Trabajo Camiños da Vida

Páginas: 5 (1066 palabras) Publicado: 26 de diciembre de 2013

1. Resumo do argumento.
Esta obra escrita por Ramón Otero Pedrayo dános unha visión dos cambios sociais sufridos en Galicia durante o século XIX. Está dividida en tres partes: “Os señores da Terra”, “A Maorazga” e “O estudante”, con sete capítulos cada unha delas.
A primeira parte, “Os señores da Terra”, comeza co momento da desamortización de Mendizábal do ano 1836. A acción transcorrenunha aldea chamada Trasouto, na cal conviven dúas familias fidalgas, os Doncos e os Puga. Os primeiros son carlistas e representan á típica fidalguía rural, donos das terras que soamente se preocupaban de si mesmos e que naqueles tempos comezaban a estar en decadencia. Fronte a estes estaban os Puga, de ideas liberais e capaces de subsistir ás transformacións da sociedade, coa ascensión daburguesía. Estas dúas familias son un reflexo da sociedade de aquela época, onde se enfrontaban os que aínda vivían no pasado e os que miraban cara o futuro.
A segunda parte é a titulada “A Maorazga” e coincide co Pronunciamento de 1846. A acción trasládase de Trasouto á cidade de Ourense polo que existe un cambio do medio rural ó urbano. Cada vez vaise dando máis protagonismo á familia dos burgueses,os Puga, con Ramona Puga, a filla maior, como centro de todas as accións, destacando o seu carácter loitador e nacionalista en defensa do progreso da súa familia. Polo contrario atopamos a decadencia da outra familia fidalga, os Doncos, cos problemas que afrontan os fillos, o Herdeiro exiliase por problemas coa xustiza e o Farruco acaba na cárcere polo asasinato da súa amada Bertha.
Na últimaparte, “O estudante”, as accións céntranse maioritariamente en Santiago, xa que é onde estuda medicina Paio, neto de Don Xosé María Puga e fillo da relación entre Rosalía Puga e Antonio Soutelo. A acción trasládase finalmente a Trasouto, que é onde o mozo pasaba os veráns e onde acabará traballando de médico. Está influenciado polas ideas liberais do seu tío Adrián Soutelo, idealista intelectualgalego, co que tivo unha gran relación despois da morte prematura do seu pai. Paio será un símbolo do galeguismo e representa a salvación de Galicia.


2. Relación entre personaxes.
Familia Doncos
Don Caetano Misia Xacinta

Herdeiro Farruco Laureano Xenoneva Sabela Campesiño

Familia PugaFamilia Soutelo
Don Xosé María Misia

Ramona Rosalía Antonio Adrián
Paio

As familias Doncos e Puga están enfrontadas ideoloxicamente. Don Caetano é un fidalgo inculto, forrón, tradicional, de mentalidade carlista e dono do Pazo da Seara, quecontrasta un pouco coa súa muller, Misia Xacinta, educada en Santiago. Teñen cinco fillos os cales non educan por medo a que cambien de ideais. Non logran prosperar na vida, e o exemplo máis destacado é o encarceramento de Farruco. A única que ten herdanza é a filla pequena, Sabela, que casa cun campesiño, mesturando así a clase alta coa baixa.
Os Puga son donos do Pazo da Pedreira. DonXosé María é culto, xeneroso e de mentalidade liberal. As súas fillas son totalmente opostas entre elas. Mentres que Ramona é unha loitadora polas súas terras e ideais, fea e forte coma un home; Rosalía é doce e fermosa pero débil. Esta casa cun fillo da familia Soutelo, tamén ligada ó galeguismo, Antonio. A unión entre Rosalía e Antonio dará a Paio, que estudará medicina en Santiago e será undefensor da súa terra grazas a influencia do seu tío Adrián e da súa tía Ramona.



3. Paio.
Este personaxe nace no seo de dúas familias fidalgas, vinculadas co nacionalismo. Mentres que polo lado materno atopámonos coa familia Puga, de ideas plenamente liberais pero ligadas a terra e o amor que senten por ela, polo lado paterno temos un nacionalismo máis intelectual...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • os camiños da vida
  • Los Caminos De La Vida
  • Camino de la vida
  • Los caminos de la vida
  • los caminos de la vida
  • camino de la vida
  • los caminos de la vida
  • Los caminos de la vida

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS