Currículum gallego de educación física en educación primaria

Páginas: 34 (8271 palabras) Publicado: 2 de diciembre de 2010
ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA.
Introdución.
Características da área.

Esta área na educación primaria debe fundamentarse especialmente na adquisición das capacidades que contribúan ao desenvolvemento persoal e a unha mellor calidade de vida. Debe dirixirse cara ao coñecemento progresivo da conduta motriz e cara á asunción de actitudes, de valores e de normas referentes ao corpo e ao movemento.Pero a educación física non é unha simple aprendizaxe de movementos, senón un camiño cara á educación total que utiliza o dito movemento como axente pedagóxico con diversas funcións: de coñecemento (de si mesmo, de si mesma e do contorno), de organización perceptiva desenvolvendo a percepción do propio corpo, do espazo e do tempo), anatómico-funcional (incrementando as habilidades e mellorando acondición física), estético/comunicativa (por medio de manifestacións artísticas e de comunicación), de relación social coas demais persoas (interaccionando co
resto de participantes), agonística (esforzándose e superando dificultades), hixiénica (mellorando a saúde e previndo enfermidades), hedonista (como fonte de gozo), de compensación (fronte á vida sedentaria) e catártica (para liberartensións).
Especialmente importante é a relación que a educación física ten coa saúde. A actividade física ben
practicada mellora o benestar e a calidade de vida. No que atinxe a esta área dentro da educación primaria, dáselle importancia á saúde ao dedicárselle un bloque de contidos. Preténdese que o alumnado adopte medidas de hixiene corporal na actividade física e na vida cotiá, que adquira pautas dealimentación correctas, que rexeite as substancias nocivas, que empregue as posturas corporais precisas nas súas accións, que mellore o coñecemento do seu corpo e do contorno que o rodea e mais que incremente o nivel de condición física e, por conseguinte, a súa saúde.
Esta área curricular está especialmente indicada para integrar todo tipo de alumnado e resulta idónea de cara á atención ádiversidade. Por medio da educación física desenvólvense interaccións co resto de persoas, o que favorece as relacións construtivas, o respecto, a aceptación, a cooperación, a autonomía, a participación, o sentido crítico e o logro de obxectivos comúns, propiciados polas múltiples e variadas agrupacións que se poden formar.
Igualmente, en educación física débese incidir na coeducación e na igualdade deoportunidades entre ambos os sexos. As actividades propostas atenderán do mesmo xeito os nenos e as nenas, integrando todas as persoas participantes indistintamente para poder acadar os obxectivos.
O profesorado deberá equilibrar as actividades e materiais de xeito que non predomine ningún estereotipo e seleccionar aqueles que contribúan á participación equilibrada e motivada de nenos e denenas. Outro aspecto que hai que ter en conta para favorecer a igualdade entre os sexos son as
expectativas que o profesorado ten con respecto ás nenas e aos nenos, así como as expresións que se utilicen para favorecer as súas execucións e os resultados.
Finalmente, a educación física responde á necesidade e á capacidade de moverse que teñen os nenos e as nenas.

Desde esta perspectiva, a área deeducación física divídese en cinco bloques de contidos:

No 1º bloque, O corpo: imaxe e percepción, trátanse as capacidades perceptivas.
Veñen representadas polo esquema corporal, co coñecemento das partes do corpo e das súas posibilidades de movemento; pola percepción do espazo e pola do tempo. Tamén se inclúen neste bloque o equilibrio, debido á relación que ten coa percepción, o ton muscular(preciso para adoptar posturas cotiás) e a capacidade para relaxarse, así como a respiración.
A percepción do contorno comprende a do espazo e a do tempo, aspectos que evolucionan paralelamente ao desenvolvemento madurativo das nenas e dos nenos entre os 6 e os 12 anos (período de operacións concretas), idades de referencia da educación primaria.
O equilibrio, pola súa banda, está en...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Educacion fisica en la escuela primaria
  • Áreas de la educación física en la primaria
  • Educacion Fisica En Primaria
  • Clase de Educacion Fisica (primaria)
  • educacion fisica
  • Planificación Educación Física Primaria
  • Sesión de educación física en primaria
  • Educacion fisica en la escuela primaria

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS