Competencia Lingüística

Páginas: 9 (2136 palabras) Publicado: 2 de diciembre de 2012
Lingua galega

Bloque 1. Escoitar e falar.
• Participación e cooperación nas situacións comunicativas habituais
(expresión espontánea, asemblea, informacións, conversas reguladoras da
convivencia, debates, discusións ou instrucións) con valoración e respecto
das normas que rexen a interacción oral (petición e quendas de palabra,
mantemento de tema, respecto ás opinións das demais persoas,papeis diversos
no intercambio comunicativo, ton de voz, posturas e xestos adecuados).
• Comprensión e valoración de textos orais procedentes da radio, da
televisión ou da internet, con especial incidencia na noticia, para obter
información xeral sobre feitos e acontecementos que resulten significativos.
• Comprensión e produción de textos orais para aprender e para
informarse, tanto osproducidos con finalidade didáctica como os de uso
cotián, de carácter informal (conversas entre iguais e no equipo de traballo)
e dun maior grao de formalización (exposicións na clase).
• Produción de textos orais para expresar ideas, sentimentos, emocións,
desexos, opinións e vivencias, e para elaborar plans.
• Uso de estratexias elementais para comprender as mensaxes orais:
ton de voz,entoación, xestualidade e formulación de preguntas coherentes.
• Utilización de estratexias para potenciar a expresividade das mensaxes
orais.
• Actitude de escoita adecuada ante situacións comunicativas (respecto
das opcións de quen fala, non interrupcións inadecuadas, contacto visual).
• Escoita, memorización e reprodución de textos procedentes da literatura
popular oral galega (adiviñas,lendas, contos, poemas, cancións, ditos).
• Valoración e aprecio do texto literario oral galego como fonte de
coñecemento da propia cultura e como recurso de desfrute persoal.
• Sensibilidade estética ante elementos imaxinativos, emotivos e
creativos da literatura oral galega.
• Dramatización de situacións e de textos literarios diversos.
• Utilización de documentos audiovisuais para obter,seleccionar e
relacionar informacións relevantes identificando, clasificando e comparando.
• Actitude de cooperación e de respecto en situacións de aprendizaxe
compartida.
• Interese por expresarse oralmente con claridade, exposición ordenada,
pronuncia e entoación adecuadas.
• Uso dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas.
Bloque 2. Ler e escribir.
• Comprensión deinformación relevante en textos de situacións
cotiás de relación social, como correspondencia escolar, normas da clase,
normas do comedor, normas do transporte, normas de uso da biblioteca ou
regras de xogos.
• Comprensión de información xeral en textos procedentes de
medios de comunicación social (incluídas webs infantís) con especial incidencia
na noticia e nas cartas á dirección do xornal,localizando informacións
destacadas en portadas, titulares, subtítulos, entradas.
• Comprensión de información relevante en textos para aprender e
para informarse, tanto os producidos con finalidade didáctica coma os de
uso cotián (folletos, descricións, instrucións e explicacións).
• Integración de coñecementos e de informacións procedentes de
diferentes soportes para aprender e contrastarinformación identificando,
clasificando, comparando e interpretando.
• Composición de textos propios de situacións cotiás de relación
social (correspondencia escolar, normas de convivencia, avisos, solicitudes,
instrucións...) de acordo coas características propias destes xéneros.
• Composición de textos de información e de opinión característicos
dos medios de comunicación social sobreacontecementos significativos,
con especial incidencia na noticia e nas cartas á dirección do xornal, en
situacións reais ou simuladas, así como nos SMS.
• Produción de textos relacionados co ámbito académico para obter,
organizar e comunicar información (cuestionarios, resumos, informes sinxelos,
descricións, explicacións...)
• Uso das estratexias de planificación, de textualización e de revisión...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • competencias linguisticas
  • Competencias linguisticas
  • Competencias Linguisticas
  • Competencia Lingüística
  • Competencia linguistica
  • Competencias Lingüisticas
  • Competencia linguistica
  • Competencia linguistica

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS