A Biodiversidade

Páginas: 6 (1456 palabras) Publicado: 20 de octubre de 2012
OS COMPOÑENTES DA BIODIVERSIDADE


A biodiversidade podemos dividila en tres compoñentes: especies, xenes e ecosistemas.


Diversidade específica: é a variedade de especies existentes nunha rexión. Esa diversidade pode medirse de moitas maneiras e os científicos puxéronse de acordo sobre cal é o mellor método. O número de especies dunha rexión –a súa “riqueza” en especies- é unha medidaque a miúdo utilízase, pero unha medida máis precisa, a “diversidade taxonómica” ten en conta a estreita relación existente entre unhas especies e outras.






Estímase que a biodiversidade actual da terra está constituída por uns 14 millóns de especies diferentes.











Diversidade xenética: é o número total de características xenéticas dentro de cada especie. Estadiversidade redúcese cando hai “pescozos de botellas”, é dicir, cando unha poboación diminúe substancialmente e quedan poucos individuos.
A función da diversidade xenética é a de manter un reservorio de condicións de resposta ao medio, que permita a adaptación e a supervivencia.
A maior diversidade xenética, as especies teñen maiores probabilidades de sobrevivir a cambios no ambiente. As especies conpouca diversidade xenética teñen maior resgos fronte a eses cambios. En xeral, cando o tamaño das poboacións redúcese, aumenta a reprodución entre organismos emparentados (consanguinidade) e hai unha redución da diversidade xenética.









5
A diversidade pódese medir utilizando a diversidade de xenes, a heterocigonidade ou o número de alelos por locus.






No aspectoexterno dos individuos dunha mesma especie pode reflectirse a variedade xenética.











Diversidade ecolóxica: é a variedade de sistemas naturais formados por un conxunto de organismos vivos e o medio físico onde se relacionan, é dicir, a variedade de ecosistemas.

Diferentes zonas climáticas acollen ecosistemas totalmente diferentes.












6
DIVERSIDADE TAXONÓMICAOU DE ESPECIES



• Especie


Existen varios conceptos de especie:

Concepto nominalista. Este concepto de especie non é utilizado porque non é defendible. O definiu OCCAM e segundo el non existen as especies pois o concepto de especie é inventado, o único que existen son os individuos.

Concepto tipolóxico ou morfolóxico. Este concepto si que é válido. A especie baséase nascaracterísticas do individuo. Establécense diferencias entre animais por iso está baseado na morfoloxía. Nun intento de obxetivar o concepto de especie usáronse varios métodos entre os que se encontra a taxonomía numérica realizada por ordenador.

Concepto biolóxico. Foi formulado polo biólogo Ernst Mayr en 1940. Este concepto di que unha especie é unha comunidade reprodutora de poboacións (illadadoutras sendo o punto de vista da reprodución) que ocupa un lugar específico na natureza. Pero este concepto ten unha serie de problemas:

Non se pode aplicar a animais con reprodución asexual. Nestes animais a delimitación de especie faise por criterios morfolóxicos, propiedades químicas e mais fisiolóxicas e constitución xénica.

Tampouco a poboacións que non teñen machos nin a grupos fósiles.Concepto evolutivo. Foi formulado por Simpson e Gould. Unha especie é un único liñaxe de poboacións ancestro-descendente que mantén a súa identidade fronte a outros liñaxes e posúe as súas tendencias evolutivas e o seu destino histórico.


Poden darse varios casos de especies:
Especies simpátridas: especies que viven xuntas.
Especies alopáceas: viven independentemente unha da outra.Especies xemelgas: só distínguense no concepto evolutivo.
Especie politípica: cando se pensa que dúas especies son a mesma, esa especie que se cree é a politípica.
Especie clave: cando a desaparición dunha soa especie produce unha transformación acusada na estrutura da comunidade. Non tódalas comunidades teñen porqué ter unha especie clave. Por exemplo, algúns tipos de abellas en determinados...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Biodiversidade Xenetica
  • PERDA Da Biodiversidade Finaal
  • Importancia Dos Corredores Ecologicos Para A Conservação Da Biodiversidade

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS