As prisions

Páginas: 13 (3100 palabras) Publicado: 8 de noviembre de 2010
As prisións son frecuente motivo de escándalo para á opinión pública polos seus incidentes e masificación. Nos ambientes académicos especializados en temas criminolóxicos e sociais a problemática dos cárceres non recibe, con frecuencia, maior atención ca necesaria para servir de campo de batalla ó debate ideolóxico sobre a propia sociedade. E noutras ocasións, as menos, para o ensaio de limitadosprogramas de intervención que, introducindo escasísimos cambios no futuro penitenciario, pretenden, sen embargo, espectaculares transformacións nas vidas das persoas ás que van destinados. Tras o inevitable fracaso ó que se chega con elo, penitenciarios aplicados, estudosos e opinión pública en xeral son invadidos polo pesimismo sobre a viabilidade da mellora penitenciaria e da utilidade dosprogramas rehabilitadores.
Por isto, é posible extraer coñecementos e estratexias avaliativas e interventivas das ciencias sociais, que xa están sendo empregadas noutros ámbitos e organizacións ( na educación, nas empresas…), e aplicalos ás organizacións penitenciarias. E elo para o logro dun dobre conxunto de finalidades importantes: en primeiro lugar, para á humanización das prisións e mellorar acalidade de vida das persoas internadas en elas, a súa promoción cultural, laboral e social, bases da súa futura reinsercción; en segundo lugar, para unha máis eficaz utilización dos recursos existentes nas prisións e a organización da convivencia nas mesmas, sustentada nunha mellora do desempeño profesional do persoal penitenciario, do comportamento das persoas internadas, e da cordialidade dasrelacións entre uns e outros.
En consecuencia, este traballo ten como obxectivo principal presentar unha serie de técnicas de avaliación e intervención, que poden ser aplicados para o abordaxe máis eficaz e resolutivo de certos problemas e metas penitenciarias, como os anteriormente referidos.
O traballo está estruturado en tres partes. Na primeira preséntase os campos de actuación da pedagoxíasocial, así como as funcións do pedagogo. Na segunda, máis ampla, analizaremos o problema penitenciario existente e algúns conceptos avaliativos que nos permiten coñecer con maior precisión as metas e necesidades dos internos. Tamén nos iniciará na elaboración dun programa interventivo de tipo socio-educativo. E a última parte tratará sobre a avaliación nas prisións e introducirá algúns dosprogramas para a modificación da conduta.

1- A Pedagoxía social e a Competencia Social

Para comezar este traballo é necesario que expliquemos o termo pedagoxía social. Na nosa comunidade a Pedagoxía Social cumpre dúas funcións básicas: a educación social dos individuos e grupos (isto é, o proceso de socialización dos individuos) e a atención educativa extraescolar, especialmente apersoas en situación de necesidade e marxinación.
Existen moitas discrepancias sobre o significado e o que abarca o termo e sobre que aspectos debería facerse cargo ou non da educación social no ámbito da escola. É evidente que os académicos, en pleno proceso de conceptualización da Pedagoxía Social, non están de acordo á hora de darlle un determinado estatuto epistemológico.
Colom, por exemplo,na súa obra de 1987 "Modelos de Intervención Socioeducativa" fundamenta claramente o carácter tecnolóxico da Pedagoxía Social. Distingue tres niveles de intervención no deseño tecnolóxico: o da planificación, que require da actuación nun equipo interdisciplinar, a execución, que corresponde ao pedagogo social e o de avaliación, que corresponde tanto ao técnico como ao equipo. Desde estaperspectiva, a Pedagoxía Social será materia fundamentalmente da Educación social sempre que saiba estar á altura da eficacia que, cada vez máis, búscase nas accións propias da Educación Social desenvolvidas na acción social.
Hoxe en día e a polo que á Pedagoxía Social non escolar refírese, ou se expón como tecnoloxía da Intervención Socioeducativa, ou múltiples posibilidades profesionais, correspondentes...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • As de as
  • as
  • Te,as
  • Tu as
  • los as
  • As
  • As Son Las
  • te as te

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS