descartes

Páginas: 10 (2251 palabras) Publicado: 28 de junio de 2014
DESCARTES –texto 1
Regras para a dirección do espírito, Regra IV

1. Emporiso é ben mellor nin pensar en investigar a verdade sobre cousa ningunha que facelo sen método: pois é moi certo que os estudos desordenados e as meditacións escuras desta caste confunden a luz natural e cegan os enxeños; e aqueles que así se afagan a camiñar nas tebras a tal punto enfeblece a agudeza dos seus ollos que,ao pouco, non poden aturar a luz do día; o cal ademais é confirmado pola experiencia, pois moi frecuentemente [cantas veces] vemos que aqueles que nunca se dedicaron ás letras, pronuncian xuízos sobre as cousas comúns e correntes con moita máis solidez e claridade que aqueles que botan a vida nas escolas. Por método entendo as regras certas e fáciles tales que, se alguén as observa rigorosamente,nunca tomará nada falso por verdadeiro e, sen gastar as forzas do seu espírito inutilmente, senón sempre aumentando o seu saber progresivamente, chegará ao verdadeiro coñecemento de todo aquilo do que sexa capaz. RENÉ DESCARTES; Regras para a dirección do espírito, Regra IV: É necesario un método para ir en busca da verdade. Trad. de Mª Teresa Miñambres, IES Eduardo Pondal, Santiago deCompostela.

DESCARTES –texto 2
Discurso do método

Foi isto causa de que eu pensara que se precisaba buscar outro método que, comprendendo as vantaxes destes tres, estivese exento dos seus defectos. E, como a abundancia de leis fornece decote escusas para os vicios, de xeito que un Estado está tanto mellor regulamentado canto, non tendo senón moi poucas leis, estas son moi estreitamente observadas;así, en lugar dese gran número de preceptos dos que está composta a lóxica, crin que, sempre que toma¬se unha firme e constante resolución de non deixar de observalos nin unha soa vez, abondaría cos catro seguintes. Consistía o primeiro en non aceptar xamais ningunha cousa como verdadeira que non coñecese evidentemente ser tal; é dicir, evitar coidadosamente a precipitación e a prevención; e nonaceptar nada nos meus xuízos senón aquilo que se presentase tan claramente e tan distintamen¬te ó meu espírito que non tivese ocasión ningunha de poñelo en dúbida. O segundo, dividir cada unha das dificultades que exa¬minase en tantas partes como fose posible e requirible para mellor resolvelas. O terceiro, conducir por orde os meus pensamentos, comenzando polos obxectos máis simples e máis doados decoñecer, para subir pouco a pouco, como por graos, ata o coñecemento dos máis compostos; e supoñendo mesmo unha orde entre aqueles que non se preceden naturalmente os uns os outros. E o derradeiro, facer en todo enumeracións tan completas, e revisións tan xerais, que estivese seguro de non omitir nada. Esas longas cadeas de razóns, todas simples e fáciles, das que os xeómetras teñen costume de seserviren para chegar ás súas máis difíciles demostracións, déronme ocasión de imaxinar que tódalas cousas que poden caer baixo o coñecemento dos homes sucédense as unhas ás outras da mesma maneira, e que, soamente con absterse de aceptar como verdadeira ningunha que non o sexa, e gardar sempre a orde precisa para deduci-las unhas das outras, non pode haber entre elas ningunha tan afastada á quefinalmente non se chegue, nin tan agachada que non se descubra. E non me foi difícil buscar por cales era necesario comezar, pois sabía xa que era polas máis simples e as máis doadas de coñecer; e, considerando que entre cantos teñen con ante¬rioridade procurado a verdade nas ciencias, só os matemá¬ticos puideron atopar algunhas demostracións, é dicir, algunhas razóns certas e evidentes, nondubidaba que debería comezar polas mesmas que eles tiñan examinado (...). R. DESCARTES, Discurso do método, Ed. Xerais de Galicia, Vigo, 2001, pp. 44-45. Trad. Miguel Vázquez Freire.

DESCARTES –texto 3
Meditacións metafísicas, Meditación Segunda

Xa que logo, supoño que todas as cousas que vexo son falsas: convénzome de que nada foi de todo como a miña memoria chea de mentiras me representa;...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Descartes
  • Descartes
  • Descartes
  • Descartes
  • Descartes
  • Descartes
  • Descartes
  • Descartes

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS