Comentario De Lectura De El Príncipe De Maquiavelo
1. Edición: MAQUIAVELO, N; El Príncipe (comentado por Napoleón Bonaparte). Introdución por PROCACCI, G; tradución e notas por LEONETTI JUNGL, E. Editorial Espasa Calpe S. A., 2008, Madrid.
2. Palabras chave: política, ética, virtude, estado, republicanismo, realismo.
3. Cita:
Por tanto, un príncipe no debe preocuparse de tener fama de cruelpor mantener a sus súbditos unidos y fieles, porque, con muy pocos ejemplos, será más piadoso que aquellos que por ser demasiado humanos dejan que sigan los desórdenes, de los que nacen asesinatos y robos; porque éstos suelen perjudicar a la entera sociedad, mientras que las ejecuciones que decreta el príncipe sólo ofenden a individuos concretos (Idem; “Capítulo XVII: CRUELDAD Y HUMANIDAD: ¿ESMEJOR SER AMADO QUE SER TEMIDO, O VICEVERSA?”, páx: 121).
Escollemos esta cita por crermos que nela se mostran, con certa claridade, varios dos eixos fundamentais da relación da política coa ética. O autor desvincúlaas de primeiras para elaborar unha teoría política autónoma, en clara consonancia coa praxe política proposta para o gobernante, independente dos valores morais tradicionais. Así, opríncipe “no debe preocuparse de tener fama de cruel”, nin tampouco de selo realmente.
Este consello é suxeito de varios condicionamentos: por unha banda, o propio ben do príncipe e a conservación do seu principado, previndo ofensas ao pobo con potencialidade para rebelárselle; por outra, o ben do pobo ou da comunidade, que se verá menos prexudicada pola pacificación que conseguirían estas crueldadesselectivas. Parécenos relevante resaltar aquí, logo dos continuos debates que tivemos no curso sobre a relación de ética e política que, a pesares de toparmos cunha obvia desvinculación coa moralidade tradicional (ou con calquera sorte de moral en senso estrito), topamos tamén co obxectivo continuo de favorecer á comunidade.
Nós interpretamos, logo da lectura do texto, que: se funciona osempiterno tópico maquiavélico de “a fin xustifica os medios” é sempre con respecto a que ese fin remite á comunidade. Esta comunidade, na altura histórica que coñeceu a Maquiavelo, é sempre unha comunidade ligada a un gobernante, polo que o autor sempre se dirixe a este, mais o fin perseguido por este, o que Maquiavelo lle encomenda, para o que lle ofrece os consellos políticos que se nos amosan aquí, éo ben do pobo, dos seus gobernados.
O pobo aparece durante todo o tratado e é preocupación constante do autor, que tenta facelo preocupación constante do príncipe. Así, se ben existe no Príncipe unha clara escisión política/ética, tamén se intúe unha sorte de fin cuxa xustificación ficaría máis alá do poder do gobernante, podendo chegar a parecernos moralmente válida: o ben transcendente dacomunidade, polo que debe velar o príncipe, por riba de grupos ou individuos, e sen o que non lle correspondería gloria posíbel.
4. Resumo crítico da obra: para comprendermos o contido do Príncipe parece preciso falar, moi brevemente, tanto dun contexto histórico de características pouco coincidentes coas da actualidade, como dunha personaxe histórica tan gravemente controvertida coma o propioMaquiavelo.
Sen entrar xa en datos e datas do feito histórico concreto, diremos que esta obra veu á luz baixo dous motivacións principais: en primeiro lugar, o contexto dunha época (principios do século XVI italiano) de continuo cambio político, que sumía a Italia e á Florencia natal do autor nunha inestabilidade e fraxilidade perigosas para un mapa político xa en tensión polas conquistas turcas, asarbitraxes francas e os mandados españois.
Por outra, escribiuse porque puido e quixo escribirse: puido, froito da educación dunha familia culta, dedicada dende tempo ao servizo público, e da bagaxe política que lle conferira o seu posto de segundo chanceler de Florencia; e quixo, froito da necesidade de congraciarse cos Medici para fuxir do ostracismo no que se topaba sumido logo da súa...
Regístrate para leer el documento completo.