de nós, a unha terra rica en recursos, en diversidade paisaxística, que ofrece múltiples posibilidades e natureza en estado puro.
A importancia que ten a elección erealización deste breve traballo reside no interese en profundizar no coñecemento desta zona ourensá e poder trasladar o aprendido, nun futuro, á nosa actividade docente.

2. Resumo:
O Parque Natural O Invernadoiro está considerado como unha das reservas naturais galegas mais importante. Declarado en 1997 espazo natural de carácter montañoso situado ao sur do Macizo Central, mostra a típicapaisaxe dos montes galegos de altos cumes redondeados, variedade de fauna e vexetación autóctonas e a súa fácil accesibilidade. Estas características convérteno nun lugar de interese comunitario e turístico.

3. Desenvolvemento:

3.1 Xeografía Física o Medio Natural:

Situación planetaria e xeográfica:
A situación planetaria do Parque O Invernadoiro é de 42° 9' 53'' Latitude Norte,  7° 11' 0''Lonxitude Oeste.
Situación rexional:
Xeograficamente, o Parque Natural do Invernadoiro é un espazo natural de carácter montañoso situado ao sur do Macizo Central e está situado no concello de Vilariño de Conso. O Macizo Central Ourensán abarca a área montañosa das comarcas centrais desta provincia, nos municipios de O Bolo, Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo,Quiroga, Larouco e Montederramo y Villar de Barrio.
Limita polo norte cos montes comunais de Camba (Laza) e Vilariño de Conso e coa serra de Queixa (Chandrexa de Queixa); ao sur có encoro das Portas e o monte comunal de Campobecerros (Castrelo do Val); ao leste coa divisoria dos ríos Ribeira Grande e Conso; e ao oeste coa serra do Fial das Corzas (Camba, Laza).

Relevo:
Para levar a término oestudo do relevo do Macizo Central Ourensán, dividiremos este na composición das súas rochas (litoloxía), no nacemento e formación das súas unidades de relevo (oroxénese) e cales son as formas de relevo que predominan (morfoloxía).
Litoloxía: O relevo está fundado sobre un sustrato de esquistos e cuarcitas ao sur, e por granitos hercínicos de dúas micas, ao norte e nordeste; sempre dentro dodominio absoluto das rochas que dan solos de carácter ácido.
Tectónica: Corresponde ós importantes procesos de pregamento e fracturas sufridos nas distintas eras oroxénicas. Formáronse na era Primaria, foron arrasados na Secundaria e rexuvenecidos na Terciaria pola Oroxenia Alpina. Durante o Cuaternario estivo cuberta de glaciares dos que se atopan numerosas pegadas en toda a área (circosglaciares, morrenas, vales en artesa…). Entre os máis destacados podemos salientar o Circo Glaciar de Guasenza ou Figueiro.
Morfoloxía: Consta principalmente de tres unidades morfolóxicas: as superficies aplanadas, os vales fluviais y as serras. Estas formas de relevo posúen altitudes de entre os 1.000 e os 1.700 metros aproximadamente
Referente aos vales destacamos os dos ríos Ribeira Grande e RibeiraPequena, afluentes do Camba pertencentes á conca do Sil. En canto as súas montañas, podemos salientar a serra máis importante: O Xurés. Ademais está encadrado polo circo de cumes que debuxan as serras de Queixa e Fial das Corzas e os montes de O Invernadoiro
Os picos máis altos son o Pico do Seixo (1707m de altitude) que forma parte do Val da Ribeira Grande, e o Castrelo Grande (1613m)....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Parque natural
  • parques naturales
  • Parques naturales
  • parques naturales
  • Parque Natural
  • parques naturales
  • Parques Naturales
  • parque naturales

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS